Costa da Vela

Zona especial de conservación

A Costa da Vela é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe o extremo oeste da península do Morrazo e que dá caras as rías de Pontevedra e Vigo. Esta área de conservación ocupa 1.419 ha. do concello Cangas do Morrazo, dos cales unha terza é espazo mariño.[1][2][3][4][5] Destaca por ser unha costa aberta con cantís e queirogais e polo sistema dunar das súas praias.[5]

Modelo:Xeografía físicaCosta da Vela
Imaxe
TipoZona de especial conservación
espazo natural protexido
Zonas de especial protección dos valores naturais Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCangas, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°18′N 8°54′O / 42.3, -8.9
Características
Superficie1.427,03326 ha Editar o valor en Wikidata
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 349380 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES1140010 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundacióndecembro de 2004 Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar
 
Litoral ata a punta Couso, que dá á ría de Pontevedra.
 
Litoral ata cabo Home, que dá á ría de Vigo.

O espazo natural é o litoral oeste da parroquia do Hio, e vai desde a praia de Couso e faro da punta do Couso, pasa polo Cabo Home e punta Robaleira, continúa incluíndo a praia de Melide e remata no sur coas praias da enseada da Barra: desde a de Barra á de Nerga. Ademais desa franxas do litoral, acollen as augas abertas e illotes de toda a enseada das Conchas e a costa de Soavela, que están entre o punta de Couso e o cabo Home. Esas augas mariñas supoñen o 29% do total da superficie do espazo protexido.[4][5]

No norte da costa occidental do espazo atópase a praias de Couso, preto da punta Couso. Entre os cabo Home e a punta Subrido, xa no sur do espazo, está a praia de Melide. Existe un continuo de praias interiores resgardadas na enseada da Barra, que é aquela que está desde a punta Subrido e en dirección leste protexida polo cabo. Estas praias xa están dentro da ría de Vigo e son a praia de Barra, de Viño e de Nerga. Nesta costa só existen varios regatos de caudal menor. Aqueles que existen na franxa de praias son o rego de Donón, que chega ao mar entre a praia de Barra e o cabo, e outros regatos. Na praia de Melide e rego na costa do Facho, na costa de Soavela, chegan outros regatos. Dous cumes do espazo destacables son o monte Facho e o monte de Melide.[4][5]

As calas e as baías deste litoral son de pouca profundidade e os esteiros de pouca extensión. No litoral existen espazos con furnas e arrecifes. Na barra de praias existen dunas tanto móbiles embrionarias como fixas e xa en procesos de descalcificación.[4][5]

Desde a costa da Vela pódense observar as rías de Vigo e Pontevedra e dende mar aberto as illas atlánticas: as illas Ons e Cíes.[6]

Flora e Fauna

editar

No litoral domina a vexetación de argazos a perenne, casmofítica e propia de costas nos cantís. Son frecuentes as matas de queirogais propios de zonas temperás, como Erica ciliaris e Erica tetralix, e das zonas secas europeas. Algunhas extensións son as dos prados secos e as zonas de gramíneas. En puntos como as ribeiras, existen algúns bosques de abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior). Ademais existen piñeiros, en especial a carón das praias e do mar.[4][5]

 
Cobra rateira na costa da Vela.

Esta costa conta cunha diversidade de aves relevante, 11 das cales están catalogadas como prioritarias en canto a súa conservación. Pódense destacar o paíño europeo (Hydrobates pelagicus), as movellas (Gavia stellata, Gavia arctica e Gavia immer) e os araos dos cons (Uria aalge).[4][5]

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Coenagrion mercuriale
Invertebrados Euphydryas aurinia
Invertebrados Lucanus cervus
Peixes Alosa alosa
Peixes Alosa fallax
Anfíbios Chioglossa lusitanica
Anfíbios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Phocoena phocoena
Mamíferos Rhinolophus euryale
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Mamíferos Tursiops truncatus

Patrimonio

editar

Patrimonio arqueolóxico

editar
 
Facho de Donón.

Dentro da costa da Vela está o petróglifo de Olleiros. Así mesmo, no linde deste espazo está o facho de Donón, unha garita de vixía do século XVII[7]. Alí existen restos dun santuario do deus Berobre.[6]

Patrimonio civil

editar

Neste litoral destacan os faros, que se atopan nos cabos. Son o faro de Punta Cousa, que se atopa nese cabo na ría de Aldán, e os faro de Cabo Home e faro da Punta, que están no cabo Home e na punta Robaleira, mirando á ría de Vigo.

Lexislación

editar

A Costa da Vela foi declarada como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][5]

Galería de imaxes

editar
  1. BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140010 Costa da Vela". Consultado o 10/9/2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "NATURA 2000 - Standard Data form: ES1140010 Costa da Vela". Consultado o 10/0/2019. 
  6. 6,0 6,1 Turgalicia. "Costa da Vela". Consultado o 14/11/2014. 
  7. Fran Zabaleta. "Facho de Donón – Cangas". Arquivado dende o orixinal o 23/10/2019. Consultado o 14/9/2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

Turgalicia: Costa da Vela.