Guillerme I de Inglaterra

primeiro rei normando de Inglaterra, entre 1066 e 1087
(Redirección desde «Guillerme o Conquistador»)

Guillerme I de Inglaterra, nado en 1027 e finado o 9 de setembro de 1087, foi o primeiro rei normando de Inglaterra, tras a morte de Haroldo II de Inglaterra na batalla de Hastings. Tamén foi chamado Guillerme o Conquistador e Guillerme de Normandía, e mesmo Guillerme o Bastardo, por ser fillo ilexítimo do seu pai, Roberto o Magnífico, duque de Normandía.

Guillerme I de Inglaterra
Nome completoGuillaume
Nacementoc. 1028
Lugar de nacementoFalaise
Falecemento9 de setembro de 1087
Lugar de falecementoRuán
SoterradoAbadia de Saint-Étienne
Ocupaciónmilitar e monarca
PaiRoberto I de Normandía
NaiHerleva de Falaise
CónxuxeMatilde de Flandres
FillosRoberto II, Duque da Normandia, Ricardo da Normandia, Guilherme II de Inglaterra, Adeliza da Normandia, Constança da Normandia, Adela da Normandia, Henrique I de Inglaterra, Alberta, Agatha of Normandy, Matilda of Normandy e Cecília da Normandia
IrmánsOdo de Bayeux, Roberto e Adelaide da Normandia
Na rede
WikiTree: Normandie-32 Find a Grave: 1948 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Guillerme I de Inglaterra

Traxectoria editar

Guillerme naceu no 1027 e accedeu ao ducado de Normandía á idade de sete anos. Aos 15 foi nomeado cabaleiro por Henrique I de Francia, e aos 19 xa facía fronte a rebelións internas no ducado. Tras a morte do seu tío, Eduardo o Confesor, rei de Inglaterra, Guillerme reclamou o trono, que dicía lle deixara en herdo o seu tío, argumentando ademais que Harold Godwinson, o maior terratenente de Inglaterra, o recoñecera como rei. Pero Harold converteuse en Harold II de Inglaterra, e Guillerme reclamou os seus dereitos mediante a guerra, tras recibir a aprobación do papa.

A batalla definitiva da Conquista Normanda de Inglaterra foi a de Hastings, onde Harold II morreu, atravesado o seu ollo por unha frecha. Os restantes nobres saxóns non tardaron en renderse ao poder normando, e Guillerme foi proclamado rei.

Durante o seu reinado, Guillerme fixo grandes cambios que permanecerían durante séculos. Baixo o seu mandato compilouse o primeiro catastro da historia, chamado Domesday Book. Guillerme tamén reformou a lei, mesturando as leis anglosaxoas coas normandas. Por último, impuxo o francés normando como lingua das clases altas durante tres séculos, ata que se mesturase a gramática e vocabulario básico inglés cunha enorme cantidade de léxico de orixe latino do francés normando ata crear a base do inglés moderno.

Predecesor:
Roberto I de Normandía
Duque de Normandía
10351087
Sucesor:
Roberto II de Normandía
Predecesor:
Harold II de Inglaterra
Rei de Inglaterra
10661087
Sucesor:
Guillerme II de Inglaterra