Beade, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo

Santo Estevo de Beade é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembrive, Castrelos, Matamá, Sárdoma, Valadares e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 8 entidades de poboación, 12 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.252 habitantes (2.544 homes e 2.708 mulleres).

Beade
Igrexa parroquial de Santo Estevo de Beade, Vigo.JPG
Igrexa parroquial de Santo Estevo.
Situación Beade, Vigo.PNG
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°14′10″N 8°43′36″O / 42.236111111111, -8.7266666666667Coordenadas: 42°14′10″N 8°43′36″O / 42.236111111111, -8.7266666666667
Poboación5.252 hab. (2022)
Entidades de poboación19[1]
editar datos en Wikidata ]

As súas entidades de poboación son as seguintes: Babio (1210), Balde (355), O Carballo do Pazo (652), A Coutada (671), A Gándara (508), A Pena (368), O Porto (444) e Saa (1293). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Balde, As Barallas, O Coto, Dornelas, O Facho, Figueirós, Lombeiro, A Pouleira, As Presas, Quintián, Seixo e A Venda.

ToponimiaEditar

Beade é un topónimo de posesor medieval. Provén de Beati, xenitivo do antropónimo latino Beatus (Beato 'feliz'). O primeiro testemuño en que rexistramos o nome do concello é un documento de delimitación dos territorios pertencentes ao bispo e ao cabido de Tui datado a mediados do século XII. O documento di así: «in terra de Fragoso ecclesie Sancte Andree de Comesania medietas, Sancti Stephani de Biadi tres partes cum cauto suo, Sancti Iacobi de Benevivere integra cum cauto suo; Sancti Iacobi de Vigo integra cum cauto suo, Sancti Saluatoris de Teix integra cum ipsius regalengo» (1156). A fins do século XII o monarca Fernando II confírmalle ao bispo de Tui Bertrando ou Beltrán a súa posesión dos coutos de Beade e Bembrive: «cautos vestros de Benevivere et de Biady in terra de Fragoso» (1179). Na documentación medieval atopamos as formas: Biade, Biadi, Biady, Viade, Veade.[3]

XeografíaEditar

Sitúase no centro do Concello, e, pola súa altura, ofrece unha vista panorámica da cidade e da ría.

HistoriaEditar

O primeiro párroco de Beade de nome coñecido é un tal Xoán apelidado Pais, Páez ou Paz (do latín Pelagius 'Paio') e alcumado Corvacho que asina nun documento do mosteiro de Santa María de Oia no ano 1266: «Johannis Pelagii dictus Corvacho clericus de Biade». A pertenza de Beade á xurisdición de Bouzas durou ata o ano 1833, formando parte no concello de Lavadores ata 1941, en que Lavadores foi anexionado a Vigo.[3]

EconomíaEditar

O máis destacable da parroquia é a súa excelente produción de cereixas (principalmente da denominada "de pico" ou "picuda"). No primeiro domingo de xuño (dende 1986) celébrase a Festa-Concurso da Cereixa.[4]

PatrimonioEditar

A igrexa actual foi construída a finais do século XVII. No seu adro atópase un cruceiro, de orixe descoñecida, que foi emprazado na súa localización actual en 1854.

Detalle da igrexa. 
Cruceiro no adro. 
Estatua en Beade. 

MúsicaEditar

A Banda-Escola de Música de Beade foi fundada a finais do século XX, e conta cun amplo currículo de premios e recoñecementos en certames nacionais e internacionais.

Dende o ano 2011 celébrase no mes de xullo no Parque Forestal o Festival OuBeade, con grupos de música da comarca e de comunidades veciñas como Portugal, sendo un dos festivais gratuítos de maior duración das Rías Baixas.

FestasEditar

O 26 de xullo celébrase a festa da patroa de Beade, Santa Ana.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de BeadeEditar

Lugares da parroquia de Beade no concello de Vigo (Pontevedra)

Abalde | Babío | As Barallas | O Carballo do Pazo | O Coto | As Coutadas | Dornelas | O Facho | Figueirós | A Gándara | Lambeiro | A Pena | O Porto | A Pouleira | As Presas | Quintián | Saa | O Seixo | A Venda

Parroquias de VigoEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar