Abrir o menú principal

Xuño

Sexto mes do ano dos calendarios xuliano e gregoriano

Xuño na cultura popular galegaEditar

  • No primeiro domingo, faise a festa-concurso da Cereixa en Beade (Vigo).
  • 13 de xuño: santo Antón de Lisboa, avogado das mozas casadeiras e dos obxectos perdidos.
Meu san Antonio casamenteiro, rógoche un mozo garrido e solteiro.
San Antoíño bendito, dádeme un home, anque me mate, anque me esfole.

RefraneiroEditar

  • A auga por san Xoán tolle o viño e non dá pan.
  • De san Xoán prás Navidás, os días van pra atrás.
  • En abril, o salmón para min, no maio para o criado, e no san Xoán para o can.
  • En san Xoán, tanto queixo coma pan.
  • En san Xoán, tanto viño coma pan.
  • O que xexúa en san Xoán, ou é parvo ou non ten pan.
  • Tras de maio, vén san Xoán.

NotasEditar

  1. "San Xoán". Real Academia Galega. Consultado o 31 de outubro de 2016.