Oakland é unha cidade en California situada na parte leste (East Bay) da Área da Baía de San Francisco. É unha cidade etnicamente moi diversa con visibles poboacións de asiáticos, afroamericanos, nativos do pacífico, árabes, indíxenas, indios, e mestizos. Ten unha poboación de 404.155 en 2008, 7.264.887 se contamos toda a área metropolitana de San Francisco.

Oakland
Bandeira de Oakland
Bandeira de Oakland
Bandeira
Oakland, California

Oakland
Alcume Oaktown
Información
País Estados Unidos
Estado California
Fundación 16 de xullo de 1769
Superficie
 • Total

202,4 km²
Poboación
 • Total
 • Área metropolitana

404.155 (2008)
7.264.887
Densidade 2.783,4 hab./km²
Altitude 12,8 m
Alcalde Sheng Thao (D)
Localización de Oakland
Páxina oficial

Poboación demográfica Editar

Oakland contaba cunha poboación de 404.155 habitantes en 2008. As estimacións da oficina do censo dos Estados Unidos de 2005 amosan un 33,15% de afroamericanos, 22,80% de brancos, 1,80% de nativos americanos, 18,20% de asiáticos, 1,23% de insulares pacíficos, 15,53% doutras etnias, e 7,40% a partir de dúas ou máis razas. Os hispanos ou latinos de calquera etnia eran o 28,03% da poboación.

Xeografía Editar

  • Altitude: 12 metros.
  • Latitude: 37º 48' N
  • Lonxitude: 122º 15' O

Deportes Editar

Oakland ten un equipo de béisbol da liga americana, os Oakland Athletics, un equipo na liga nacional de fútbol americano, os Raiders e un equipo de baloncesto na NBA, os Golden State Warriors. Todos estes xogan no complexo McAfee Coliseum/Oakland Area.

Transporte público Editar

Oakland ten servizo de autobuses (AC Transit) locais, rápidos, e transbaía, un servizo de metro (BART), así como varias frotas de taxi e un servizo de transbordador a San Francisco.

Autoestradas Editar

Oakland conéctase ao resto da área da Baía por varias autoestradas interestatais. As autoestradas interestatais máis importantes da cidade de Oakland son a 80, 580, 880, 238, e a 980. A Ponte da Baía Oakland-San Francisco é a ponte que conecta as cidades de Oakland e San Francisco (Interestatal 80), por onde pasan millleiros de vehículos cada día, dende as áreas residenciais de East Bay aos centros de traballo de San Francisco.

Aeroporto de Oakland Editar

O aeroporto internacional Oakland Internacional, ou simplemente OAK, é o preferido por moita da área pola abundancia de voos baratos, aínda que o aeroporto ten voos internacionais limitados, de xeito predominante a México e o Canadá.

Cidades irmandadas Editar

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar