Os osetos,[9] no Digalego denominados ossetios.[10] (en oseto: ир, ирæттæ, ir, irættæ; дигорæ, дигорæнттæ, digoræ, digorænttæ) son un grupo étnico da cordilleira do Cáucaso, nativos da rexión coñecida como Osetia.[11][12][13] Falan a lingua oseta, unha lingua irania oriental (escita) da familia de linguas indoeuropeas, e moitos tamén son falantes fluídos de ruso como segunda lingua. O oseto non está relacionado nin é mutuamente intelixible con ningunha outra lingua irania.[14] O oseto, un remanente do grupo dialectal escita-sármata que outrora era falado por toda a estepa, é a única lingua irania nativa de Europa.[15]

Pobo oseto
Home oseto en 1881.
Poboación
Poboación total:
750 000
Rexións principais:
Rusia Rusia558 515[1]
(en Osetia do Norte)480 310[2]
Osetia do Sur Osetia do Sur51 000[3]
Xeorxia Xeorxia (excluíndo Osetia do Sur)39 426
Turquía Turquía50 000[4][5][6]
Ucraína Ucraína4 830[7]
Letonia Letonia256
Estonia Estonia116[8]
Aspectos culturais
LinguaOseto, ruso e xeorxiano
RelixiónIgrexa Ortodoxa, con importantes minorías que practican o uatsdin e islam
Grupos
relacionados
Outros pobos iranios: escitas, sármatas e alanos

Na súa maioría, os osetos son cristiáns ortodoxos, cunha salientable minoría que practica o uatsdin e o islam.

Os osetos viven maioritariamente en Osetia, que está politicamente dividada entre Osetia do Norte-Alania en Rusia, e Osetia do Sur, que dende o conflito de Osetia do Sur de 2008 converteuse de facto nun estado independente de Xeorxia.

Os seus parentes máis achegados, os jász, viven na rexión de Jászság, no norte do condado de Jász-Nagykun-Szolnok, en Hungría.

Notas editar

  1. "Russian Census 2010: Population by ethnicity". Perepis-2010.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal (XLS) o 04 de decembro de 2013. Consultado o 2017-08-21. 
  2. "Всероссийская перепись населения 2002 года". Perepis2002.ru. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  3. "PCGN Report "Georgia: a toponymic note concerning South Ossetia"" (PDF). Pcgn.org.uk. 2007. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  4. "Lib.ru/Современная литература: Емельянова Надежда Михайловна. Мусульмане Осетии: На перекрестке цивилизаций. Часть 2. Ислам в Осетии. Историческая ретроспектива". Lit.lib.ru. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  5. "Официальный сайт Постоянного представительства Республики Северная Осетия-Алания при Президенте РФ. Осетины в Москве". Noar.ru. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  6. Refugees, United Nations High Commissioner for. "Refworld - The North Caucasian Diaspora In Turkey". Unhcr.org. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  7. "2001 Ukrainian census". Ukrcensus.gov.ua. Consultado o 21 de agosto de 2017. [Ligazón morta]
  8. "2000 Estonian census". Pub.stat.ee. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2023. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  9. Xosé María Carballeira Anllo, Carme Hermida Gulías, Primitivo Iglesias Sierra, Carme Ares Vázquez, Xosé María Lema Suárez, Rosa López Fernández (2009). Gran Dicionario Xerais da Lingua. Editorial Xerais. ISBN 9788499140704. 
  10. "Entrada ossetio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  11. Bell, Imogen (2003). Eastern Europe, Russia and Central Asia. Londres: Taylor & Francis. p. 200. 
  12. Mirsky, Georgiy I. (1997). On Ruins of Empire: Ethnicity and Nationalism in the Former Soviet Union. p. 28. 
  13. Mastyugina, Tatiana. An Ethnic History of Russia: Pre-revolutionary Times to the Present. p. 80. 
  14. Encyclopædia Britannica, Inc. (1991). "The New Encyclopaedia Britannica: Marcopædia". Encyclopædia Britannica 22. p. 625. ISBN 9780852295298. Ossetic is not mutually intelligible with any other Iranian language. 
  15. Minahan, James (1998). Miniature Empires: A Historical Dictionary of the Newly Independent States. Nova York: Routledge. p. 211. ISBN 1-57958-133-1. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar