Abrir o menú principal

Osetia do Norte-Alania[1] ás veces tamén escrito Ossetia do Norte-Alania,[2] (en ruso Респу́блика Се́верная Осе́тия–Ала́ния, Respúblika Sevèrnaia Osètia-Alània; en oseto Цӕгат Ирыстоны Аланийы Республикӕ, Căgat Irystony Alanijy Respublikă) é unha república caucásica da Federación Rusa. Ten unha extensión de 8.000 km² e unha poboación de 678.600 habitantes (2000). A súa capital é Vladikavkaz (en oseto Дзæуджыхъæу ("Dzæudjyqæu") «Vila (asentamento) dos Dzaus ou Dzaugas». Os osetos falan unha lingua próxima ó persa chamada oseto, alano ou iratí. Existe tamén en Xeorxia outra república de osetos denominada Osetia do Sur, ademais dalgún municipio ao sur de Xeorxia.

Osetia do Norte-Alania
Республикӕ Цӕгат Ирыстон — Алани
Республика Северная Осетия — Алания
Bandeira de Osetia do Norte
Escudo de Osetia do Norte
BandeiraEscudo
North Ossetia-Alania in Russia.svg
Himno: Himno de Osetia do Norte-Alania
EstadoFlag of Russia.svg Rusia
CapitalVladikavkaz
 • Poboación311 693 (censo 2010)
Lingua oficialOseto e ruso
Forma de gobernoRepública federada
Taymuraz Mamsurov
Estabelecemento7 de xullo de 1924
SuperficiePosto 79º
 • Total8 000 km²
PoboaciónPosto 64º
 • Total712.980 (2010) hab.
 • Densidade89,12 hab./km²
Xentiliciooseto
Fuso horarioUTC+3
Código ISORU-SE

Índice

HistoriaEditar

Véxase tamén: Osetia.
 
Vista de Tsimiti, en Osetia do Norte.

Os alanos e a influencia de BizancioEditar

O territorio de Osetia do Norte, unha rexión agrícola moi fértil e parte dunha ruta comercial clave a través das montañas do Cáucaso, estivo habitado durante moitos anos por tribos Vainakh. Os antepasados dos actuais osetos, os alanos, eran un pobo de lingua persa, nómades e belicosos, que se instalaron no Cáucaso arredor do século VII. Dous séculos máis tarde foron cristianizados polos misioneros bizantinos, e estableceuse o arcebispado de Alania Occidental, baixo a autoridade do Patriarcado de Constantinopla.

Alania foi asemade un reino forte no Cáucaso, que se beneficiou en grande parte da famosa Ruta da Seda cara á China, que pasaba a través do seu territorio. Dende a Idade Media, Alania foi moi codiciada polos seus inimigos e coñeceu numerosas invasións. As dos mongois e dos tártaros no século XIII decimaron a poboación, que entón xa recibía o xentilicio de osetos (que ven a través da lingua xeorxiana e que pasa ao ruso, e de aí ao restos das linguas occidentais). No século XVII introduciuse o Islam. As incursións do Xanato de Crimea e do Imperio Otomán forzaron a Osetia/Iristán a unha alianza con Rusia no século XVIII.

Dominación rusa e era soviéticaEditar

En 1806 Osetia/Iristán era xa a primeira grande área do Cáucaso que vai estar baixo dominación rusa, iniciada coa fundación de Vladikavkaz como o primeiro encrave militar ruso.

A chegada dos rusos acelera o desenvolvemento da rexión, co establecemento de industrias e a construción de conexións viarias para rematar co illamento de Osetia/Iristán. A nomeada Estrada Militar de Xeorxia foi construída en 1799. De grande importancia foi tamén a construción dunha liña de ferrocarril entre Vladikavkaz e Rostov del Don(Rusia). A pesar da rusificación da cultura tradicional, a mellora das comunicacións vai estimular a cultura local: a finais do século XVIII imprimíronse os primeiros libros en oseto. A mediados do século XIX Osetia/Iristán pasou a formar parte da rexión rusa de Terskaia. Trala Revolución Rusa, Osetia do Norte forma parte da efémera República Soviética de Montaña (1921). O 7 de xullo de 1924 converteuse no oblast autónomo de Osetia do Norte e, o 5 de decembro de 1936, na República Socialista Soviética Autónoma de Osetia do Norte, dependente da República Socialista Federativa Soviética de Rusia.

Na Segunda Guerra Mundial, a capital Vladikavkaz resistiu o ataque dos nazis e marca o extremo oriental da invasión. En 1944, Osetia do Norte incorporou o distrito de Prigorodni, á dereita do río Terek, que formara parte da RSSA de Chechenia-Inguxia, coa consecuencia de deportacións masivas de chechenos e inguxos que Stalin ordenou baixo a acusación de colaborar cos nazis. Co posterior retorno dos exiliados, o conflito territorial polo distrito de Prigorodni mantívose ata a actualidade.

Trala URSSEditar

A disolución da Unión Soviética trouxo tensións étnicas entre os osetos, que víronse divididos entre a República de Osetia do Norte - Alania (1991), na Federación Rusa, e Osetia do Sur, en territorio de Xeorxia. En decembro de 1990 Xeorxia aboliu a autonomía de Osetia do Sur, provocando unha fuxida de poboación local cara a Osetia do Norte, acentuando as tensións étnicas cos inguxios no distrito de Prigorodni. O conflito na veciña Chechenia tamén ten afectado bastante a Osetia do Norte, como se puxo de manifesto no asalto á escola de Beslan con máis de 300 vítimas civís.

DemografíaEditar

  • Poboación: 710,275 (2002)
    • Urbana: 464,875 (65,5 %)
    • Rural: 245,400 (34,5 %)
    • Masculina: 336,035 (47,3 %)
    • Feminina: 374,240 (52,7 %)
  • Grupos étnicos

A poboación oseta da república é fundamentalmente cristiá cunha minoría que practica uatsdin e o islam.

Segundo o Censo ruso (2002), os osetos son o 62.7% da poboación da república. Outros grupos inclúen ós rusos (23.2%), inguxios (3.0%), armenios (17,147, o 2.4%), kumyks (12,659, o 1.8%), xeorxiáns (10,803, o 1.5%), ucraínos (0.7%), chechenos (3,383, o 0.5%), e outras minorías cada unha delas de menos do 0.5% do total da poboación; na que hai que incluír os digoreses do distrito de Digora. 3,283 persoas (0.5%) non indicaron nacionalidade no censo.

censo 1926 censo 1939 censo 1959 censo 1970 censo 1979 censo 1989 censo 2002
Osetos 128,321 (84.2%) 165,616 (50.3%) 215,463 (47.8%) 269,326 (48.7%) 299,022 (50.5%) 334,876 (53.0%) 445,310 (62.7%)
Rusos 10,063 (6.6%) 122,614 (37.2%) 178,654 (39.6%) 202,367 (36.6%) 200,692 (33.9%) 189,159 (29.9%) 164,734 (23.2%)
Inguxos 23 (0.1%) 6,106 (1.9%) 6,071 (1.3%) 18,387 (3.3%) 23,663 (4.0%) 32,783 (5.2%) 21,442 (3.0%)
Ucraínos 10,301 (6.8%) 7,063 (2.1%) 9,362 (2.1%) 9,250 (1.7%) 10,574 (1.8%) 10,088 (1.6%) 5,198 (0.7%)
Outros 3,727 (2.4%) 27,806 (8.4%) 41,031 (9.1%) 53,251 (9.6%) 58,051 (9.8%) 65,522 (10.4%) 73,591 (10.4%)

Subdivisión administrativaEditar

A parte da capital Vladikavkaz, baixo xurisdición da república, Osetia do Norte está dividida nos seguintes distritos e as correspondentes capitais administrativas:

EconomíaEditar

Malia ter o peso económico de acoller unha poboación de refuxiados importante, Osetia do Norte é a economía máis desenvolvida do Cáucaso Norte. É o territorio máis urbanizado e máis industrializado, con fábricas de metais (chumbo, cinc, tungsteno etc...), electrónica, produtos químicos e alimentos. A produción rural baséase sobre todo no gando, especialmente ovellas e cabras, e no cultivo de gran, froita e algodón.

Notas e referenciasEditar

  1. Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 1529. ISBN 9788482893600. 
  2. "Entrada ossetio en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2017. 

Véxase taménEditar