Ulán Bátor
Ulaanbaatar (cirílico: Улаанбаатар; mongol: ᠤᠯᠠᠭᠠᠨᠪᠠᠭᠠᠲᠤᠷ) ou Ulán Bátor é a capital de Mongolia. No 2008 a súa poboación estimábase en 1.044.500 persoas. Está situada ao norte e lixeiramente ao leste do centro do país, sobre o Río Tuul, un afluente do Selenga, nun val ao pé da montaña Bogdo Uul.
Улаанбаатар (mn) ᠤᠯᠠᠭᠠᠨᠪᠠᠭᠠᠲᠤᠷ (mn) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Mongolia | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.396.288 (2015) (296,8 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4.704,4 km² | ||||
Bañado por | Río Tuul | ||||
Altitude | 1.350 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1639 | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 210 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 11 | ||||
ISO 3166-2 | MN-1 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ulaanbaatar.mn |
Historia e características
editarFundado no 1649 coma unha cidade-mosteiro budista chamada Urga prosperou na década de 1860 coma un centro comercial sobre a ruta do té entre Rusia e mais a China. Cando Mongolia se converteu na República Popular de Mongolia, no 1924, o seu nome trocouse a Ulaanbaatar ("heroe vermello" na lingua mongol), na honra do heroe nacional mongol Sühbaatar. A súa estatua adorna a praza central de Ulán Bátor.
Ulán Bátor ten un aeroporto internacional chamado Buyant Ukhaa e está conectado por autoestrada coas principais cidades mongois, así como co tren Transiberiano. A cidade ten a única universidade do país.
Lugares de interese
editar- Museo de Historia Natural
- Mausoleo de Sühbaatar
- Mosteiro de Gandantegchinlen Khiid coa estatua de Migjid Janraisig, de 25 m de alto
- Pazo de inverno de Bogd Khan
Galería de imaxes
editar-
Temperatura e precipitacións en Ulán Bátor.
-
Vista da cidade.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Ulán Bátor |