Xefe de Estado

(Redirección desde «Xefe do Estado»)

O xefe de Estado[1] é a persoa que representa a un país no resto do mundo. Así mesmo, é el o que participa, por si mesmo ou mediante delegados, en reunións internacionais, nomea e recibe delegacións diplomáticas etc.

Tipos de sistemas

editar

Funcións

editar

As funcións do xefe de Estado varían acordes á forma de goberno que establece a constitución de cada país. É dicir, ten máis ou menos competencias segundo ordenamento de cada Estado.

  • Nos casos que o cargo sexa electivo, polo xeral, a súa lexitimidade vai parella ao do xefe de goberno e a constitución adoita entregarlles certas atribucións ou poderes.
  • Nos casos nos que o cargo non é electivo, este adoita ser simbólico (Reino de España ou Reino Unido). As súas funcións son nada máis que representativas e non ten poder virtual.

Doutra parte, dado que é a Constitución a que asigna os poderes do cargo, existen outros países nos que o soberano posúe unha serie de poderes (Marrocos ou certos países asiáticos).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estado.