Donón, O Hío, Cangas

lugar da parroquia do Hío, no concello de Cangas

Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas, famoso polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres).

Donón
Facho 2.jpg
O Facho, en Donón.
ParroquiaO Hío
ConcelloCangas
Poboación173 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Existe a polémica de se facer aldea do Parque Natural e engadila ao Parque nacional das Illas Atlánticas. Os veciños están en contra debido á problemática que existe xa que non se permitiría a construción nin arranxo de vivendas ou parcelas; tanto de camiños como de rúas.[Cómpre referencia]

EtimoloxíaEditar

Donón é un termo derivado do celta "dunium"[Cómpre referencia], relaciónase co deus Donn "O Escuro", o deus celta da morte (era un dos fillos de Mil na saga irlandesa), consérvase unha casa de Donn na costa irlandesa onde se despedía ao morto na súa derradeira viaxe.

O Santuario do FachoEditar

Está coroado polo "Facho", un antigo santuario romano dedicado ao deus lar Berobreo. A escavación no Monte do Facho forma parte dun proxecto de investigación adicado ao estudo da romanización dos santuarios indíxenas no occidente hispánico. A primeira campaña levou ao achado do santuario de Berobreo ata agora descoñecido. Atopáronse máis de 180 aras, moitas delas in situ, e observouse a existencia dos lugares da súa colocación exacta. Algunhas localizacións forman parte dun recinto maior. O santuario dátase entre os séculos III-IV d.C. e construíuse enriba dun castro anteriormente abandonado. O primeiro asentamento parece datar da Idade de Bronce e ter un gran tamaño, o segundo xa pertencente á segunda metade do primeiro milenio é un castro da mediano tamaño. Foi abandonado pola grande influencia romana aínda que seguiu existindo como santuario de peregrinación sobre as ruínas do poboado.

PraiasEditar

Posúe dúas praias principais como lugar de peregrinación no verán, a de Melide e a de Barra, esta última unha das praias nudistas máis coñecidas de Galiza.

Galería de imaxesEditar

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do Hío, Cangas

Lugares e parroquiasEditar

Lugares do HíoEditar

Lugares da parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas

Donón | O Igrexario | Liméns | Nerga | Pinténs | Vilanova | Vilariño

Parroquias de CangasEditar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas

Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André)

NotasEditar

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Guía Completa del mundo Celta. Miranda Green. Oberón, 2004. É a versión en castelán do "Dictionary of Celtic Mith and Legend" (Thomas&Hudson, 1992).