Abrir o menú principal

San Salvador de Coiro é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cangas. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 6.817 habitantes (3.354 homes e 3.463 mulleres) distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 5.822 habitantes.

San Salvador de Coiro
Coiro.jpg
igrexa parroquial
Cangas parroquias.PNG
ConcelloCangas
ProvinciaPontevedra
Área7,50 km²
Poboación6.817 hab. (2016)
Densidade908,93 hab./km²
Entidades de poboación25

PatrimonioEditar

A parroquia ocupa os vales fluviais do río Bouzos e do seu afluente, o río da Presa. As actividades agrícolas e gandeiras están en declive. No seu tempo foron famosas as festas do entroido, das que destaca unha celebrada parodía da chegada dun tren. Desa ocasión e xa que as vías estaban instaladas con pouca pericia, vertían para atras, o tren nunca botou a andar e rodou cara atras até acabar no fondo dunha poza. Desde aí, na comarca ouviuse sempre o dito de que "os de Coiro camiñan para atras".

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar