Nerga, O Hío, Cangas
Nerga é un lugar da parroquia do Hío no concello pontevedrés de Cangas na Comarca do Morrazo. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña 500 habitantes (259 homes e 241 mulleres).
Nerga | |
---|---|
Praia de Nerga | |
Parroquia | O Hío |
Concello | Cangas |
Coordenadas | 42°15′28″N 8°49′42″O / 42.257777777778, -8.8283333333333 |
Poboación | 500 hab. (2011) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trátase dun dos lugares que forman parte da cultura Hioense. Tamén é o que ten máis quilómetros de praia.
A Ría de Vigo baña as praias de Nerga, que están protexidas de fronte polas illas Cíes, son as praias máis extensas da contorna. Ten dous frontes costeiros, nun deles limita con Viñó, nese atópase a praia de Nerga (ou Folla de Nerga) cunha lonxitude de aproximadamente 1 quilómetro de longo, separada por rochas da praia do medio e da de barra, tamén con grande lonxitude. No outro fronte ten fronteira con Liméns e alí pódense atopar praias pequenas coma Area das Patas, Os Castros, Temperáns...
A lenda di que o lugar no que se atopa o Con que preside a praia de Nerga foi antes ocupado por unha igrexa, e que se se mete a cabeza no interior da pedra aínda se pode oír o órgano da mesma tocando os salmos da época.
Lugares e parroquias
editarLugares do Hío
editarLugares da parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas | |
---|---|
Donón | O Igrexario | Liméns | Nerga | Pinténs | Vilanova | Vilariño |
Parroquias de Cangas
editarGalicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas | |
---|---|
Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André) |
Véxase tamén
editarNotas
editar- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 26 de abril de 2021.