Baikonur

Coordenadas: 45°37′0″N 63°19′0″L / 45.61667, -63.31667

Baikonur[Cómpre referencia] (en casaco Байқонгир/Baýqoñır, e en ruso Байконур), anteriormente coñecida como Leninsk, é unha cidade de Casaquistán administrada por Rusia. Localízase ás beiras do río Sir Daria.

Baikonur
Байқоңыр
Байконур
Флаг города Байконур.svg
Baikonur seal.png
Baikonuriss.jpg
Vista da cidade
Localización
Baikonur en Casaquistán
Baikonur
Baikonur
PaísFlag of Kazakhstan.svg Casaquistán
Xeografía
Altitude100 msnm
Superficie57 km²
Demografía
Poboación36 175 hab. (2009)
Densidade630 hab/km²
Outros datos
Código postal710501
Páxina oficial de Baikonur

Construíuse para servir ao Cosmódromo de Baikonur e foi oficialmente bautizada como Baikonur polo presidente ruso Boris Eltsin o 20 de decembro de 1995. Durante o período soviético ás veces era referida como Звездоград (Zvezdograd), en ruso "Cidade das Estrelas".[1]

A Baikonur orixinal (en kazhako "terra fértil con moitas herbas") é unha localidade mineira situada 320 km ao nordés do cosmódromo, preto de Dzhezkazgan na exión de Karagandy. Dende o lanzamento do Vostok 1 en abril de 1961, a área de lanzamentos recibiu este nome para causar confusión e manter a súa situación en segredo. Os habitantes da Baikonur orixinal aproveitáronse da confusión para encargar e recibir materiais antes de que as autoridades descubrisen o erro.[2]

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Barensky, C.; Lardier, Stefan (2013). The Soyuz launch vehicle the two lives of an engineering triumph. Nova York: Springer. p. 189. ISBN 146145459X. 
  2. Siddiqi, Asif A. Challenge To Apollo: The Soviet Union and the Space Race, 1945-1974. NASA. p. 284. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar