Hospital Álvaro Cunqueiro
O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de preto de 600.000 persoas, a maior de Galicia. Co seu nome homenaxea o escritor Álvaro Cunqueiro.
Hospital Álvaro Cunqueiro | |
---|---|
Fachada oeste, en 2014, en obras. | |
Edificio | |
Nome inicial | Novo Hospital de Vigo |
Enderezo | Estrada Clara Campoamor 341 |
Localización | código postal 36313, Vigo |
Coordenadas | 42°11′20″N 8°42′54″O / 42.188922222222, -8.7150111111111 |
Uso(s) | Hospitalario |
Construción | |
Inicio | Marzo de 2011 |
Remate | Xuño de 2015 |
Dimensións | |
Superficie | 280.000 m² construídos [1] |
Plantas |
Plantas -3 e -2: Aparcadoiro
|
Equipo | |
Arquitecto(s) | Luis Vidal e asociados |
Outros | |
Premios | Future Health Project. Mención. [4] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarA construción é deseño do estudo do arquitecto catalán Luis Vidal (Barcelona, 1969) e ten certificación medio ambiental BREEAM.[5]
Inauguración
editarO primeiro paciente, ambulatorio, foi atendido o 29 de xuño de 2015. Os primeiros ingresos fixéronse o 24 de agosto.
O servizo de urxencias estaba previsto que abrira o 4 de setembro[6] pero debido ás présas, caos deficiencias do Álvaro Cunqueiro, atrasáronse o traslado de pacientes e as urxencias.[7][8] Finalmente o servizo de urxencias abriu o día 24 de setembro.[9]
As sospeitas de contaminación ambiental[10] demoraron o proceso de posta en funcionamento, tanto polo que respecta ás operacións (a primeira estaba programada para o 31 de agosto, e non se realizou) ou para o servizo de Urxencias (programada a apertura para o 3 de setembro, que tampouco se produciu).
Neses días da inauguración producíronse declaracións de protesta e unha manifestación o 3 de setembro contra o proceso de apertura (200.000 manifestantes segundo convocantes e policía local): os manifestantes protestaban porque a inauguración non fixera na práctica aumentar o número de camas hospitalarias, o hospital non contase con laboratorio propio e porque os servizos de restauración, limpeza ou aparcadoiros fosen contratos con empresas privadas.[11][12]. Neses días faleceu unha paciente hepática infectada por Aspergillus,[13] se ben as fontes do hospital sinalaron que a infección se producira antes da hospitalización.[14].
Transporte urbano
editarLiñas de Vitrasa en días laborables.[15]
H1 [1] García Barbón → Policarpo Sanz → Pi i Margall → Pza. América → Castrelos →
H2 [2] Gregorio Espino, 79 (Estación de autobuses) → Trav. de Vigo → Pizarro → Pza. España → Gran Vía → Pza. América → Castrelos →
H [3] Navia → Bouzas → C. Veiga → Tomás A. Alonso → r/ Coruña → Avda. Fragoso → Balaídos → Castrelos →
L6 [4] Pza. España → Trav. de Vigo → Martínez Garrido → Bembrive → Beade →
L12B [5] Meixoeiro → Avda. Madrid (Estación de autobuses) → Pza. España → Policarpo Sanz → Camelias → Pza. América → Castrelos →
L18 [6] Gran Vía → Pza. España → Emilia Pardo Bazán → Sárdoma → Carneiras →
Sábados, domingos e festivos: Unicamente H2 e L12B.
Galería de imaxes
editarNotas
editar- ↑ Características do proxecto
- ↑ Proxecto executivo
- ↑ Plan integral da área de Vigo
- ↑ Future Health Project Award Winners 2012 Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en inglés).
- ↑ «El nuevo Hospital de Vigo, certificado BREEAM® en Fase de Diseño» Arquivado 28 de setembro de 2015 en Wayback Machine. 26/1/2015.
- ↑ "https://www.vigoe.es/vigo/local/item/5055-el-nuevo-hospital-atendera-todas-las-urgencias-del-area-a-partir-del-4-de-septiembre". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 17 de maio de 2017. Ligazón externa en
|title=
(Axuda) - ↑ Trabajadores y pacientes dan la cara para denunciar "caos" y deficiencias en el Cunqueiro
- ↑ El nuevo hospital atenderá todas las urgencias del área a partir del 4 de septiembre
- ↑ Mañana abren las urgencias en el Cunqueiro y el Xeral se cierra
- ↑ A. Blasco (4/9/2015). "Vigo y su área toman la calle para "recuperar" una sanidad pública de calidad". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ David Lombao (4/9/2015). "A sanidade e o leite abren dúas vías de auga na xestión da Xunta". Praza Pública.
- ↑ Domingos Sampedro / Anxo Paniagua (4/9/2015). "O PP ofrece a comparecencia da conselleira de Sanidade, pero o PSOE reclama a de Feijoo". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ A. Blasco (3/9/2015). "Hallan aspergillus en una mujer muerta en la UCI del Cunqueiro que sufría una dolencia hepática". Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Jorge Bravo (3/9/2015). "El Sergas niega que la fallecida se infectase en el nuevo hospital vigués". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Servizo ós hospitais Vitrasa.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hospital Álvaro Cunqueiro |