República Socialista Soviética de Kirguizistán
| |||
Lema: Бардык өлкөлордүн пролетарлары, бириккиле! ("Traballadores do mundo, unídevos!")
| |||
![]() | |||
Lingua | Kirguiz e Ruso. | ||
Capital | Frunze (Bixkek) | ||
Presidente no momento da independencia | Askar Akayev | ||
Tempo na URSS | Dende o 14 de outubro de 1924 até o 31 de agosto de 1991. | ||
Área total | 198,500 km² | ||
Poboación (est. 1989) | 4,257,800 | ||
Independencia da Unión Soviética | 31 de agosto de 1991 | ||
Moeda | Rublo | ||
Hora | UTC +5 | ||
Himno nacional | Himno da RSS de Kirguizistán. |
A República Socialista Soviética de Kirguizistán, abreviado en RSS de Kirguizistán (en kirguiz: Кыргыз Советтик Социалисттик Республикасы) era o nome oficial de Kirguizistán cando era unha das 15 repúblicas que formaban parte da URSS.
HistoriaEditar
O pobo kirguís formaba parte da Rusia Imperial, desde a súa conquista por esta a finais do século XIX. Tras a revolución rusa, queda baixo poder soviético desde 1918. O 14 de outubro de 1924 establécese o Oblast Autónomo de Kara-Kirguizia dentro da RSFS de Rusia. O termo cara-kirguiz usábase para diferencialos dos casacos, que ata 1925, tamén eran chamados kirguiz. En 1925, convértese na República Socialista Soviética Autónoma de Kirguizistán aínda dentro da RSFS de Rusia. O 5 de decembro de 1936 sepárase de Rusia, ao adquirir rango de República Socialista Soviética dentro da URSS. En decembro de 1990 é nomeada República de Kirguizistán, para o 31 de agosto de 1991, proclamarse independente da URSS.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |