Raza (clasificación dos seres humanos)

Clasificación dos seres humanos

Raza refírese ás clasificacións dos seres humanos en poboacións grandes e relativamente diferentes ou grupos, moitas veces baseados en factores arbitrarios, tales como o aspecto e as características fenotípicas herdadas ou a ascendencia xeográfica. A mesma persoa podería ser considerada legalmente dunha raza nun país e doutra diferente nun país distinto.

Europa sostida por África e América. William Blake, 1796.

A distancia xénica Fst media entre as poboacións humanas é aproximadamente 0,125. Lewontin (1972) argumentou que isto representa unha pequena variación racial.[1] Harpending (2002), polo contrario, argumentou que tal distancia implica parentesco entre individuos da mesma poboación equivalente ao parentesco entre medios irmáns nunha poboación que se aparea aleatoriamente, e que unha persoa dunha certa poboación está xenericamente máis próxima a un individuo non relacionado da mesma poboación que a un medio irmán de raza mixta.[2]

Terminoloxía

editar

O termo tamén pode estar influenciado por trazos tales como a cultura, a etnia e a situación socioeconómica.[3] Como un termo biolóxico, raza denotaría as poboacións humanas, xeneticamente diverxentes que poden estar marcadas por trazos fenotípicos comúns.[4][5][6] Neste senso, a racialización é ás veces usada por antropólogos e forenses na análise do esqueleto, na investigación biomédica e na medicina baseada na raza.[7][8][9]

O estudo dos trazos comúns entre os pobos tamén se fai a través das liñas étnicas, coa participación da historia dos grupos endogámicos. Os grupos raciais poden corresponder cos patróns de estratificación social, axudando os científicos sociais a entender as diferenzas subxacentes entre os grupos raciais definidos de persoas. Ademais, a policía usou a raza para crear perfís de sospeitosos buscados de xeito expeditivo.

Raza única

editar

Antropólogos e biólogos argumentan que a especie humana está composta por unha única raza dividida en diferentes etnias que, á súa vez, están divididos en pobos (véxase por exemplo grupos étnicos de Europa). Estas teorías antropolóxicas apareceron na década de 1960, en parte como reacción contra teorías científicas relacionadas co predeterminismo biolóxico, o segregacionismo e a discriminación racial hexemónica naquel momento en países occidentais. Os resultados das investigacións dos antropólogos Franz Boas e Claude Lévi-Strauss tamén tiveron influencia, destacando as tendencias etnocéntricas de cada cultura. Na súa declaración A cuestión racial, de 1950, a UNESCO recomendou substituír a noción de raza humana, considerada pouco científica e confusa, pola de etnia, baseada máis nas diferenzas culturais (lingua, relixión, costumes e outros).

Na antropoloxía moderna, hai un amplo consenso científico de que non hai razas humanas no sentido biolóxico.[10][11]

A raza non existe, nin biolóxica nin cientificamente. Os homes pola súa orixe común, pertencen ao mesmo repertorio xenético. As variacións que podemos ver non son o resultado de diferentes xenes. Se de "razas" se tratase, só hai unha "raza": a humana.
José Marín Gonzáles[12]
  1. https://link.springer.com/chapter/10.1007/978-1-4684-9063-3_14
  2. https://www.jstor.org/stable/27503827
  3. Institut d'Estudis Catalans, ed. (2010). "Raça". Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  4. Thompson, William; Joseph Hickey (2005). Pearson, ed. Society in Focus (en inglés). Boston, MA. ISBN 0-205-41365-X. 
  5. Aaanet.org, ed. (17 de maio de 1998). American Anthropological Association Statement on "Race" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  6. Palmié, Stephan (2007). Genomics, divination, 'racecraft' (en inglés). pp. 205–22. doi:10.1525/ae.2007.34.2.205. 
  7. Gill G. Pbs.org, ed. "Does Race Exist? A proponent's perspective" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  8. George Armelagos; Diana Smay (2000). Transforming Anthropology, ed. "Galileo wept: A critical assessment of the use of race in forensic anthropolopy" (PDF) (en inglés). pp. 19–29. doi:10.1525/tran.2000.9.2.19. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de agosto de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  9. Bloche, Gregg M. (2004). New England Journal of Medicine 351, ed. "Race-Based Therapeutics" (en inglés). pp. 2035–2037. PMID 15533852. doi:10.1056/NEJMp048271. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  10. American Association of Physical Anthropologists (27 de marzo de 2019); Declaración da AAPA sobre a raza e o racismo. Consultado o 19 de xuño de 2020 https://physanth.org/about/position-statements/aapa-statement-race-and-racism-[Ligazón morta]
  11. "A resposta á pregunta de se existen razas nos humanos é clara e inequívoca: non". Templeton, A. (2016). EVOLUCIÓN E NOCIÓNS DE RAZA HUMANA. En Losos J. & Lenski R. (Eds.), How Evolution Shapes Our Lives: Essays on Biology and Society (pp. 346-361). Princeton; Oxford: Princeton University Press. doi 10.2307/j.ctv7h0s6j.26.
  12. Marín Gonzáles, José. ​​Bioxeneticamente as “razas” non existen, pero si o racismo, como ideoloxía. Educational Dialogue Magazine, Curitiba, v. 4, n.9, p.107-113, maio/ago. 2003

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar