Praia de Barra
A praia de Barra é un areal do concello de Cangas, situado ao final da península do Morrazo, na ría de Vigo, ao abrigo do cabo de Punta Subrido.
Praia de Barra | |
---|---|
![]() Vista da praia de Barra. | |
Coordenadas: 42°15′39″N 8°51′02″O / 42.26083333, -8.85055556 | |
![]() ![]() | |
Características xerais | |
Lonxitude | 750 m |
Largo medio | 30 m |
Grao de ocupación | Medio |
Grao de urbanización | Ningún |
Paseo marítimo | Si |
Características específicas | |
Tipo de area | Fina e branca |
Condicións do baño | Ondaxe moderada |
Praia nudista | Si |
Aspectos medioambientais | |
Zona protexida | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Medio a pé |
Sinalización do acceso | Si |
Localización e características editar
Está situada no lugar de Donón, rodeada de piñeiro autóctono e dunas. Forma un continuo areal xunto coa praia de Viñó, máis urbanizada, da que a separa un pequeno promontorio rochoso cunha pequena baía que serve de lugar de amarre para naves de recreo.
Esta praia foi unha das primeiras de Galiza onde se permitiu o nudismo, sendo na actualidade unha das máis afamadas praias nudistas do país.
Ao estar na boca da ría as augas do océano Atlántico están máis frías que nas praias interiores. Porén, a súa situación tamén ofrece unha auga moito máis limpa.
Forma parte do espazo protexido pertencente á Rede Natura 2000, de cabo Home e a Costa da Vela, e é veciña do parque nacional das Illas Atlánticas.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praia de Barra |