Historia de Casaquistán

Os primeiros habitantes do que hoxe é Casaquistán foron o pobo Saka, unha tribo nómade chegada das montañas de Ucraína no século IV a. C.. Os turcos, procedentes de Mongolia dominaron a zona desde o século V d. C., especialmente na zona sur, ata que as hostes de Genghis Khan tomaron o seu lugar no século XIII. Á súa morte en 1227, Genghis Khan dividiu o imperio entre os seus dous fillos, quedando Casaquistán dividida.

Canón de Sharyn, lugar de asentamento dos primeiros poboadores.

Os uzbekos, un grupo de mongois islamizados, derrotaron aos herdeiros de Genghis Khan no século XIV e ocuparon todo o territorio de Casaquistán ata que se dividiron. Os que foron ao sur fundaron o que hoxe é Uzbekistán, mentres que os do norte seguiron sendo nómades e deron orixe aos casacos. En 1742, na súa loita contra o pobo de Oyrat, os casacos buscaron a protección do Imperio ruso, que a partir dese momento xogaría un papel primordial na historia de Casaquistán.

Presenza rusaEditar

Véxase tamén: Rusia Imperial.
 
Bandeira da RSS de Casaquistán.

Os rusos foron paulatinamente expandindo o seu imperio e estreitando o seu control de Casaquistán, ata que en 1854 fundaron un forte no que hoxe é Almatý. Os tsares oprimiron con dureza aos casacos nos seus desexos de independencia. Os líderes independentistas apoiaron aos bolxeviques na Revolución de Outubro de 1917, o que non redundou no cumprimento das súas aspiracións: o país pasou a formar parte da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas (URSS), e ao final da década de 1920 procedeuse a "desnomadizar" aos casacos e a convertelos en campesiños nas novas granxas colectivizadas.

Casaquistán comezou a ser poboada con rusos doutras provincias e a servir de campo de concentración e de exilio para os inconformes, á parte de converterse no territorio para as probas e almacenamento de armamento nuclear.

A independenciaEditar

En 1989 Casaquistán organizou por primeira vez unha gran protesta contra a URSS debido ás probas nucleares, que tiveron que ser suspendidas. Nursultán Nazarbáyev, un casaco próximo aos rusos tomou o poder en 1990 e gobernouna desde entón como Presidente da República. Non estivo de acordo coa disolución da URSS en 1991, e Casaquistán foi a última república en declarar a súa independencia. A democracia foi moi limitada, cos grupos nacionalistas sometidos e o parlamento disolto polo mesmo Nazarbáyev en 1995, xa que obstruía as súas políticas económicas e étnicas.

O país está dirixido basicamente por antigos comunistas, pero tras a independencia, as políticas liberais de Nazarbáyev gañaron popularidade e axudas dos gobernos occidentais.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar