Antuerpen

cidade de Bélxica

Coordenadas: 51°13′17″N 04°23′50″L / 51.22139, -4.39722

Antuerpen[1][2], ou Anveres,[3] (en neerlandés: Antwerpen, en francés: Anvers) é a segunda maior cidade da Bélxica, e a maior da rexión de Flandres. É un dos maiores portos do mundo, nas marxes do río Escalda. Antuerpen é coñecida internacionalmente por ser o centro mundial do diamante e polo seu porto. A cidade ten unha poboación de 501 000 habitantes.

Antuerpen
Antwerpen
Anvers
Vista da cidade
Localización
Antuerpen en Bélxica
Antuerpen
Antuerpen
PaísBélxica Bélxica
RexiónFlandres
ProvinciaProvincia de Antwerp
Xeografía
Superficie204,51 km²
Demografía
Poboación502.604 hab. (2012)
Densidade2.500 hab/km²
Outros datos
Código postal2000–2660
AlcaldeBart De Wever (Nova Alianza Flamenga)
Páxina oficial de Antuerpen

O feito de ser considerado o Centro Mundial do Diamante reside en que na cidade se producen o 80 % dos diamantes brutos e o 50 % dos diamantes lapidados do mundo. De acordo cos datos divulgados polo Alto Consello para o Diamante (HRD) no 2004 o sector do diamante en Antuerpen moveu arredor de 34 mil millóns de dólares, e representou preto do 7 % das exportacións da Bélxica.

Historia Editar

No percorrer do século XV, o seu porto adquiriu unha gran relevancia no comercio internacional, coa pioneira fundación dunha primitiva "bolsa" na cidade, que rapidamente transformou Antuerpen nun dos máis coñecidos centros comerciais e produtores do Vello Continente.

Cultura Editar

Antuerpen é a cidade natal de Peter Paul Rubens, o cal é considerado como o símbolo da cidade, é doado atopar en rúas e prazas estatuas e referencias a el. A catedral, alberga tres das súas obras e outras notorias pódense atopar no museo coñecido como A Casa de Rubens.

No referente á vida nocturna, Antuerpen é unha cidade moi animada dado que é unha das cidades universitarias máis importantes do país. O centro está cheo de bares onde se pode degustar, entre outras moitas cousas, a cervexa propia da cidade, De Koninck.

Un dos mellores lugares para gozar da cultura de bar belga é Kassa4, en Ossenmarkt. Tamén, xunto á catedral atópase o bar máis antigo da cidade que ofrece unha carta de cervexas con máis de 150 diferentes.

Outra visita interesante é a zona portuaria próxima ao centro histórico onde se poden ver distintos tipos de embarcacións tanto de transporte como de recreo, nunha exposición libre situada en antigos almacéns.

A igrexa de Santiago (Sint Jakobskerk) é outro dos monumentos a visitar, xa que Antuerpen era unha das etapas importantes no Camiño de Santiago desde os Países Baixos.

Cidades irmás Editar

Dentro do eido da cooperación para o desenvolvemento, Antuerpen tamén está irmandada con:

Galería de imaxes Editar

Predecesor:
  Estocolmo 1912
 
Xogos Olímpicos

1920
Sucesor:
  París 1924
Predecesor:
  Nova Deli
Capital mundial do libro
2004
Sucesor:
  Montreal
Predecesor:
  Madrid
 
Capital Europea da cultura

1993
Sucesor:
  Lisboa

Notas Editar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Antuerpen (Bélxica) e Antuerpen/Anveres 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar