Afroamericano

cidadáns dos Estados Unidos de América con antepasados da África subsahariana

O termo afroamericano[1] designa os descendentes dos negros africanos levados á forza polos europeos a América para dedicalos ao traballo escravo. Moitos afroamericanos son tamén descendentes de europeos ou amerindios.

Densidade de afroamericanos nos Estados Unidos no ano 2020.

Estados Unidos

editar

O termo orixinouse nos Estados Unidos para designar o grupo étnico descendente de individuos da África Negra levados de forma forzada para traballar como escravos nas plantacións dos estados do sur ou empregados no servizo doméstico a partir do século XVII e en especial no XVIII. O termo estenderíase pouco a pouco por todo o continente, e hoxe emprégase tamén para designar a calquera individuo americano descendente de africanos, con independencia da súa nacionalidade. Para designar os afroamericanos dos Estados Unidos emprégase tamén o termo "afroestadounidense". A principios do século XX, os movementos do nacionalismo negro estadounidenses chegaron a estender o concepto até que chegou a designar a calquera individuo non descendente de europeos brancos. Así Wallace Fard Muhammad, fundador de Nación do Islam, e figura importante no desenvolvemento do nacionalismo negro era descendente de polinesios.[Cómpre referencia]

Nos anos 60, coa superación dos postulados do nacionalismo racial, os movementos de esquerdas vinculados coa negritude desenvolveron o discurso de que a pertenza ao grupo era unha cuestión voluntaria e dependente da situación social, e non podía estar baseada en conceptos raciais. Así, grupos como os Panteras Negras tiveron militantes de orixe asiática, como Richard Aoki e mesmo branca, como James Cronwell. Esta perspectiva é asumida até hoxe pola corrente principal dos nacionalistas afroamericanos de todo o continente.[Cómpre referencia]

Segundo o censo de 2003 hai 37 100 000 afroamericanos, o que representa o 12,9% da poboación norteamericana. Aproximadamente un 55% vive nos estados do sur, aínda que é Nova York onde se atopa a maior concentración, con 2 000 000 de afroamericanos.[Cómpre referencia]

Resto de América

editar

Ademais dos Estados Unidos, diversos países americanos teñen unha porcentaxe importante de individuos de orixe afroamericana. Pódense destacar os casos de Haití, o Brasil, a República Dominicana, Colombia etc. Hoxe en día constitúen un 10% da poboación do continente, sendo unha das minorías máis importantes e tamén das máis discriminadas.[Cómpre referencia]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-14. 

Véxase tamén

editar