Grupos étnicos de Europa

Os grupos étnicos de Europa son a principal área de estudo da etnoloxía europea, un campo da antropoloxía relacionado con varios grupos étnicos que residen nas nacións de Europa. Segundo a monografía alemá Minderheitenrechte in Europa co-editada por Pan e Pfeil (2002) existen 87 pobos de Europa, dos cales, 33 forman a maioría da poboación en polo menos un estado soberano, mentres que os restantes 54 constitúen minorías. O número total da poboación minoritaria en Europa estímase en 105 millóns de persoas, representando o 14% dos 770 millóns de europeos.[1]

Mapa coa distribución das principais linguas de Europa.

Non existe unha definición precisa e universalmente aceptada dos termos "grupo étnico" ou "nacionalidade". No contexto da etnografía europea en particular, os termos grupo étnico, pobo (sen estado nación), nacionalidade, minoría nacional, minoría étnica, comunidade lingüística, grupo lingüístico, minoría lingüística e o haplogrupo xenético son empregados como sinónimos, malia que as preferencias por un ou outro termo poden variar dependendo da situación específica dos países de Europa.[2]

Visión global editar

Artigo principal: Demografía de Europa.

Existen oito pobos de Europa (definidos pola lingua) con máis de 30 millóns de membros residindo en Europa. Estes oito grupos representan arredor de 465 millóns de persoas ou o 65% da poboación europea:

  1. Rusos (c. 95 millóns residindo en Europa),[3]
  2. Alemáns (c. 82 millóns)[3]
  3. Franceses (c. 60 millóns)[4]
  4. Británicos (c. 60 millóns)[5][6]
  5. Italianos (55 millóns)[7]
  6. Españois (c. 50 millóns)[8]
  7. Ucraínos (38–55 millóns)
  8. Polacos (c. 38 millóns)

Arredor de 20 ou 25 millóns de europeos (3%) son membros de diásporas de orixe non europea. A poboación da Unión Europea, con máis de cincocentos millóns de residentes, representa dous terzos da poboación europea.

Tanto España coma o Reino Unido son casos especiais nos que a designación de nacionalidade española e británica, pode xerar controversia con aspectos étnicos que afectan a varios grupos rexionais. Suíza é un caso semellante, pero os subgrupos lingüísticos dos suízos non son debatidos en termos de etnicidade e Suíza é considerado un "estado multilingüe" máis que un "estado multiétnico".

Clasificación lingüística editar

 
Linguas de Europa.
Artigo principal: Linguas de Europa.

Cunha poboación de preto de 730 millóns de persoas (no 2005), arredor do 80% ou máis de 600 millóns pertencen a algunha das seguintes tres pólas das linguas indoeuropeas, a eslava, a románica e a xermánica. Os meirandes grupos étnicos que non se encadran en ningunha desas tres pólas son gregos (arredor de 12 milóns) e os albaneses (arredor de 8 millóns). Ademais das linguas da familia indoeuropea existen outras dúas familias lingüísticas no continente europeo: as linguas turcas e as linguas urálicas. As linguas semíticas que dominan a costa do norte de África e Oriente Próximo están preservadas en Malta, un arquipélago no mar Mediterráneo. As linguas caucásicas noroccidentais, a lingua éuscara, as linguas kartvelianas e as linguas caucásicas nororientais son linguas illadas sen relación coñecida con outra lingua de dentro ou fóra de Europa.

Grupos étnicos por países editar

Pan e Pfeil (2002) distinguen 33 pobos que forman a maioría da poboación de polo menos un estado soberano situado xeograficamente en Europa.[9] Estas maiorías varían dende poboacións case homoxéneas como as de Albania ou Polonia, a lixeiras maiorías de Letonia ou Bélxica. Montenegro é un estado multiétnico no que non hai un grupo que forme a maioría.

País Maioría % Maiorías rexionais Minorías[10]
Acerbaixán azarís 91,6% lezguios 2% armenios, rusos, talysh, ávaros, turcos, tártaros, ucraínos e polacos.
Albania albaneses 95% gregos ~3%,[11][12] e outro 2% (arromaneses, xitanos, macedonios, búlgaros e serbios/montenegrinos).[13]
Alemaña alemáns 81%-91% [14] inclúe bávaros, suabos, saxóns, frisóns, sorabos, silesianos, alemáns de Saarland, polaco-alemáns e dinamarqueses de Schleswig-Holstein). turcos 2,1%, outros 6,7% e non europeos 2 ou 5%).[14]
Armenia armenios 98% Iézidis 1,2%, rusos 0,4%, asirios 0,1%, kurdos 0,1%, outros: gregos, ucraínos, xeorxianos e polacos. (censo 2011) Estatísticas oficiais da RA.[15]
Austria austríacos 91,1% Eslavos do sur 4% (inclúe croatas de Burgenland, eslovenos de Carintia, serbios e bosníacos), turcos 1,6%, alemáns 0,9%, e outros 2,4%. (censo de 2001)
Bélxica flamengos 58% valóns 31%, alemáns 1% outros (europeos do sur e do leste, africanos, asiáticos e latinoamericanos) 10%.
Belarús belarusos 83.7% rusos 8,3%, polacos 3,1%, ucraínos 1,7%, e outros 3,2%. (censo de 2009)
Bosnia e Hercegovina bosníacos 50,11% serbios 30,78%, croatas 15,43% Outros 2,73% (2013)
Bulgaria búlgaros 84% turcos 8,8% xitanos 5%, outros 2% (incluíndo rusos, armenios, tártaros e valacos). (censo de 2001)[16]
Casaquistán casacos 63,1% rusos 23,7% uzbekos, ucraínos, uigures, tártaros, kirguiz, taxicos, alemáns, polacos e coreanos.
República Checa checos 90,4% moravos 3,7% eslovacos 1,9%, e outros 4%. (censo de 2001)
Chipre chipriotas gregos 99,5% chipriotas turcos
Croacia croatas 90% serbios 4,5%, outros 5,9% (incluíndo bosníacos, maxiares, eslovenos, checos, dálmatas italianos, austro-xermanos, romaneses e xitanos). (censo de 2001)
Dinamarca dinamarqueses 90%[17] feroeses outros escandinavos, alemáns, frisóns, outros europeos, groenlandeses e outros.
Eslovaquia eslovacos 86% maxiares 9,7% xitanos 1,7%, rutenos/ucraínos 1%, outros 1,8% (censo de 2001)
Eslovenia eslovenos 83,1% serbios 2%, croatas 1,8%, bosníacos 1,1%, outros (dálmatas italianos, alemáns, maxiares e romaneses) e sen especificar 12% (censo de 2002).
España españois 89% casteláns e leoneses, cataláns, galegos, asturianos, vascos xitanos, xudeus, latinoamericanos, romaneses, norteafricanos, subsaharianos, chineses, filipinos, árabes e británicos.
Estonia estonianos 68% rusos 25,6% ucraínos 2,1%, belarusos 1,3%, finlandeses 0,9%, e outros (alemáns do báltico, suecos e dinamarqueses) 2,2%. (censo de 2000) Inclúe ós falantes de estoniano meridional.
Finlandia finlandeses 93,4% suecos 5,6%, saami 0,1% rusos 0,5%, estonianos 0,3%, xitanos 0,1% e turcos 0,05%. (2006)
Francia franceses 84% (inclúe ós considerados "grupos rexionais" como bretóns, corsos, occitanos, alsacianos, normandos, picardos, saboianos, vascos, cataláns e flamengos). outros europeos 7%, norteafricanos 7%, subsaharianos, indochineses, asiáticos, latinoamericanos e insulares do Pacífico.[18]
Grecia gregos 93% inclúe minorías lingüísticas 3% albaneses 4% e outros (arromaneses/meglenorromaneses, turcos de Creta e macedonios gregos/eslavos gregos 3%. (censo de 2001)
Hungría maxiares 92,3% xitanos 1,9%, alemáns 1,2%, outros (croatas, romaneses, búlgaros, turcos e rutenos) 4,6%. (censo de 2001)
Irlanda irlandeses 87,4% (letóns, polacos e ucraínos) 7,5%, asiáticos 1,3%, africanos 1,1%, mestizos 1,1%, e sen especificar (escoceses do Ulster e nómades irlandeses) 1,6%. (censo de 2006)
Islandia islandeses 94% outros (non-nativos/inmigrantes - polacos, rusos, gregos, portugueses e filipinos) 6%.
Italia italianos 91,7% xermanófonos en Tirol do Sur e francófonos no Val de Aosta. sardos, friulianos, occitanos, croatas, arbëreshë, cataláns, gregos, ladinos, eslovenos e xitanos,[19] outros europeos (romaneses, albaneses, ucraínos e polacos) 4%, árabes norteafricanos 1% e outros (chineses, filipinos, indios, africanos e latinoamericanos) 2,5%.[20][21][22][23]
Kosovo albaneses 92% serbios 4% outros 4% (bosníacos, goranis, xitanos, turcos e ashkali).
Letonia letóns 62,1%[24] rusos 26,9% belarusos 3,3%, ucraínos 2,2%, polacos 2,2%, lituanos 1,2%, livonios 0,1% e outros 2,0%. (2011)
Lituania lituanos 83,5% polacos 6,74%, rusos 6,31%, belarusos 1,23%, outros (tártaros de Lipka) 2,27% e xudeus 0,01%. (censo de 2001)
Macedonia macedonios 64% albaneses 25,2%, turcos 4% xitanos 2,7%, serbios 1,8%, e outros (gregos, búlgaros, romaneses e croatas) 2,2%. (censo de 2002)
Malta malteses 95,3%[25]
Moldavia moldovos 76% ucraínos 8,4%, gagauz 4,4% rusos 5,9%, romaneses 2,1%, búgaros 1,9%, e outros 1,3% (censo de 2004).
Montenegro montenegrinos 44,98%, serbios 28,73% bosníacos 8,65%, albaneses 4,91%, e outros (croatas, gregos, xitanos e macedonios) 12,73%. (censo de 2011)
Norte de Chipre chipriotas turcos 98,7% gregos chipriotas
Noruega noruegueses 85–87% saami 1,2–2,5% polacos 1,4%. Unha gran variedade de etnias de 219 países representan o 12% (2012).[26]
Países Baixos neerlandeses 80,7% frisóns 3% outros europeos 5%, indonesios 2,4%[27] turcos 2,2%, surinameses 2%, marroquís 2%, iranianos 1%[28] caribeños 0,8%, outros 4,8% (estimación de 2008)
Polonia polacos 97% alemáns 0,4%, belarusos 0,1%, ucraínos 0,1%, outros (silesianos, lituanos prusos e caxubios) 2,7%, e arredor de 5 000 xudeus polacos. (censo de 2002)
Portugal portugueses 95% falantes de mirandés 15 000~ outros europeos 5% - (españois, británicos, alemáns, franceses, romaneses, búlgaros, maxiares e croatas, ucraínos, moldovos, rusos, serbios e albaneses); africanos, brasileiros, chineses, indios, xitanos e latinoamericanos.
Reino Unido británico >85% formado por ingleses: ca. 75-80% escoceses: 8,0%, galeses: approx. 4,5%, irlandeses do norte: 2,8%, tamén córnicos, manx, xitanos e insulares da Canle. Inclúe os habitantes de Xibraltar. afro-británicos, asiáticos, chineses, outros cidadáns europeos, particularmente irlandeses, polacos e franceses.
Romanía romaneses 83,4% maxiares (sículos) 6,1% xitanos 3,0%, alemáns 0,2%, ucraínos 0,2%, turcos 0,2%, rusos 0,1% (censo de 2011)
Rusia rusos 80% tártaros 3.9%, chuvaxos 1%, chechenos 1%, osetos 0,4%, kabardinos 0,4%, inguxos 0,3%, calmucos 0,1% ucraínos 1,4%, baskir 1,2%, armenios 0,9%, ávaros 0,7%, mordvinos 0,5% e outros. (censo de 2010).[29][30]
Serbia[31] serbios 83% maxiares 3,9%, xitanos 1,4%, iugoslavos 1,1%, bosníacos 1,8%, montenegrinos 0,9%, e outros 8%. (censo de 2002).
Suecia suecos 88% Finlandeses (tornedalianos), saami Finlandeses, iugoslavos, dinamarqueses, noruegueses, rusos, árabes, siríacos, gregos, turcos, iranianos, iraquís, paquistanís, coreanos, tailandeses.[32][33]
Suíza suízo 79% subgrupos rexionais, incluíndo falantes de alemán, francés, italiano e romanche. balcánicos (serbios, croatas, bosníacos ou albaneses) 6%, italianos 4%, portugueses 2%, alemáns 1,5%, turcos 1%, españois 1%, ucraínos 0,5% e outros 1%.
Turquía turcos 75% kurdos 18% Outros 7%: zaza, laz, xudeus, gregos, xeorxianos, circasianos, búlgaros, bosníacos, asirios, armenios, árabes, albaneses e romaneses.
Ucraína ucraínos 77,8% rusos 17,3% belarusos 0,6%, moldovos 0,5%, tártaros de Crimea 0,5%, búlgaros 0,4%, maxiares 0,3%, romaneses 0,3%, polacos 0,3%, xudeus 0,2%, armenios 0,1%, urums 0.1% e outros 1,8% (censo de 2001).
Xeorxia xeorxianos 84% osetos 0,9%, abkhazos 0,1% azarís 6,5%, armenios 5,7%, rusos 1,5%, e outros (xudeus, polacos e kists): 2,5% (censo de 2002).[34]

Notas editar

  1. Christoph Pan, Beate Sibylle Pfeil (2002), Minderheitenrechte in Europa. Handbuch der europäischen Volksgruppen, Braumüller, ISBN 3700314221 (Google Books, snippet view). Also 2006 reprint by Springer (Amazon, no preview) ISBN 3211353070. "Minderheitenrechte in Europa". 5 de decembro de 2015. Archived from the original on 12 de maio de 2016. Consultado o 01 de marzo de 2017. 
  2. Pan and Pfeil (2004), "Problems with Terminology", pp. xvii-xx.
  3. 3,0 3,1 Pan and Pfeil (2004)
  4. Pan and Pfeil (2004) 55 millóns excluíndo os occitanos. Recensement officiel de l'Insee INSEE.fr dá 65 millóns.
  5. Inclúe a ingleses, escoceses, galeses e irlandeses do norte.
  6. Office for National Statistics, ed. (28 de agosto de 2014). "Population by Country of Birth and Nationality 2013: Table 2.1". Consultado o 15 de abril de 2015. 
  7. ISTAT, ed. (27 de abril de 2012). "15° Censimento generale della popolazione e delle abitazioni" (PDF) (en italiano). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2018. Consultado o 22 de setembro de 2012. 
  8. Inclúe a cataláns, vascos e galegos. Pan e Pfeil dan a cifra de 31 millóns excluíndo a estes pobos.
  9. Incluíndo as partes europeas de Rusia, non incluíndo a Turquía, Xeorxia e Casaquistán, excluíndo os microestados con menos de 100 000 habitantes: Andorra, Cidade do Vaticano, Liechtenstein, Mónaco e San Marino.
  10. Porcentaxes de CIA Factbook se non se indica o contrario.
  11. Eastern Europe at the end of the 20th century, Ian Jeffries, p. 69
  12. The Greeks: the land and people since the war. James Pettifer. Penguin, 2000. ISBN 0-14-028899-6
  13. "CIA Factbook 2010". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2010. 
  14. 14,0 14,1 "Germans and foreigners with an immigrant background". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  15. [1] Arquivado 02 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
  16. Nsi.bg (ed.). "Census 2001, Population by Districts and Ethnic Groups as of 01.03.2001". Consultado o 26 de agosto de 2010. 
  17. Persoas de orixe dinamarquesa: 4 985 415. Poboación total: 5 511 451 Statistics Denmark
  18. State.gov, ed. (15 de febreiro de 2012). "France". Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  19. World Directory of Minorities and Indigenous Peoples - Italy
  20. [2].
  21. [3] Non-EU citizens legally residing Jan 2014
  22. "Cittadini Stranieri. Popolazione residente per sesso e cittadinanza al 31 Dicembre 2012 Italia - Tutti i Paesi". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2017. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  23. "Италианските българи" (en búlgaro). 24 Chasa. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  24. Csb.gov.lv, ed. (18 de xaneiro de 2012). "On key provisional results of Population and Housing Census 2011 | Latvijas statistika". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2012. 
  25. "Populstat.info". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2009. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  26. "Personer med innvandringsbakgrunn, etter innvandringskategori, landbakgrunn og kjønn. 1. januar 2012". Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2012. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  27. http://www.safecom.org.au/dutch-moluccans.htm
  28. https://www.internations.org/netherlands-expats/iranians
  29. "Официальный сайт Всероссийской переписи населения 2010 года. Информационные материалы об окончательных итогах Всероссийской переписи населения 2010 года". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2020. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  30. "Всероссийская перепись населения 2010. Национальный состав населения РФ 2010". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2021. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  31. Excluíndo a República de Kosovo
  32. "SCB.se". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2008. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  33. "SCB.se". Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2011. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  34. [4] Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine..