Liexa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Liexa[1] (en francés: Liège [ljɛʒ] (axuda · info), en neerlandés: Luik
[lœyk] (axuda · info), en alemán: Lüttich [ˈlʏtɪç], en valón: Lîdje)[a] é unha cidade francófona do leste de Bélxica, capital da provincia homónima. É a quinta cidade máis grande do país despois de Bruxelas, Antuerpen, Gante e Charleroi; o terceiro conglomerado despois dos de Bruxelas e Antuerpen; e a terceira cidade francófona tras Bruxelas e Charleroi.[2]
Liexa | |||
---|---|---|---|
Liège Luik | |||
| |||
![]() | |||
De arriba a abaixa e de esquerda a dereita: panorámica co río Mosa, o perron de Liexa, a ópera real de Valonia, a estación Liexa-Guillemins, o Mémorial Interallié, o estadio Maurice Dufrasne do equipo Standard de Liège, a ponte de Fragnée, o Hotel da Vila de Liexa e o palacio dos Príncipes-Bispos de Liexa. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade | Comunidade francesa de Bélxica | ||
Rexión | Valonia | ||
Provincia | Liexa | ||
Xeografía | |||
Superficie | 69,39 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 197 355 hab. (2018) | ||
Densidade | 2844 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | Liexa (4000 e 4020) Glain (4000) Rocourt (4000) Bressoux (4020) Jupille-sur-Meuse (4020) Wandre (4020) Grivegnée (4030) Angleur (4031) Chênée (4032) Sclessin (4000) | ||
Alcalde | Willy Demeyer (PS) | ||
Páxina oficial de Liexa |
Está situada no val do río Mosa, cerca das fronteiras con Alemaña e os Países Baixos, xunto á desembocadura dun dos seus afluentes, o río Ourthe. Comunícase con Antuerpen mediante o Albertkanaal (canle Alberto) e coa rexión renana mediante o Mosa. Atópase ademais nunha antiga zona industrial, a espiña dorsal industrial de Valonia. O municipio de Liexa inclúe aos antigos asentamentos de Angleur, Bressoux, Chênée, Glain, Grivergné, Jupille-sur-Meuse, Rocourt e Wandre.
De 972 a 1795 foi a capital do principado de Liexa, e durante os séculos viii e xvi sé do bispado de Liexa, herdanza da Civitas Tungrorum romana.
Dende o século xv a cidade experimentou un continuo desenvolvemento económico, e no xix converteríase nun importante centro industrial como consecuencia da explotación das minas de hulla e do seu procesamento. Industria siderúrxica, de transformados metálicos, de construción de maquinaria, armamentística, química, do caucho, do vidro e alimentaria (refinaría de azucre). A cidade posúe un dos portos fluviais máis importantes de Europa, tamén posúe un Aeroporto en Bierset. Liexa constitúe o centro cultural dos valóns. A súa universidade fundouse en 1817.
Entre o 4 e o 16 de agosto de 1914 tivo lugar nesta cidade a batalla de Liexa, na que os alemáns conquistarían a praza no seu avance cara París.
Entre 1931 e 1937 estivo situada nesta localidade a Escola de Enxeñería ICAI, logo de que a Compañía de Xesús fora expulsada de España.

Notas editar
- ↑ Ata 1949 o nome francés da cidade escribíase Liége, con acento agudo en vez de grave.
- ↑ Segundo Criterios para o uso da lingua, SNL da Universidade da Coruña, así como tamén conforme a forma empregada en Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, a Diciopedia do século 21 e o Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega.
- ↑ "Statistics Belgium. Working Paper" (PDF). www.statbel.fgov.be (en neerlandés). 2008. Archived from the original on 29 de outubro de 2008. Consultado o 16 de decembro de 2019.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |