Ría de Vigo
A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló[1][2][3][4].
Tipo | ría | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Atlántico | |||
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Pontevedra, España | |||
| ||||
Bañado por | Océano Atlántico | |||
A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica[1].
Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes[3].
Características
editarÉ a máis meridional das Rías Baixas, e presenta unha forma de cuña orientada en dirección nordeste suroeste. A súa superficie total é de 176 km2, cunhas dimensións de 33 km de lonxitude e anchura variábel de 10 km na boca, entre cabo Home e a península de Monteferro, e 600 m no estreito de Rande, volvéndose ensanchar no fondo da ría, na enseada de San Simón. O volume total de auga, 3.117 Hm3, convértena na segunda ría, despois da de Arousa, en volume de auga.
A ría de Vigo é unha das rías con máis produción mariña e de maior calidade no mundo. Isto é porque os ventos nórdicos arrastran no verán as augas superficiais quentes permitindo o afloramento das frías, ricas en nutrientes. Debido á súa temperatura, esas augas non forman nubes, o que provoca a falta de chuvia no verán.
Malia a contaminación da ría, destacan os avistamentos de mamíferos mariños entre os cales os arroaces e as toniñas son os máis abondosos.[5]
Ríos
editarNo norte da ría desembocan os ríos da Fraga e o do Pontillón. No sur fano o Alvedosa, o Oitavén e o Verdugo, o Miñor, o de Baredo, o da Groba e o Lagares. A principal afluencia de auga procede do Oitavén-Verdugo, xa que teñen un caudal medio de 16 m3 por segundo; o do Alvedosa, que ten 2 m3 por segundo de caudal; e o Lagares, que ten uns 2,5 m3 por segundo. Porén, o río Lagares, non exerce, debido á súa situación, unha grande influencia no esquema xeral de circulación da ría.
Zonas protexidas
editarA Ría de Vigo presenta zonas legalmente protexidas, como son as Illas Cíes, como Parque nacional das Illas Atlánticas, a enseada de San Simón, a Costa da Vela, as Illas Estelas e A Ramallosa como integrantes da Rede Natura 2000.
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes da ría de Vigo.
-
Ría de Vigo (O Viso). -
Solpor na ría. -
Ría e ponte de Rande. -
A illa de San Simón dende o fondo da ría
(Soutoxuste, O Viso).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Turgalicia. Ría de Vigo.". Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2012. Consultado o 05 de maio de 2015.
- ↑ Turgalicia. Ría de Vigo, Información básica.
- ↑ 3,0 3,1 Museo do Mar. Ría de Vigo
- ↑ González-Garcés-Santiso, A. (Alberto); Vilas-Martín, F. (Federico); Álvarez-Salgado, X.A. (Xosé Antón) (2009). La Ría de Vigo. Una aproximación integral al ecosistema marino de la Ría de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. p. 417. ISBN 978-84-89599-34-5.
- ↑ "O porto de Vigo ten os niveis máis altos de contaminación acústica do norte peninsular". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008. Consultado o 23 de xullo de 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ría de Vigo |
Bibliografía
editar- "Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana", Faro de Vigo (2002). Depósito legal: V-5016-2002.