Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën é un planta de produción do grupo PSA Peugeot Citroën, situada en Balaídos (Vigo), á beira do río Lagares. Con máis de 50 anos de actividade, está considerada un dos piares básicos da economía galega. A planta produce catro vehículos distintos para as dúas marcas do grupo. O seu persoal componse por 6500 empregados e as súas exportacións representan o 30 % das exportacións totais de Galicia . A calidade, como obxectivo primordial, a eficiencia industrial e un persoal competente son aspectos clave na súa organización.
Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën | |
---|---|
Coches Citroën na zona franca de Vigo | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1958 |
Matriz | PSA Peugeot Citroën |
Localización | Balaídos (Vigo) Pontevedra Galicia |
Industria | Automoción |
Produtos | Coches Furgonetas Conxuntos de pezas |
Número de empregados | 6500 (2012) |
Na rede | |
https://site.groupe-psa.com/vigo/es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO centro de PSA Peugeot Citroën ten a súa orixe coa creación en abril de 1958 de Citroën Hispania. O persoal inicial nese momento situábase nos cen traballadores. Dende ó principio,a súa actividade está intimamente ligada ó porto de Vigo. A conexión marítima da cidade así como a existencia da Zona Franca foron os factores máis importantes para a localización desta marca francesa. Neste primeiro ano de vida a produción foi de 400 vehículos.
O traslado definitivo a Balaídos prodúcese no agosto de 1959. Neste segundo ano de vida, a produción increméntase chegando a 1700 unidades, caracterizándose esta época polo crecemento continuo. Nos primeiros anos, a actividade da planta de Vigo crece a un ritmo similar ao da economía española, en plena engalaxe da man do plan de Estabilización. A produción comeza a destinarse ó mercado nacional. En 1960 a produción alcanza os 3600 vehículos e o persoal supera os 500 traballadores. Nestes dez primeiros anos, a superficie do centro practicamente alcanza as dimensións actuais.
A segunda metade dos 60 e a primeira dos 70 non foi unha boa época para o centro. A demanda nacional, onde se destinaban por aquel entón a maioría da produción, iniciou un período de desaceleración, coincidindo ademais coa chegada a España de novos fabricantes. Menor demanda e maior competencia dan como resultado unha época na que a produción do Centro apenas crece.
A crise do petróleo de 1973 supuxo unha sacudida para toda a economía mundial, afectando especialmente a industria do automóbil. En España, ás turbulencias económicas sumáronse os conflitos sociais orixinados polo cambio de réxime. A pesar desta inestabilidade o Centro chega a alcanzar as mellores cifras ata aquela data. A introdución dun novo modelo nas liñas de fabricación contribúe a un salto cualitativo. En 1975 alcánzase a cifra de 110.000 unidades producidas e o persoal supera os 6.000 traballadores.
En 1975 Peugeot adquiriu o 90 % do capital de Citroën, dando lugar a creación do grupo PSA, e comezando a producir indistintamente modelos das dúas marcas. A década dos 80 caracterízase pola modernización da planta pola produción de turismos de grande éxito comercial.
A mediados dos 80 iniciouse a produción dun modelo emblemático para o Centro de PSA Peugeot en Vigo: o Citroën C15, modelo que permaneceu no Centro dende 1984 ata 2005. Neses máis de 20 anos, saíron de Vigo 1 181 407 unidades do C15. Foi o primeiro modelo en superar o millón de unidades producidas. Este modelo supuxo un punto de inflexión na actividade industrial do Centro. Vigo fíxose Centro Piloto para a produción do C15.
O éxito desta concepción produtiva fixo que Vigo, dende entón, se especializara na fabricación de vehículos industriais e en turismos de gran tamaño.
Os 90 caracterizáronse polo aumento na flexibilidade na produción do Centro. Implantouse a técnica de aprovisionamento just in time. No 1997 nace o Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), integrando ós principais fabricantes da súa contorna.
Ademais dos vehículos industriais, nesta década cabe destacar a produción do Citroën ZX, relevado polo Citroën Xsara.
Trala reorganización do Grupo, no ano 1998, baixo lema "Un grupo, dúas marcas", o Centro de Vigo realiza unha importante aposta polo crecemento, que lle levará a duplicar a súa produción. No 2002, o Centro acadou unha cifra de produción histórica, converténdose ese ano na planta de maior produción mundial do Grupo.
Coa produción de 547.000 vehículos e 56.000 coleccións CKD o Centro de Vigo pechou no 2007 o mellor ano da súa historia en volume, acadando ademais o récord de produción en España, nun contexto xeral difícil para a industria automobilística. No 2008 lanzáronse os novos Citroën Berlingo e Peugeot Partner, a finais do 2009, o Centro conmemorou a produción do vehículo 10 millóns dende que iniciou a súa actividade en 1958.
No fin desta década, o Centro de Vigo consolidou a implantación do PSA Excellence System (PES), un método de traballo e xestión que se sostén nos principios do Lean e na cultura da mellora permanente. É nese camiño á excelencia no que o Centro de Vigo fomentou nos últimos anos o traballo en equipo e a participación de todos na busca de solucións sobre o terreo, optimizando os procesos e eliminando as operacións que non teñan valor.
En medio dun contexto de crise económica mundial, o Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën afronta o futuro con novos lanzamentos: un vehículo de entrada de gama destinado ós mercados emerxentes, que se producirá coas dúas marcas, Peugeot e Citroën, e os Citroën Berlingo e Peugeot Partner eléctricos.
Cronoloxía dos modelos
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Dende as súas orixes o centro de produción de Vigo leva fabricados máis de 13 millóns de coches de distintos modelos.[1]
Data | Serie | Descrición | Produción | Imaxe |
---|---|---|---|---|
Series fabricadas en Vigoeditar | ||||
1958 – 1970 | Citroën AZU | O modelo AZU foi unha evolución do modelo AU que saíu ao mercado en 1951 e deixou de fabricarse en 1956. AZU foi a primeira furgoneta feita en Vigo. Era un vehículo baseado no 2CV. Os primeiros 25 vehículos tardaron un mes en fabricarse e foron exportados a Marrocos. Ese ano a produción foi de 400 furgonetas. | 106.005 | |
1959 – 1984 | Citroën 2CV | Citröen 2CV foi presentado á prensa no Salón do Automóbil de París en 1948. O derradeiro 2CV fabricouse o 27 de xullo de 1990. Vendéronse un total de 5 110 000 unidades | 280.459 | |
1962 – 1965 | Citroën H | Foi un tipo de furgón de 2,25 a 2,6 toneladas de producido por Citroën entre 1948 e 1981. Fabricáronse un total de 473 289 vehículos. | 426 | |
1964 | Citroën 2CV Sahara | Versión do Citroën 2CV con roda de reposto sobre o capó ou na traseira. | 85 | |
1967 – 1978 | Citroën AK | Versión evolucionada da AZU. Fabricouse en dúas versións. A primeira AK 350 de carga dende 1963 a 1970 e de 1970 ata 1977 a AKS 400. | 196.037 | |
1967 – 1977 | Citroën Dynam | O Dynam era unha variación longa do 2CV, tipo familiar e con maleteiro. | 101.132 | |
1968 – 1983 | Citroën Dyane 6 | O Dyane estaba baseado no chasis do 2 CV, pero con capota de tea. | 233.104 | |
1969 – 1980 | Citroën Méhari | Méhari era un dúas prazas, en opción catro prazas, convertible e con cuberta de lona. | 12.429 | |
1971 – 1986 | Citroën GS | O GS popularizou os avances tecnolóxicos que tiña Citroën na súa gama alta creando un automóbil accesible pero dotado da tecnoloxía hidroneumática que tanta fama lle dera á marca. Tamén incorporaba a técnica e a experiencia do 2CV creando para a ocasión unha nova familia de motores boxer refrixerados por aire de 4 cilindros fiable e de pouco mantemento. | 385.755 | |
1976 – 1980 | Citroën CX | O CX foi elixido Coche do Ano en Europa en 1975. O seu coeficiente aerodinámico (CX) era de 0,35, de aí viña o seu nome. | 17.199 | |
1977 – 1987 | Citroën AYU | Última versión da furgoneta AZU. | 249.321 | |
1977 – 1980 | Peugeot 504 | Deseñado por Pininfarina o 504 foi elixido Coche do Ano en Europa en 1969. | 53.323 | |
1980 – 1987 | Peugeot 505 | Foi a berlina da gama Peugeot reemplazando ao 504. | 146.216 | |
1981 – 1988 | Citroën Visa | Xurdiu como substituto do 2CV. Era un coche de cinco porta e motor dianteiro. | 231.905 | |
1983 – 1992 | Citroën BX | Tiña unha liña angulosa, coa lúa traseira moi tendida e quinta porta posterior. O deseño era do italiano Marcello Gandini cando traballaba en Bertone. | 222.325 | |
1984 – 2005 | Citroën C15 | Foi un dos modelos de furgoneta máis vendidos. Fabricábase en Vigo e Mangualde (Portugal) aínda que saíu en 1996 o seu substituto a Berlingo continuou a súa produción polas boas vendas. | 1 181 407 | |
1986 – 1997 | Citroën AX | En tres e cinco portas con motores gasolina e diésel. | 812.951 | |
1991 – 1997 | Citroën ZX 5P | Ocupaba a gama entre o Citroën AX e o Citroën BX. | 291.187 | |
1992 – 1997 | Citroën ZX 3P | Versión tres portas do ZX. | 226.297 | |
1996 – 2008 | Citroën Berlingo First | Furgoneta substituta da C15. | 1 521 021 | |
1996 – 2008 | Peugeot Partner Origin | Furgoneta baseada na Berlingo. | 1 048 576 | |
1997 – 2000 | Citroën Xsara 3P | Sucedeu ao Citroën ZX e tiña eixo traseiro autodirecional. | 122.951 | |
1997 – 1999 | Citroën Xsara 5P | Sucedeu ao Citroën ZX e tiña eixo traseiro autodirecional. | 124.754 | |
1999 – 2010 | Citroën Xsara Picasso | Monovolumen de cinco portas e motor dianteiro. | 1 531 816 | |
Series en produción en Vigo (produción ata 2011)editar | ||||
2006 – ... | Citroën Grand C4 Picasso | Monovolumen de cinco portas e motor dianteiro. | 417.236 | |
2007 – ... | Citroën C4 Picasso | Monovolumen de cinco portas e motor dianteiro. | 392.391 | |
2007 – ... | Citroën Berlingo | 458.506 | ||
2007 – ... | Citroën Partner | 390.353 |
Cifras clave
editarEstas son algunhas das principais cifras que caracterizan ó Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën (datos a fin de decembro de 2011):
Emprego
editar6.500 colaboradores
Produción
editar356.000 vehículos/ano 50.500 coleccións CKD (vehículos despezados) 1.610 vehículos/día 30 % da exportación de Galicia
Loxística
editar34% do valor da mercadoría que se move no Porto de Vigo 102 provedores de compoñentes na súa contorna
Formación
editar240.000 horas ó ano
Exportación
editarVigo, a cidade na que se atopa o Centro, conta con 300.000 habitantes. É a cidade máis industrializada de Galicia. A situación xeográfica favorece a exportación por vía marítima de gran parte das vendas ó exterior.
O porto da cidade é un dos primeiros de España en tráfico, posición á que o Centro contribúe co 32% do valor da mercadoría que alí se manexa. Da produción total do Centro, o 87% destínase á exportación. Os vehículos producidos na planta distribúense a un total de 71 países, aínda que é en Europa onde ten o seu principal mercado.
Vehículos do centro
editarA política de plataformas de PSA Peugeot Citroën permite ás súas plantas producir sobre a mesma base técnica distintos modelos, reducindo así os custos de desenvolvemento e favorecendo a diversidade. Este centro en Vigo, na actualidade produce catro modelos diferentes: os Citroën C4 Picasso, Grand C4 Picasso e Berlingo, e o Peugeot Partner.
Balance de actividade
editarO Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën produce 356.000 vehículos e 50.500 coleccións no 2011. O Centro pecha o ano 2011 coa fabricación de 356.00 vehículos e 50.500 coleccións, un 10% e un 4% menos, respectivamente, ca no 2010. As exportacións ascenden a 307.900 vehículos, o que representa un 87% da produción total do Centro, cun retroceso do 9% respecto ó ano anterior.
O Centro e o seu ámbito
editarO Centro asentase nun enclave de gran beleza natural, na Ría de Vigo. O entramado das empresas que traballan no tecido industrial da zona traballan para reducir o impacto ambiental das súas actividades. A planta mantén un compromiso coa conservación ambiental, aplicando medidas que fagan compatible a súa actividade industrial coa sostebilidade ambiental.
O Centro posúe a certificación ISO 14001 dende no ano 2000, que garante o Sistema de Xestión Ambiental implantado. A súa Política Ambiental reúne obxectivos para os próximos anos en ámbitos como a redución de emisións á atmosfera, a minimización de residuos, a redución do consumo de auga, combustible, enerxía e materias primas.
O río Lagares abastece á planta da auga necesaria para o proceso produtivo. O Centro dedica unha superficie importante de zonas axardinadas, arbustos e árbores. A planta conta cunha das principais coleccións arbóreas de Galicia en diversidade.
Ademais, o centro esta comprometido co desenvolvemento social e cultural da cidade, participando nos acontecementos de transcendencia que teñen lugar na cidade, e colaborando en diversas iniciativas a través de accións de patrocinio e mecenado. Desde 1985 é o patrocinador principal do Celta de Vigo.
O compromiso social do centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën tamén se plasma nas accións e acordos establecidos no interno, para o seu conxunto de homes e mulleres que conforman o seu persoal. A firma de Convenio Colectivo 2008-2011 aporta a planta a estabilidade necesaria para o desenvolvemento de proxectos e un marco que permite manter de forma permanente ó diálogo e a negociación. O centro de Vigo tamén está comprometido dun xeito especial co desenvolvemento de accións que axuden a fomentar a incorporación da muller ó ámbito laboral e a igualdade de oportunidades, así como a conciliación da vida familiar e laboral. Presentando acordos que favorecen unha cultura de igualdade entre sexos.
O Centro de Vigo colabora tamén coa Universidade de Vigo a través da Cátedra PSA Peugeot Citroën que, coa colaboración de Ceaga puxo en marcha o mestrado en xestión de empresas de automoción. Así mesmo, o centro mantén coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia un convenio de colaboración educativa das ensinanzas formación profesional.