Zelandia

provincia dos Países Baixos

Zelandia[1][2] (en neerlandésZeeland[ˈzeːlɑnt] (AFI)239 Zeeland.ogg escoitar; en zelandésZeêland) é unha provincia do suroeste dos Países Baixos, fronteiriza con Bélxica. A provincia está formada por unha serie de illas, de aí o seu nome, a Terra do Mar. A súa capital é Middelburg.

Modelo:Xeografía políticaZelandia
Zeeland (nl) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoZeeuws volkslied (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Luctor et emergo» Editar o valor en Wikidata
Epónimomar Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 51°34′00″N 3°45′00″L / 51.5667, 3.75
EstadoReino dos Países Baixos
PaísPaíses Baixos Editar o valor en Wikidata
CapitalMiddelburg Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Axel (en) Traducir (–2003)
Borsele
Flesinga
Goes (en) Traducir
Hontenisse (en) Traducir (–2003)
Hulst (pt) Traducir
Kapelle (pt) Traducir
Middelburg
Noord-Beveland
Oostburg (en) Traducir (–2003)
Reimerswaal
Sas van Gent (en) Traducir (–2003)
Schouwen-Duiveland
Sluis (2003–)
Sluis-Aardenburg (en) Traducir (–2003)
Terneuzen
Tholen
Veere Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación386.707 (2022) Editar o valor en Wikidata (131,8 hab./km²)
Lingua usadaFlamengo occidental
Lingua zelandesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.934 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1012 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Comisario Editar o valor en WikidataHan Polman (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2NL-ZE Editar o valor en Wikidata
Código NUTSNL34 Editar o valor en Wikidata

Páxina webzeeland.nl Editar o valor en Wikidata
Facebook: provinciezeeland Twitter: provzeeland Instagram: provinciezeeland LinkedIn: provinciezeeland Youtube: UCIGB9k0jsMK4COUYRKskvrw BNE: XX5326137 Editar o valor en Wikidata

Ten 380.897 habitantes (2008) en 2.934 km², dos que case 1.140 km² son auga, ademais gran parte de Zelandia atópase baixo o nivel do mar. A última grande inundación rexistrada foi en 1953, na que morreron 1.835 persoas, a maioría desta provincia. Unha das actividades económicas máis importantes da rexión é o turismo, xa que as súas soleadas praias convértena nun popular destino de vacacións no verán, no que a maioría de turistas proveñen da Alemaña, chegando nalgunhas zonas a duplicar ou cuadriplicar a súa poboación nesta estación.

O escudo de Zelandia mostra un león emerxendo da auga co texto Luctor et Emergo (en latín Loito e Xurdo). A parte sur da provincia coñécese como Flandres Zelandés (Zeeuwsch-Vlaanderen).

Xeografía

editar
 
Zelandia en 2009.

A provincia de Zelandia é un gran delta fluvial situado na desembocadura de varios ríos importantes. A maior parte da provincia atópase por baixo do nivel do mar, recuperando as terras por parte dos habitantes a través do tempo. O que antes era unha paisaxe de lama, que se inundaba coa marea alta e reaparecía durante a marea baixa, converteuse nunha serie de pequenos outeiros feitos polo ser humano secos en todo momento. Máis tarde a xente da rexión comezou a conectar os outeiros mediante a creación de diques, o que deu lugar a unha cadea de terra seca, que logo se converteu en illas máis grandes, que foron cambiando co tempo a mans do home e da natureza, dando a actual forma da provincia.

A inundación do Mar do Norte de 1953 anegou grandes cantidades de terra, que aínda hoxe en día só foron parcialmente recuperadas. A posterior execución do Plan Delta cambiou totalmente face da provincia. As presas, túneles e pontes do plan son actualmente unha parte vital da provincia, creando un sistema de estradas logo de décadas, chegando a substituír as vellas liñas de transbordadores. O remate final deste proceso produciuse en 2003, cando se abriu o túnel, o que foi a primeira conexión sólida entre as dúas beiras da Westerschelde, un dos estuarios que divide a rexión, terminando a era da auga que separaba as illas e penínsulas de Zelandia.

Historia

editar
 
Altar de Nehalennia en Domburg.

Nehalennia é unha deusa dunha relixión antiga coñecida na provincia de Zelandia. O seu culto remóntase polo menos ao II século a.C. Ela foi, posiblemente, unha deusa rexional, xa fora celta ou xermánica. Durante a época romana a súa función principal parece que era a protección dos viaxeiros, especialmente aos que ían a través do Mar do Norte. A maior parte do que hoxe se coñece dela provén dos restos de máis de 160 restos de pedra tallada que foron dragados dende o Oosterschelde a parir de 1970. Tamén se atoparon dous restos de Nehalennia en Colonia, Alemaña.

A rexión foi unha zona entre os condados de Holanda e Flandres até 1299, cando o conde de Holanda obtivo o control da Condado de Zelandia. Dende entón, a sorte Zelandia foi unida á de Holanda. En 1432 converteuse en parte das posesión dos Países Baixos de Filipe o Bo de Borgoña, o que máis tarde serían as Dezasete Provincias, que pasaron, a través diferentes relacións maritais, a formar parte da Casa de Habsburgo en 1477. Máis tarde na Guerra dos Oitenta Anos Zelandia formou parte do bando da Unión de Utrecht, converténdose nunha das Provincias Unidas. Despois da ocupación francesa e a formación do Reino Unido dos Países Baixos en 1815, o formouse a actual provincia de Zelandia. A catastrófica inundación de 1953, na que morreron máis de 1.800 persoas en Zelandia, levou á construción das obras de protección do Plan Delta.

O nome de Zelandia ao redor do mundo

editar
 
Casa do Concello de Middelburg

Nova Zelandia

editar

As illas de Nova Zelandia foron nomeadas polo navegante neerlandés Abel Tasman en 1642, que as chamou Staten Landt, crendo que eran parte da terra dese nome na costa da Arxentina. Cando se demostrou que non era o caso as autoridades neerlandesas decidiron trocarlle o nome e chamáronas Nova Zeelandia en latín ou Nieuw Zeeland en neerlandés.

As dúas principais provincias marítimas da Países Baixos na súa idade de ouro foron Holanda e Zelandia. Nesa época os Países Baixos era un dos exploradores máis importantes, sobre todo por Oceanía, nomeando e as dúas illas do sueste respectivamente Nieuw Holanda e Nieuw Zeeland. O primeiro foi eventualmente substituído polo nome de Australia, mais no segundo caso o nome de Nova Zelandia foi mantido. O Capitán James Cook, chamou consecuentemente ao arquipélago Nova Zelandia.

América

editar

A cidade de Zelandia no estado norteamericano de Míchigan foi fundada en 1847 polo neerlandés Jannes van de Luyster. A cidade aínda mantén un aire distintivo neerlandés.

Flushing, é un barrio de Queens, Nova York, chamado así pola vila de Flesinga (cuxo nome traducido ao inglés é Flushing) en Zelandia. A cidade data do período da colonia dos Novos Países Baixos, cando Nova York era aínda coñecida como Nova Ámsterdan.

As colonias neerlandesas de Nieuw Walcheren e Nieuw Vlissingen, amabas na illa antillana de Tobago, foron así chamadas por lugares de Zelandia. A cidade canadense de Zelandia, Novo Brunswick, foi chamado así polo lugar de nacemento do neerlandés Philip Crouse que se asentou na zona en 1789.

Taiwán

editar

Fort Zelandia, foi unha fortaleza construída durante dez anos a entre 1624 e 1634 pola Compañía Holandesa das Indias Orientais, na cidade de Anping, na illa de Formosa, hoxe en día Taiwán, durante os seus 38 anos de asentamento na parte occidental da mesma.

Divisións administrativas

editar
 
Zelandia dende o espazo.
 
Domburg, Veere.

Zelandia está divida nos seguintes concellos:

Bandeira Escudo Nome Poboación [cando?]
    Borsele 22.549
    Flesinga 44.853
    Goes 36.712
    Hulst 27.936
    Kapelle 12.098
    Middelburg 47.257
    Noord-Beveland 7.306
    Reimerswaal 21.266
    Schouwen-Duiveland 34.034
    Sluis 24.222
    Terneuzen 55.145
    Tholen 25.271
    Veere 22.047
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zelandés.
  2. Publicacións anteriores en galego daban como correcta Celandia, por exemplo Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar