Baixa Normandía
Baixa Normandía,[2] en francés: Basse-Normandie, en normando: Basse-Normaundie, é unha antiga rexión de Francia.
Baixa Normandía Basse-Normandie Basse-Normaundie 1956 - 2016 | |||
---|---|---|---|
| |||
Lema: Diex Aïe! Deus axudanos! | |||
Himno: Ma Normandie | |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Caen | ||
• Poboación | 110 399 (2006) | ||
Lingua oficial | Francés | ||
Forma de goberno | Rexión de Francia | ||
President | Laurent Beauvais (PS) | ||
Superficie | Posto 16º | ||
• Total | 17 568 km² | ||
Poboación | Posto 17º | ||
• Total | 1 443 000 [1] hab. | ||
• Densidade | 82,14 hab./km² | ||
Xentilicio | Normando/a | ||
Fuso horario | UTC+1 | ||
• Horario de verán | UTC+2 | ||
Dominio de Internet | .fr | ||
Código ISO | n/d | ||
1 O himno non é oficial | |||
É a parte occidental da antiga provincia histórica de Normandía e parte da rexión da Perche. A noción de Baixa Normandía xa era unha realidade no século XIV.[3]
CreaciónEditar
Foi creada en 1956, comprendendo os tres departamentos de Calvados, Orne e Mancha.
Forma parte da antiga provincia de Normandía, que estaba dividida en Alta Normandía e Baixa Normandía.
A súa capital era a cidade de Caen.
PoboaciónEditar
A súa poboación estimada no ano 2014 era de 1 443 000 habitantes.
EconomíaEditar
As principais actividades económicas da rexión son a agricultura, o gando, o sector letiero, a fruticultura e a industria téxtil.
O mineral de ferro extráse cerca de Caen.
O turismo tamén e importante, e conta cun ferri que vai a Inglaterra (desde o porto de Cherburgo-Octeville).
HistoriaEditar
A tradicional provincia de Normandía, cuxa historia remóntas ao século X, dividiuse en 1956 en dúas rexións: Baixa Normandía e Alta Normandía.
Durante a época romana, a rexión dividíase en varias cidades-estado diferentes. A de Vieux foi escavada no século XVII, revelando numerosas estruturas e vestixios que testemuñan a prosperidade da rexión de Caen.
A rexión foi conquistada polos francos no século V.
No século IX, as conquistas normandas devastaron a rexión. Gran parte do territorio da Baixa Normandía engadiuse ao ducado de Normandía no século X.
En 1066, o duque Guillerme II de Normandía conquistou Inglaterra. Foi enterrado en Caen. Despois da súa morte, Normandía foi herdada polo fillo máis vello, e Inglaterra polo seu segundo fillo, separándose as dúas posesións.
- Artigo principal: Ducado de Normandía.
A vitoria de Tinchebray en 1106 deu de novo a Normandía aos reis de Inglaterra. Case cen anos despois, en 1204, o rei Filipe II de Francia conquistou a rexión, ademais das Illas da Canle. Despois, durante a Guerra dos Cen Anos, foi recuperada polos Plantagenet. Porén, os franceses recuperaron a parte continental da rexión entre 1436 e 1450. En 1453 a monarquía francesa controlaba gran parte da actual Francia, agás Calais, que permanecía en mans inglesas.
Durante a segunda guerra mundial as praias de Calvados foron o lugar do Día D. Os desembarcos en xuño de 1944 e a posterior batalla de Normandía, destruíron moitos pobos e cidades da rexión.
DisoluciónEditar
No marco da Lei relativa á delimitación das regións, ás eleccións rexionais e departamentais e modificando a reforma territorial de 2014, a Baixa Normandía fusionouse coa Alta Normandía o 1 de xaneiro de 2016 para formar a nova rexión de Normandía.[4][5][6]
GaleríaEditar
Monumento a Guillerme o Conquistador, en Falaise, Calvados
NotasEditar
- ↑ Censo de 2014
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 111. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Boüard 2001, pp. 268-269.
- ↑ Lei n° 2015-29 do 16 de xaneiro de 2015
- ↑ Ministère de l'Intérieur
- ↑ Consello Constitucional
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baixa Normandía |
BibliografíaEditar
- Boüard, Michel de (2001): Histoire de la Normandie. Tolosa: Privat. ISBN 2-7089-1707-2