Bixkek

capital de Kirguizistán

Coordenadas: 42°52′00″N 74°34′00″L / 42.866666666667, 74.566666666667

Bixkek[2] ou Bichkek[3][4] (en alfabeto cirílico: Бишкек, IPA /bi 'kek/) é a capital de Kirguizistán. Bixkek é tamén o centro administrativo da Rexión de Chuy que rodea a cidade, aínda que a cidade mesma non é en si parte da provincia pero é unha unidade provincial de Kirguizistán.

Bixkek
Бишкек
Flag of Bishkek.png
Coat of arms of Bishkek Kyrgyzstan.svg
Journey of Discovery - Bishkek and Ala-Archa National Park (6921453988).jpg
Vistas da cidade co Parque Nacional Ala-Archa no fondo.
Localización
Bixkek en Kirguizistán
Bixkek
Bixkek
PaísKirguizistán Kirguizistán
ProvinciaChuy
Xeografía
Altitude800 msnm
Superficie127 km²
Demografía
Poboación937.400 hab. (2016[1])
Densidade6900 hab/km²
Outros datos
Código postal720000-720085
AlcaldeKubanychbek Kulmatov
Páxina oficila de Bixkek

Fundada en 1878 coma a fortaleza rusa de Pishpek (Пишпек), entre 1926 e 1991 era coñecida como Frunze (Фрунзе), polo líder militar bolxevique Mikhail Frunze. Crese que o nome deriva dunha palabra kirguiza para facer o leite de egua fermentado (kumis), a bebida nacional kirguiza. Está no val do Chu, no curso dos ríos Alaarcha e Alamedín, ao pé dos montes Kirguiz, a poucos quilómetros de Casaquistán. A súa altitude é de 850 m sobre o nivel do mar.

XeografíaEditar

SituaciónEditar

Sitúase no norte do Kirguistán, a uns 800 msnm xusto ao carón da franxa norte da cordilleira Ala-Too, unha extensión da cordilleira Tian Shan, que chega a elevarse a 4800 metros sobre o nivel do mar. No norte da cidade atópase unha fértil estepa suavemente ondulada que chega até a fronteira con Casaquistán.

HidrografíaEditar

A cidade está percorrido polo río Chui, un río nado na confluencia dos ríos Joon Aryk e Kochkor, que é dos máis longos e importantes do país cos seus 1067 quilómetros.

ClimaEditar

Bixkek ten un clima continental seco de verán e mediterráneo dependendo de que isoterma se use. (Clasificación climática de Köppen Csa / Dsa respectivamente)..[5] A precipitación media é de arredor 440 milímetros por ano. As temperaturas medias diarias altas varían de 3 °C en xaneiro a aprox. 31 °C en xullo.[6] Os meses de verán son principalmente secos, con tormentas ocasiónais que forman fortes ventos racheados e raras tormentas de po. As montañas do sur fan un límite natural e protección contra gran parte do clima danoso, igual que a pequena cadena montañosa que se atopa de noroeste a sueste. Nos meses de inverno, as características dominantes son as escasas tormentas de neve e frecuente néboa pesada. Ás veces hai inversións de temperatura que fan que a néboa dure días.

Datos climáticos para Bixkek
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 19,2 25,3 30,5 34,7 35,6 40,9 42,8 39,7 36,8 34,1 27,9 23,3 42,8
Media máxima en °C 3,2 4,9 11,2 18,5 23,6 29,0 31,7 30,9 25,5 17,8 11,0 5,0 17,7
Media diaria en °C −2,6 −0,8 5,3 12,3 17,4 22,4 24,9 23,8 18,5 11,0 4,7 −0,9 11,3
Media mínima en °C −7,1 −5,2 0,4 6,4 11,1 15,6 17,9 16,4 11,3 5,0 −0,1 −5,1 5,6
Temperatura mínima en °C −31,9 −34 −21,8 −12,3 −5,5 2,4 7,4 5,1 −2,8 −11,2 −32,2 −29,1 −34
Precipitación media mm 26 35 55 67 61 34 21 13 19 45 42 35 453
Media de días con chuvia 3 5 9 12 13 10 10 6 6 8 7 4 93
Media de días con neve 9 9 5 2 0,3 0 0 0 0 1 4 7 37
Humidade relativa media (%) 75 75 71 63 60 50 46 45 48 62 70 75 62
Media de horas de sol mensuais 137 128 153 194 261 306 332 317 264 196 144 114 2 546
Fonte #1: Pogoda.ru.net[6]
Fonte #2: NOAA (sun, 1961–1990)[7]

DemografíaEditar

Bixkek é a cidade máis poboada do Kirguizistán, a súa poboación foi estimada en 937.400 no ano 2015. Dende a fundación da cidade até a mediadios dos anos noventa do século XX, a xente que habitaba a cidade eran a meirande parte de etnias procedentes de Europa (rusos, ucraínos, alemáns...). Segundo o censo de 1970, só un 12,3% eran de etnia kirguiz e os europeos comprendían máis do 80% da poboación. Agora Bixkek está formada principalmente por xente de etnia kirguiz cunha porcentaxe do 66% da poboación, mentres que os europeos superan por pouco o 20% do total. Malia a maioría kirguiz, o ruso é a lingua principal da cidade mentres que o kirguiz segue a perder terreo especialmente nas novas xeracións.[8]

Composición étnicaEditar

Etnia % da poboación
Kirguiz 66,2%
Rusos 23%
Uigures 1,6%
Tártaros 1.5%
Coreanos 1,4%
Uzbekos 1,4%
Casacos 1,1%
Ucraínos 1%
Dungáns 0,5%

Morfoloxía urbanaEditar

En pouco máis dun século a cidade pasou dun pequeno poste de correos a o centro industrial e económico do país e unha das cidades máis importantes de Asia Central.[9]

DistritosEditar

Distrito Poboación
Leninskiy 198,019
Oktyabrskiy 238,329
Pervomayskiy 171,467
Sverdlovskiy 214,100

HistoriaEditar

Orixinariamente o que queda dunha parada de caravanas (posiblemente fundada polos sogdianos) nun dos ramais da ruta da Seda a través da cordilleira de Tien Xán, a cidade foi fortificada en 1825 polo uzbeko khanato de Kokhand cunha fortaleza de barro.

 
Paisaxe urbana de Bixkek.

NotasEditar

  1. "Poboación nas rexións, distritos e cidades do Kirguistán no ano 2015". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 04 de febreiro de 2019. 
  2. Atlas Mundial Galego Online
  3. Criterios para o uso da lingua
  4. Lingua galega. Dúbidas lingüísticas
  5. "Koppen Map". Upload.wikimedia.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2017. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  6. 6,0 6,1 "Weather and Climate-The Climate of Bishkek" (en ruso). Weather and Climate. Consultado o 4 de febreiro de 2015. 
  7. "Frunze (Bixkek) Cli,a 1961–1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  8. "Ferdinand, S. & Komlósi, F. 2016. Vitality of the Kyrgyz Language in Bishkek" (en inglés). IJORS 5–2, pp. 210–226. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  9. DYLDAEV, M. "URBANIZATION PROCESSES IN THE KYRGYZ REPUBLIC - CASE STUDY: THE CITY OF BISHKEK" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar