Mongolia

país de Asia entre Rusia e a China

A República de Mongolia[1] (en mongol: ) é un país de Asia, encravado entre Rusia e mais a China. A súa capital é Ulán Bátor (Ulaanbaatar), a lingua oficial é o khalkha e a moeda o tugrik. Posúe unha extensión de 1.565.000 km² e unha poboación estimada no 2006 de 2.832.224 habitantes. Forma parte da rexión de Mongolia.

Modelo:Xeografía políticaMongolia
Монгол Улс (mn)
ᠮᠣᠩᠭᠣᠯ ᠤᠯᠤᠰ (mn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional de Mongolia Editar o valor en Wikidata

Lema«Crwydrwch a Phrofwch Mongolia» Editar o valor en Wikidata
EpónimoPobo mongol Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°N 105°L / 46, 105
CapitalUlán Bátor Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Arkhangay (pt) Traducir
Bayan-Ölgiy (pt) Traducir
Bayankhongor (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 22+
Poboación
Poboación3.409.939 (2021) Editar o valor en Wikidata (2,18 hab./km²)
Lingua oficialLingua mongol Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.564.116 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.528 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Khüiten (pt) Traducir (4.374 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoHoh Nuur (pt) Traducir (560 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 12 de febreiro de 1992:  (Constituição da Mongólia (pt) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoParlamentarismo Editar o valor en Wikidata
• Presidente Editar o valor en WikidataUkhnaagiin Khürelsükh (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoverno da Mongólia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro da Mongólia (pt) Traducir Editar o valor en WikidataLuvsannamsrain Oyun-Erdene (pt) Traducir (2021–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoGrande Assembleia Estatal (pt) Traducir , (Escano: 76) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal15.286.441.740 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaTugrik Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.mn Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+976 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia101, 102, 103 e 105 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMN Editar o valor en Wikidata

BNE: XX453645

Historia

editar

No século XIII, Xenxis Kan unifica as tribos mongois e crea un imperio, obra seguida polos seus sucesores Ögödei, Güyük, Mönkh e Khubilai. Este imperio comeza a recuar no 1386, coa perda da China. No século XV, baixo o reino de Altan Khan, os mongois convértense ao budismo tibetano. Un século máis tarde, caen baixo a dominación dos manchús, que conquistan tamén a China. O seu país foi transformado en dúas provincias chinesas, a Mongolia interior e a Mongolia exterior. A independencia de Mongolia exterior foi declarada no 1921 á calor dunha revolución liderada por Sukhbaatar; mais tivo goberno independente ata 1924, cando se declarou a República popular mongol co sostén da URSS.

Durante a segunda guerra mundial, os aliados soviéticos defenden Mongolia fronte ao Xapón. O 20 de outubro de 1945, por referendo, os mongois votan pola independencia da China (97,8 % de si; 98,4 % de participación).

A República popular mongol foi recoñecida á vez pola República da China e maila República Popular da China. O país achégase porén aos soviéticos no 1958 e ten numerosas bases soviéticas durante a Guerra fría. Mongolia entra na ONU no 1961.

En 1990, o partido comunista relaxa o seu control sobre o goberno. No 1992, a República Popular é substituída por un estado mixto, entre sistema parlamentario e sistema presidencial.

Xeografía

editar

A meirande parte do país está constituída por estepas. Porén, o deserto do Gobi recobre unha parte do sur do país, mentres que ao norte e ao oeste, atópanse as rexións montañosas de bosques frondosos.

O clima presenta unha acusada oscilación térmica estacional, con moita calor en verán e extremadamente frío no inverno, con temperaturas baixando ata os -30 °C.

Política

editar

O partido dominante en Mongolia é o Partido revolucionario do pobo mongol formado polos antigos comunistas mongois despois da Guerra Fría. O principal partido de oposición é o Partido democrático que controlou unha coalición no poder entre o 1996 e 2000. Esta coalición non logrou nin manter a súa cohesión, nin arranxar os problemas económicos do país, polo que foi moi fortemente sancionada polos electores no 2000, que deron a vitoria ao PRPM cunha esmagadora maioría. Durante as eleccións lexislativas do 2004, o PRPM e o partido Democrático obtiveron un número igual de escanos. A fin de que o desenvolvemento da Mongolia non sexa trabado por crises políticas, decidiron elaborar un programa común e formar un goberno de unión nacional.

Este Estado ten un executivo bicéfalo, á cabeza do Estado hai un presidente elixido e á cabeza do goberno un primeiro ministro. O parlamento chámase o Gran Hural, unha cámara composta de 76 asentos.

Nas eleccións de 22 de maio de 2005, o antigo primeiro ministro Nambaryn Enkhbayar, candidato do PRPM, foi elixido presidente de República co 53,4 % dos sufraxios. O seu principal adversario, Mandsaikhanin Enkhsaikhan, candidato do partido Demócrata, obtivo o 20 %. Enkhbayar comezou o seu mandato á fin do mes de xuño do 2005 e substitúe ao presidente Natsagiyn Bagabandi, tamén do PRPM.

División territorial

editar
 
Mapa de Mongolia por provincias.
Artigo principal: Provincias de Mongolia.

Mongolia está dividida en 21 provincias (aimags), que están á súa vez divididas en 329 distritos (sumas).[2] A capital, Ulaanbaatar non pertence a ningunha provincia. As aimags son:

Demografía

editar
 
Evolución da demografía entre 1961 e 2003 (cifra da FAO, 2005). Poboación en milleiros de habitantes.

Linguas

editar

A lingua oficial de Mongolia é o mongol, que fala arredor do 95% da poboación. En Mongolia escríbese desde 1946 oficialmente co alfabeto cirílico; porén tradicionalmente se escribiu usando o alfabeto mongol como aínda se escribe o mongol na China. En Mongolia intentouse reintroducir en 1994 pero finalmente non se realizou polas dificultades que tiñan amplos sectores da poboación en comprendelo[3], aínda que se introduce devagar no sistema educativo.[4].

Fálanse tamén dialectos doutras linguas mongólicas, no oeste do oirat e no norte do buriato. No oeste fálanse dúas linguas túrquicas, o casaco e o tuva. A principal lingua da comunidade xorda é a lingua de signos mongol.

O ruso é a lingua estranxeira máis coñecida, foi obrigatorio no ensino secundario ata 1990 e de novo desde 2007, considerándose que Mongolia é o país onde o ruso está máis difundido fóra dos países que formaron parte da Unión Soviética[5]. A segunda lingua estranxeira é o inglés, que gradualmente ve aumentar a súa difusión. O coreano gañou popularidade polos milleiros de emigrantes en Corea do Sur.[6]

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Mongolia.

A economía mongol está esencialmente centrada no petróleo, o carbón e o cobre. Atópase tamén un débil tecido de pequenas industrias do molibdeno, do tungsteno, e minas de fosfato. Despois de anos de economía de estado, o país ten encamiñado unha difícil transición cara á economía de mercado. A maior parte das empresas sitúanse nas cidades: fóra delas, a maior parte dos Mongois son nómades.

Mongolia entrou na Organización Mundial do Comercio no 1997. Exporta caxemira, la e alimentos a Rusia, á China, ao Xapón e a outros países.

Cultura

editar

O canto difónico é propio da zona. Require do cantor que xere dúas notas á vez, unha máis alta ca outra.

Mapas e imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mongol.
  2. Givaandondogiin Purevsambuu (2006). Mongolia. Montsame News Agency. p. 46. ISBN 978-99929-0-627-9. 
  3. Ulrich Ammon, Norbert Dittmar, Klaus J. Mattheier, Peter Trudgill (2006). Walter de Gruyter & Co., ed. Sociolinguistics/Soziolinguistik: An Internationdkznal Handbook of the Science of Language and Society. Berlín. ISBN 978-3-11-018418-1. 
  4. "Mongolia: Essential information". guardian.co.uk (Londres). 22 de novembro de 2006. Consultado o 27 de marzo de 2010. 
  5. NEWSru, ed. (15 de marzo de 2007). "В школах Монголии вводят русский язык как обязательный". Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de marzo de 2010. 
  6. Han, Jae-hyuck (2006-05-05). Office of the President, Republic of Korea, ed. "Today in Mongolia: Everyone can speak a few words of Korean". Archived from the original on 30 de setembro de 2007. Consultado o 2007-08-17. 

Véxase tamén

editar