Reimerswaal
Reimerswaal é un concello e unha cidade perdida ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia. A cidade de Goes conta con 21.327 habitantes (2008) e unha superficie de 243,08 km² (dos cales 141,11 son de auga). Dos núcleos de poboación do concello destaca a cidade Yerseke, coñecida polo comercio dos mexillóns e as ostras e Kruiningen polo antigo transbordador de Kruiningen Perkpolder (en servizo até 2003). O municipio de Reimerswaal xurdiu en 1970, a partir da fusión dos municipios de Krabbendijke, Kruiningen, Rilland-Bath, Waarde e Yerseke.
Nomeado en referencia a | Reimerswaal (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
País | Países Baixos | ||||
Provincias | Zelandia ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.896 (2021) ![]() | ||||
Número de fogares | 8.594 (2015) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 243,33 km² ![]() | ||||
Bañado por | Oosterschelde (en) ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 1 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Piet Zoon (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 4400–4419 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Sitio web | reimerswaal.nl ![]() | ||||
![]() ![]() |
Núcleos de poboación editar
- Bath
- Hansweert
- Krabbendijke
- Kruiningen (aquí están localizadas as oficinas municipais)
- Oostdijk
- Rilland
- Waarde
- Yerseke
A cidade de Reimerswaal editar
O nome do concello provén da antiga cidade de Reimerswaal. Esta vila recibira os seus dereitos de cidade en 1374, máis finalmente foi destruída por reiteradas inundacións, abandonándoa os seus últimos habitantes en 1374, da cidade xa non queda nada. Estaba localizada no que hoxe é o norte do concello, ao leste de Oosterschelde, na terra que hoxe se coñece como "Verdronken Land van Reimerswaal" (Terras anegadas de Reimerswaal).
Transporte editar
As estacións de ferrocarril de oeste a leste do concello: Kruiningen-Yerseke, Krabbendijke, Rilland-Bath, todos na liña de Flesinga a Roosendaal.