Óblast

entidade subnacional de Belarús, Bulgaria, a Federación Rusa e Ucraína
(Redirección desde «Oblast»)

Unha óblast/oblast ou vóblasts/voblasts (en ruso область (feminino), en ucraíno: область, en búlgaro: о́бласт, en belaruso: вобласьць, transcrito: voblasts) é o nome de entidades subnacionais de Belarús, Bulgaria, a Federación Rusa, Ucraína, ademais de existir na antiga Unión Soviética.

As óblast están nun nivel por debaixo do nacional e subdivídense en distritos chamados raiony ou rayony (en ruso: районы; en ucraíno: райони). A palabra pode traducirse por "rexión" ou "provincia".

En Belarús utilízase unha palabra similar, voblast (voblasts), e en Casaquistán úsase a variante oblys (plural: oblystar).

Óblasts de Bulgaria editar

Desde 1999, Bulgaria está dividida en 28 oblasti, que se acostuma traducir como rexión. Con anterioridade, o país subdividíase en 9 unidades maiores, tamén chamadas óblast.

Óblast na Unión Soviética e estados sucesores editar

Na Unión Soviética, as óblast eran as divisións de cada unha das Repúblicas Soviéticas. Algunhas óblast da RSS de Rusia tiñan unha estrutura complicada, composta non só por raións e cidades, sino tamén por entidades autónomas.

Nas repúblicas postsoviéticas a óblast está un nivel por debaixo do nacional. Subdivídese ademais en distritos chamados raións (en ruso: районы; ucraíno: райони). Unha gran cidade pode ser parte constituínte dunha óblast, no mesmo nivel que un raion.

As óblast noutros países postsoviéticos chámanse oficialmente:

Viloyat e welayat proveñen do árabe wilaya.