Praza de América (Vigo)
A praza de América, tamén chamada praza das Travesas, é unha das principais prazas de Vigo, situada nas Travesas.
Praza de América | |
---|---|
Tipoloxía | praza |
Dimensións | |
Formato | rotonda de 3 carrís por sentido |
Historia
editarDescoñécese a data exacta da súa construción, posto que nos seus comezos non era máis que un cruzamento de vías polo que transitaba o tráfico a motor, os peóns e o tranvía.
En 1991, baixo o mandato do alcalde Manoel Soto, construíuse a rotonda central e o monumento que a preside, a Porta do Atlántico, unha escultura granítica traída das canteiras do Porriño e esculpida polo artista ponteareán Silverio Rivas coa axuda da Escola de Canteiros de Poio[1]. O monumento pretendeu ser unha homenaxe aos emigrantes galegos que partiron cara a América dende o porto da cidade nos séculos XIX e XX.
En 2019 foi remodelada e humanizada, converténdose nun parque axardinado e peonil.
A praza de América é o lugar habitual de celebración dos éxitos do Real Club Celta de Vigo[2].
Distribución
editarA praza de América atópase entre as parroquias de Castrelos, Freixeiro e Coia. Á praza van desembocar varias rúas principais da cidade:
- Avenida da Gran Vía
- Avenida de Castrelos
- Avenida da Florida
- Avenida do Fragoso
- Avenida de Castelao
- Rúa da Coruña
- Rúa de López Mora
Galería de imaxes
editar-
Praza América após da humanización que se levou a cabo en 2019.
-
Manifestación co gallo da folga xeral do 14 de novembro de 2012.
-
Ficheiro:Praza de América, Porta do Atlántico e Santa Irene.jpg
Notas
editar- ↑ "La Plaza de América de Vigo, una puerta al Atlántico y centro de celebraciones.". El Español. Consultado o 18 de xullo de 2023.
- ↑ "¿Qué sabes del monumento de la fuente del Celta?". Faro de Vigo. Consultado o 18 de xullo de 2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza de América |
Outros artigos
editar