Borsele

Borsele é un concello ao suroeste dos Países Baixos, na provincia de Zelandia.

Borsele
Bandeira de Borsele Escudo de Borsele
Bandeira Escudo
Situación xeográfica
Situación de Borsele respecto de Zelandia
País: Países Baixos Países Baixos
Provincia: Flag of Zeeland.svg Zelandia
Xeografía
Supericie
 • Terra
 • Auga
194,42 km²
142,03 km²
52,39 km²
Poboación
Poboación: 22.563 (2008)
Densidade: 4.459 hab/km2
Información
Código postal: 4430 - 4459
Alcalde: Jaap Gelok (PvdA)
Sitio na web: www.borsele.nl

O nome do municipio escríbese cunha soa "s", mentres que o do núcleo da poboación principal escríbese con dobre "s" (Borssele).

EconomíaEditar

En Borssele hai unha planta de enerxía nuclear cun reactor de auga presurizada (PWR) cunha potencia neta de 452 MW. é a única planta nuclear en funcionamento para a produción de electricidade nos Países Baixos. A autorización de explotación prorrogouse até o ano 2033, vinte anos máis da data de peche inicialmente prevista (ano 2013).

O centro COGEMA reprocesa o material fisionable gastado en La Hague, na Baixa Normandía (Francia). Parte do tratamento do residuo nuclear, é dicir, os produtos do reprocesado que non son reutilizables, son devoltos aos Países Baixos, onde son almacenados no COVRA, (Almacén Central para os Residuos Nucleares), que se atopa tamén en Borssele e que é a localización nacional para tódolos residuos nucleares. Dispón dunha superficie suficiente para os próximos 100 anos.

Núcleos de poboaciónEditar

Baarland, Borssele, Driewegen, Ellewoutsdijk, 's-Gravenpolder, 's-Heer Abtskerke, 's-Heerenhoek, Heinkenszand, Hoedekenskerke, Kwadendamme, Lewedorp, Nieuwdorp, Nisse, Oudelande e Ovezande.

TransporteEditar

O tunel Western Scheldt vai de Ellewoutsdijk a Terneuzen en Zeeuws-Vlaanderen.

Ligazóns externasEditar