Último período glacial

O último período glacial, popularmente coñecido como Idade do Xeo, foi o máis recente período glacial que tivo lugar durante o final do Plistoceno, e que abranguiu entre 110 000 e 12 000 anos atrás.[1] É a máis coñecida e estudada das glaciacións antropolóxicas.

Representación artística do último período glacial no máximo da capa de xeo.

Durante este período, houbo moitos cambios de avance e retroceso na extensión da capa de xeo. A extensión máxima desta glaciación produciuse hai 22.000 anos. Mentres o patrón xeral de arrefriamento e avance do xeo foi bastante homoxéneo, pequenas diferenzas do avance e retroceso dos glaciares fan difícil facer unha comparación en detalle entre os diferentes continentes.

Notas editar

  1. Clayton, Lee; Attig, John W.; Mickelson, David M.; Johnson, Mark D.; Syverson, Kent M. Dept. Geology, University of Wisconsin, ed. "Glaciation of Wisconsin" (PDF). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar