III milenio a. C.
O terceiro milenio antes de Cristo comezou o 1 de xaneiro do 3000 a. C. e terminou o 31 de decembro do 2001 a. C.
Fitos
editar- Imhotep, visir, médico, astrólogo e arquitecto do faraón Zoser, constrúe (c. 2650 a. C.) a pirámide de chanzos de Saqqara, a primeira «gran pirámide» do mundo.
- Finalización da primeira fase do Stonehenge monumento megalítico de Inglaterra.
- Comeza a civilización minoica en Creta; desenvolverase entre os anos 3000 e 1200 a. C. Os seus primeiros palacios foron construídos ao final do Minoico Inicial neste III milenio a. C.
- A estatua O escriba sentado foi esculpida entre os anos 2480 e 2350 a. C., nunha época en que Exipto estaban no cumio da súa gloria e xa se abandonara a construción de grandes pirámides.
- Os primeiros cultivos da uva (vitis vinifera) ocorreron na idade de bronce en lugares próximos ao Oriente Próximo, Sumeria e Antigo Exipto.[1]
Notas
editar- ↑ Verango, Dan (29-05-2006). usatoday, ed. "White wine turns up in King Tutankhamen's tomb". USA Today (en inglés). Consultado o 16 de xuño do 2015.