Porto de Vigo

porto na cidade de Vigo

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo.[1] É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica[2]. Pertence á provincia marítima de Vigo.

Porto de Vigo
Localización
PaísGalicia Galicia
CidadeVigo
Detalles
Dirixido porAutoridade Portuaria de Vigo
PropietarioPortos do Estado
TipoMarítimo
Estatísticas
http://www.apvigo.com
Porto de Vigo
Contrasinal da provincia marítima da provincia marítima de Vigo á que pertence.

Autoridade portuaria de Vigo.

Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia.

En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

O porto de Vigo foi, durante anos, punto de partida da emigración galega.

Historia

editar

A tradición da construción de buques comezou co século XX, coa aparición dos primeiros botes de pesca a vapor. Un destes modernos modelos, coñecidos como Vigo type steamer, foi moi popular en toda a costa da Península Ibérica e do norte de África, sendo construídos centos de exemplares.

Outro momento decisivo do desenvolvemento foi nos anos 60, cando os novos buques conxeladores, que revolucionaron a industria pesqueira, se comezaron a construír. Os estaleiros de Vigo sempre foron líderes na construción de buques pesqueiros e un constante punto de referencia.

Tráfico do porto de Vigo no 2004
en toneladas
Conservas 36.359
Froitas e hortaliza 51.346
Granito bruto 571.821
Granito elaborado e mármores 46.793
Madeira 267.273
Metais e manufacturas 213.077
Papel e pasta 26.917
Mercadorías de colectores +-2.000.000
Total de mercadorías 4.235.331
Total 4.730.399

Estrutura

editar
 
Estación Marítima, no peirao de cruceiros.

Está dividido do seguinte xeito:

  • Terminal de Bouzas: divídese en dúas zonas: a destinada ó tráfico ro-ro, e o peirao de reparacións.
  • Peiraos de Beiramar e O Berbés, destinados ó atraque de barcos pesqueiros de altura e baixura.
  • Peirao de Cruceiros Alberto Durán Núñez.[3]
  • Peirao deportivo.
  • Peiraos do Areal: comercial e transversal. Suman máis de 1.500 metros de lonxitude, destinados a carga xeral e fluídos. Teñen conexión ferroviaria.
  • Terminal de Guixar: Peirao de 769 metros de lonxitude destinado ó tráfico de contedores, con conexión ferroviaria.

Gobernación

editar

O porto de Vigo está gobernado pola Autoridade Portuaria de Vigo, independente do ente Portos de Galicia. O seu presidente, designado directamente polo goberno da Xunta de Galicia, é Jesús Vázquez Almuíña desde novembro de 2020.

Galería de imaxes

editar
  1. [http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/index.php?page_id=51&reportaje_id=2504&name_page=Reportaje El Berbés, origen del Vigo actual, era hace años tan sólo una playa] Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine.(en castelán)
  2. Redacción. "Vigo bate su récord histórico de pesca - Vigoe.es". Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2016. Consultado o 2016-10-05. 
  3. Placa na fachada.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar