Parque Nacional das Illas Atlánticas
As Illas Atlánticas son un parque nacional galego que abrangue os arquipélagos das Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora, todas elas nas Rías Baixas, e as súas aguas.[1][2][3][4] As illas de Sálvora e Cortegada atópanse na ría de Arousa, as Ons na boca da ría de Pontevedra e as Cíes pechando a ría de Vigo. Todas elas están nos exteriores das rías, agás a de Cortegada.[1]
Tipo | Parque nacional espazo natural protexido Parque Nacional de España ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Rede de Parques Nacionais de España ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | provincia de Pontevedra, España, provincia da Coruña, España e Galicia, España ![]() | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 85 km² 8.542,62033 ha ![]() | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 5 de febreiro de 2018 | |||
Identificador | 6286 | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Área protexida da rede Natura 2000 | ||||
Identificador | ![]() ![]() | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1 de xullo de 2002 ![]() | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 190.000 (2009) ![]() | |||
Sitio web | reddeparquesnacionales.mma.es… ![]() | |||
Este parque declarouse o 1 de xullo do 2002 co nome de Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza, o que o converteu no primeiro e único parque nacional de Galiza[5] e no décimo terceiro a nivel estatal. Con esta declaración inténtase protexer o litoral, a paisaxe e os ecosistemas terrestres e mariños destas illas, que forman unha barreira natural na plataforma continental eurosiberiana. Namentres que no medio terrestre destacan os sistemas dunares e cantís das illas, nas augas destacan a biodiversidade das formacións rochosas e os areais, que contan con bosques de algas pardas e múltiples especies de peixes e bivalvos.[3] A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade paisaxística, xeomorfolóxica e cultural deste territorio e coa finalidade de protexer unha mostra representativa dos sistemas costeiros atlánticos.[6] O valor deste parque vai desde o científico e educativo ata o recreativo.[5]
Xeografía
editarAs illas que forman o parque atópanse na plataforma continental das rías baixas galegas: as rías de Arousa, Pontevedra e Vigo. Na primeira está o arquipélago de Cortegada, no seu interior, e o arquipélago de Sálvora, no seu exterior. O arquipélago das Ons, formado principalmente polas illas de Ons e Onza, está no exterior da ría de Pontevedra. Por último, as illas Cíes pechan a ría de Vigo. Este arquipélago fórmano as illas de Monteagudo, do Faro e de San Martiño.[8][9]
A superficie de 8.480 hectáreas do parque distribúese do seguinte xeito:
Arquipélago | ha marítimas |
ha terrestres |
---|---|---|
Arquipélago das Cíes | 2.658 | 433 |
Arquipélago de Cortegada | 147,2 | 43,8 |
Arquipélago de Ons | 2.171 | 470 |
Arquipélago de Sálvora | 2.309 | 248 |
Arquipélagos integrantes
editar- Arquipélago de Ons: as illas Ons forman un arquipélago situado na boca da Ría de Pontevedra, nas coordenadas 42°22′50″N, 8°56′00″O. O arquipélago forma a parroquia de San Xoaquín da Illa de Ons de Bueu. Componse da illa de Ons, a única illa do parque nacional habitada durante todo o ano, a illa de Onza ou Onceta, e outros pequenos illotes, entre os que destacan O Centolo, O Gaiteiro ou As Freitosas. A maior das illas, Ons, é de 5,5 km de longo e 0,88 km de ancho. Chega a unha altitude de 119 metros, onde se localiza o seu faro. Namentres que a costa oeste está formada por cantís con múltiples furnas, como O Buraco do Inferno, a costa leste conta con dunas e areais, como a praia e duna de Melide ou a praia das Dornas. Destacan da illa de Ons os asentamentos e etnografía das súas poboacións. A illa de Onza, máis pequena ca Ons, está deshabitada.[3][2]
-
Arquipélago de Ons
-
O arroaz é o mamífero mariño máis abondoso nas augas do arquipélago
-
Na illa atópase unha das colonias galegas existentes de paíño europeo
- Arquipélago de Cíes: as illas Cíes forman un arquipélago situado na boca da ría de Vigo. Pertencen á parroquia de San Francisco de Fóra de Vigo[Cómpre referencia], e atópanse nos 42°15' de latitude norte, e nos 8°54' de latitude oeste. Este arquipélago fórmano as illas de Monteagudo (ou do Norte) e do Faro (ou do Medio), que están unidas por un dique artificial e pola praia de Rodas, e a illa de San Martiño (ou do Sur). As illas varían en lonxitudes de 1,5 a 3 km e chegan a un máximo de altitude de 197 m, no Alto das Cíes, no norte da illa de Monteagudo. A vertente oeste das illas conta con cantís acusados e praias e chairas cara ao leste. As agora despoboadas illas contan con ruínas de castros, mosteiros ou fábricas de sal.[3][2]
-
Vista das illas Cíes dende a Costa da Vela, Cangas
-
O arquipélago ten a maior colonia de corvo mariño cristado de Europa (25% da poboación mundial)
-
Outrora abundantes, as poboacións de gaivota patiamarela (Larus michahellis) sufriron unha importante diminución en toda a costa galega
-
Nos areais das Cíes atópase a maior poboación galega de camariña, case extinta na actualidade
- Arquipélago de Cortegada: a illa de Cortegada e as illas de Malveira Grande e Chica, Briñas e o illote de Con son un arquipélago interior da ría de Arousa, na desembocadura do Ulla, no concello de Vilagarcía de Arousa. Cortegada é unha illa de 1 km de longo de 0,5 km de ancho que non supera os 19 m de altitude. Destaca pola súa densidade arbórea, en particular polo seu bosque de loureiros, de especial interese botánico: é o maior dos peninsulares e dos maiores europeos. Ademais posúe unha gran diversidade micolóxica. Na illa de Malveira destaca o bosque de cerquiños.[3][2]
-
Panorámica do Carril e a illa ao fondo.
-
Na illa atópase o maior bosque de loureiro da península Ibérica e un dos maiores de Europa
-
Mazarico chiador. A illa destaca pola súa riqueza en aves limícolas
- Arquipélago de Sálvora: a illa de Sálvora, e outras múltiples illas pequenas e illotes como os de Vionta, Noro, Herbosa ou Sagres, atópanse preto da entrada da ría de Arousa, e pertencen ao concello coruñés de Ribeira. Está separado da terra firme por unha distancia duns 3 km polo norte, onde aparecen os outros illotes. Posúe unha extensión de preto de 190 ha, unha lonxitude de 2,5 km e 1 de ancho, e ten unha altitude máxima de 73 m. A illa de Sálvora conta con praias de area, cantos graníticos arredondados e un relevo orográfico suave. A súa costa oeste é máis rochosa e a leste máis areosa, con praias como as do Almacén, dos Bois ou dos Lagos. Conta cun lugar abandonado e un faro aínda en uso.[3][2]
-
A gaivota escura ten a súa maior colonia galega na Illa de Sálvora
Arquipélagos e illas aspirantes
editarÁ parte das xa declaradas como parte do conxunto do parque nacional, existen outras illas galegas en proceso de valoración ou que diferentes colectivos reclamaron que se incluísen dentro do parque. É o caso das illas Lobeiras, as Sisargas, a de San Simón e a de Tambo.
Nalgúns casos, esa inclusión viuse dificultada pola titularidade deses territorios insulares. Foi o que aconteceu coas illas Sisargas e as Lobeiras,[10] e tamén coa illa de Tambo.[11]
No caso desta última, a máis próxima ás demais illas declaradas, ademais da cuestión da titularidade pesou tamén na súa contra a falta de continuidade co resto do parque, xa que se atopa no interior da ría pontevedresa.[11][12][13] Con todo, o Goberno chegou a negociar a compra de terreo da illa para incluíla no parque.[14] Ao non callar este proceso, avaliouse a posibilidade de incluír Tambo dentro dun novo espazo natural protexido diferente ao parque nacional,[12] pero esa hipotética declaración da illa como protexida baste coa relativa sucidade das augas no interior da ría, provocada pola fábrica de celulosas de Marín.[Cómpre referencia] A isto hai que engadir o feito de que fose durante décadas un espazo de uso militar ata a súa recente desocupación.[15]
Os organismos locais tamén reclamaron a inclusión das illas Sisargas de Malpica ou as Lobeiras de Corcubión dentro do parque. Do mesmo xeito, a titularidade privada dos terreos e a distancia coas demais illas atlánticas impediron a súa inclusión dentro do parque.[10][11] De feito, as illas Lobeiras son de propiedade municipal e o consistorio local reclamou na década de 1990 a súa inclusión dentro do futuro parque nacional.[16] Con todo, as illas Sisargas forman parte do ZEC Costa da Morte e da ZEPA Costa da Morte (Norte)[17] e as illas Lobeiras están dentro do ZEC Carnota - Monte Pindo[18].
Orografía
editarminiatura|300px|As Cíes desde o Alto do Príncipe, onde se pode observar a diferenza de alturas entre a costa exterior e interior do arquipélago. As illas atlánticas teñen un relevo e orientación determinada pola súa formación xeolóxica, que estivo ligada á aparición das rías e ás fallas variscas de orientación N-S e NE-SO da costa atlántica galega.[8]
No caso dos arquipélagos das Cíes e Ons as illas son de morfoloxía suave, de pouca altitude, mais cunha diferenciación entre as pendentes das vertentes leste e oeste. As maiores altitudes das illas danse na costa que mira a augas abertas.[4][9] Nesa face os cantís son elevados e están máis expostos ás ondas do exterior das rías. A vertente que mira ao interior das rías posúe rochedos de pouca pendente e praias.[9][4] A maior elevación da illa de Ons é o Alto de Ons, a 116 m sobre o nivel do mar, e en Onza, o punto máis alto acada os 71 m. No caso das Cíes, na illa de San Martiño chégase aos 172 m de altitude, no monte do Faro aos 172 m, na illa de Monte Maior acádanse os máximo de 183 m e de 197 m no Alto das Cíes.[4][19]
As illas dos arquipélagos de Sálvora e Cortegada son de pendentes miúdas e de contornas arredondadas e planas. No caso de Sálvora as maiores altitudes danse pola presenza de cons e formacións graníticas. Cortegada está no interior da ría e o seu relevo é case de chaira, cun litoral de chairas e rochedos.[9] A máxima altitude en Sálvora é de 69 m e en Cortegada, de 19 m.[19]
Hidroloxía
editarminiatura|Lavadoiro no rego das Ons ao seu paso polo Cano, preto da Area dos Cans. A escasa superficie das illas e a súa posición no exterior das rías fan que, con algunhas variacións entre elas, a súa hidroloxía sexa superficial, de poucos acuíferos e bacías pequenas. As correntes dos regos son ocasionais, en particular despois de choivas.[4]
No arquipélago das Ons só existen na illa de Ons. Alí atópanse 11 fontes e mananciais estacionais. No arquipélago das Cíes existen 6 mananciais na illa do Faro, 2 na e Monteagudo e 4 na de San Martiño. En Sálvora coñécense 4 mananciais e en Cortegada só 1, onde estivo a poboación da illa.[4]
Clima
editarAs rías baixas, onde están situadas as illas atlánticas, contan cun clima oceánico de altas precipitacións e unha estacionalidade moderada; isto é, a variación de temperatura e choivas non é acusada.[8] En particular, as illas atlánticas teñen un clima determinado en esencia pola latitude e a oscilación do Atlántico Norte (a "NAO"), e definido polas altas presións das illas Azores e as baixas de Islandia.[9]
No inverno os ventos do sur dominan e traen consigo humidade e unha temperatura morna. A auga do litoral, pobre en nutrientes, afunde no exterior da plataforma continental. Ademais, o aumento de choiva durante o inverno aumenta a entrada de auga fluvial desde o interior ao exterior das rías, bañando as illas. Na primavera e outono dominan os ventos do norte, que son secos e fríos. Este proceso regula o afloramento das augas árticas. A comezos da primavera e no outono prodúcense fenómenos de afloramento desas augas frías, que achegan nutrientes ás augas superficiais e estimulan o afloramento de algas. Entre eses dous períodos dáse un proceso de estratificación das augas por quecemento da auga superficial, o que comporta o esgotamento dos nutrientes na augas superficiais.[8]
As precipitacións nas illas son menores que no litoral continental, xa que a súa baixa altura non impide o paso das nubes. Por mor disto os veráns nas illas son máis secos e escasea a auga.[9] A temperatura terrestre das illas está entre os 13 e 15 °C, e é máis moderada que no litoral próximo. Chega a máximos de 20º de xullo a agosto e a mínimos de 10º de decembro a xaneiro.[4] As súas augas están en temperaturas superficiais de arredor 14 °C.[9]
Os ciclos da NAO crean un ciclo de entre 3 e 7 anos de invernos cálidos, con máis humidade e tormentas, e invernos fríos e secos. De feito, estes períodos da NAO afectan á intensidade dos afloramentos de auga.[8]
Xeoloxía
editarFormación
editarOs arquipélagos do parque forman parte do macizo Hespérico, que se formou durante a oroxénese herciniana. Este territorio do macizo erosionouse durante o mesozoico e distendeuse durante o pérmico, cando o continente Panxea comezou a separarse e o océano Atlántico a formarse. A oroxénese alpina do terciario e a posterior distensión deu lugar aos bloques orientados de N-S e N-L da actual costa galega na placa Ibérica.[8] Os movementos da placa, os procesos de erosión fluvial derivada da formación da cordilleira cántabra-pirenaica e os montes de León, e a baixada do nivel do mar do cretáceo superior acentúan os vales dese litoral. Foi a última glaciación e a posterior suba do nivel do mar, que comezou no cuaternario hai 2,6 millóns de anos, a que formou as rías galegas e estas illas nas súas bocas.[8][4] Igual que as rías, as illas están aliñadas en dirección NO-SE na plataforma continental. Antes da súa inundación foron cumes do litoral galego.[8]
Composición
editarO substrato de rochas do parque atópase dentro do dominio xistoso da zona de Galicia-Tras Os Montes do macizo Hespérico.[4]
No parque dominan as rochas graníticas, seguidas das lousas e xistos, cunha alta fracción de cuarzo. Están presentes tamén, inda que nunha fracción reducida, os depósitos cuaternarios. As Cíes e Ons son similares en canto á súa composición, xa que en esencia están formadas por rochas graníticas alcalinas. Ora ben, nas Ons as lousas e xistos, así como os depósitos cuaternarios, teñen unha maior presenza.[4]
No arquipélago de Sálvora dominan as rochas graníticas calcoalcalinas. Están presentes ademais as granodioritas biotítica-anfibólica nas que o graos son grosos e en xeral de cuarzo, plaxioclasio ou biotita. Aquí teñen tamén unha representación significativa os depósitos recentes cuaternarios, como as praias de area e os depósitos coluviais.[4]
Pola contra, en Cortegada case o 80% son rochas metamórficas silíceas, isto é, xistos e paragneis. As rochas graníticas alcalinas representan arredor do 20% e aparecen como intrusión dos outros substratos formando bandas paralelas.[4]
Xeomorfoloxía
editarminiatura|Bloque granítico nas Ons fracturado e con ocos formados por diferentes procesos xeolóxicos miniatura|Buraco do Inferno na Ons Os arquipélagos mostran unha alta variedade de paisaxes. Namentres que as Cíes e as Ons son arquipélagos alongados con dúas faces diferenciadas (unha elevada e outra chaira), Sálvora e Cortegada son illas arredondadas e chairas.[8][4]
Nas illas atlánticas os cantís acusados danse na vertente occidental. Alí destacan as formacións de erosión das rochas graníticas e metamórficas das illas, que son un substrato que se fractura e erosiona en diferente grao e que moldean as ondas e o vento. Cabe subliñar que as rochas graníticas son máis resistentes á erosión que as metamórficas. A erosión xunto cos procesos de meteorización dan lugar a formacións como os bloques e bolos, alvéolos ou pías. Os bloques son fracturacións e os bolos son grandes bloques arredondados que se forman pola erosión e meteorización dos bloques. Os alvéolos, as pías e os taffonis[20] fórmanse por procesos de alteración ou exfoliación dos bolos.[8]
Nesta costa fórmanse ademais pequenos coios, que caen fracturados e se moldean grazas ás ondas do mar, e se acaban depositando en praias desta zona do litoral.[8] Tamén nesta vertente das illas, en especial as Cíes e Ons, aparecen coluvións, derrubes, covas mariñas e furnas[21], que se formaron pola erosión dos cantís.[8][4] Tamén se aprecian marmitas.[8]
No litoral interior das illas Cíes e Ons predomina a formación de illas e os cantís son menos acusados, pois non superan os 10 m. As praias de area acadan lonxitudes importantes e contan con cordóns dunares ou mantos areosos na súas cabeceiras. Como exemplos, a praias de Rodas ou a de San Martiño, nas Cíes, ou as de Canexol e Melide, nas Ons, están preto ou superan o quilómetro de longas. Nas Cíes cómpre subliñar que a praia de Rodas é un sistema de barreira-lagoa que conecta as illas Monteagudo e Faro e que no seu interior alberga unha lagoa, o lago dos Nenos. Porén, en Sálvora, as praias, como a de Zafra ou a de Vionta, ocupan todo o litoral pero son menores en tamaño. No caso de Cortegada, estando no interior da ría, as dúas praias que ten están modeladas polas mareas da ría.[8][4]
Tamén están presentes nas illas os sistemas de cordóns dunares, como na praia de Melide, nas Ons, ou na illa de Vionta de Sálvora.[4]
Edafoloxía
editarOs solos das illas atlánticas son, polo xeral, dunha estrutura pouco desenvolvida, ácidos e cunha fertilidade reducida. Neles predomina a fracción de area, cunha parte de limos e arxilas que non supera o 15%. Entre os presentes destacan os solos ligados aos depósitos coluviais, como é o caso das Ons, por acadar maior profundidade e estar máis desenvolvidos. Os solos das illas sofren unha seca importante durante a tempada estival.[4]
Biodiversidade
editarEcosistemas mariños
editarminiatura|300px|Augas entre a illa do Faro e de San Martiño das Cíes. O espazo protexido deste parque non se limita só ao medio terrestre senón que se estende a todo un espazo mariño arredor dos arquipélagos, que chega nalgúns puntos ata os 70 metros de profundidade. De feito, a área mariña protexida é o 86% da superficie total.[9] Malia a estar nunha zona (as rías) onde a actividade humana é importante e a súa presión sobre o espazo significativa, esta área mariña conta cunha biodiversidade importante e alberga ecosistemas en bo estado de conservación.[9] Considerando os crustáceos, os poliquetos, os moluscos, os equinodermos e as macroalgas, estes ecosistemas mariños acollen un mínimo de 871 especies.[4]
As especies de interese do parque habitan nas zonas bentónicas, planctónicas e nectónicas do atlántico galego e están baixo as condicións das principais correntes deste litoral, dos afloramentos que chegan ás rías e das mareas.[9]
Nos hábitats mariños máis superficiais, como o supramareal e o intermareal, grazas ás formacións que crea a liña de costa e ós depósitos desta, existe un amplo abano de hábitats: rochedos, covas e furnas ou paredes. No supramareal dominan as especies terrestres, como plantas e liques adaptados á alta salinidade, inda que xa aparecen caramuxos como Littorina neritoides ou cunchiñas de mar como Ligia oceanica. Xa no intermareal as especies presentes dependen de canto están somerxidas polas mareas. Aí habitan bivalvos como os mexillóns e percebes, ou lapas como Patella spp.; gasterópodos como bígaros (p.ex. Littorina neritoides ou Nucella lapilus); ou algas calcarias como Lithophyllum. Nas pozas das rochas poden existir microhábitats onde a auga está continuamente presente, e neles alóxanse as anemones como Anemonia sulcata ou camaróns como Palaemon serratus.[9]
No submareal dominan os grandes bosques de algas pardas de gran tamaño, fundamentalmente as Saccorhiza polyschides, Laminaria ochroleuca e a Laminaria hyperborea. Estas macrófitas forman bosques somerxidos que acollen especies de poliquetos, lapas, centolas, nudibranquios ou peixes como os congros. Entre estas algas adóitanse dar espazos dominados polas anemones, como Anemonia viridis. Ademais unha fanerógama acuática importante pola súa abundancia é a Zostera marina.[4] Nas áreas do submareal onde aparecen pendentes de rochas escasean as algas e dominan os equinodermos e os ofiuroideos. Nas covas destas zonas atópanse corais de Alcyonium spp. e aparecen as esponxas Clionacelata.[9]
No submareal as especies de algas reducen en tamaño e dominan os areais, os substratos de grava ou os lodos.[4] Aí aumenta a presenza de bivalvos, como as vieiras, os berberechos ou as navallas, xa que ou son arenícolas ou ocupan os ocos destes substratos. Tamén dominan os crustáceos, como os cangrexos ermitáns ou os ourizos de mar, equinodermos e peixes planos.[9][4]
Nesta rexión atlántica destacan os fondos de Maërl, que son depósitos de algas coralinas submareais, polo xeral non xeniculadas, que forman xeometrías como de pólas de árbores moi ramificadas. Estes hábitats galegos fórmanos as especies Lithothamnion corallioides e Phymatolithon sp.. Son espazos que ofrecen multitude de nichos para outras especies. Empréganos os bivalvos como as ameixas rubias, gasterópodos como o cangrexo Pisidia longicornis, poliquetos ou as fases xuvenís doutras especies.[9][4] Os fondos de Maërl supoñen cando menos 2,3 km2 do parque.
Igual que estes fondos de Maërl, e ás veces mesturados con eles, outro hábitat submareal a destacar son os depósitos de cascallos.[9][4] Neles habitan especies como o polbo.[9]
Na zona peláxica están presentes o plancto e o necto. Entre estes últimos, dominan os bancos de areeiros (Ammodytes tobianus) e de xardas (Scomber scombrus), ou peixes que non van en mandas como o sanmartiño (Zeus faber). Cómpre destacar a presenza de cetáceos, como os arroaces (Tursiops truncatus) e golfiños (Delphinus delphis), as toniñas comúns (Phocoenaphocoena) e os caldeiróns (Globicephala melas).[9]
As especies mariñas presentes no parque e que teñen un interese particular de protección[22] na Rede Natura 2000[23][24][25], a nivel estatal ou dentro do convenio de Berna son:
Especie | Nome común |
---|---|
Phocoena phocoena | Toniña común |
Tursiops truncatus | Arroaz |
Alosa alosa | Zamborca |
Alosa fallax | Sabella |
Petromyzon marinus | Lamprea |
Pomatoschistus microps | Mógaro común |
Pomatoschistus minutus | Mógaro da area |
Hippocampus hippocampus | Cabalo de mar de fociño curto |
Hippocampus ramulossus | Cabalo de mar de fociño longo |
Ademais, tamén están catalogadas no rexistro galego de especies clave [26] ou no convenio de Berna[4] un equinodermo, un cnidario, catro gasterópodos, dous réptiles (que teñen pasos migratorios polas augas das illas) e dúas especies de algas (as que forman os fondos de Maërl e novos nichos que acollen unha alta diversidade mariña).
Especie | Nome común |
---|---|
Echinus esculentus | Ourizo |
Eunicella verrucosa | Gorgonia |
Lithothamnium corallioides | Coral |
Phymatholithon calcareum | Coral |
Charonia lampas subsp. lampas | Buguina nodosa |
Pholas dactylus | Folada |
Ranella olearium | Buguina xigante |
Schilderia achatidea | Caracola |
Caretta caretta | Targaruga mariña común |
Dermochelys coriacea | Tartaruga de coiro |
Ecosistemas terrestres
editarA superficie terrestre do parque só ocupa o 14% do total, e inda así a súa biodiversidade, menor ca a mariña, é de interese para a conservación.[9]
Flora
editarA vexetación de cada arquipélago varía lixeiramente e perfila diferentes paisaxes. Ademais, as especies que aparecen en cada lugar das illas están adaptadas ás condicións de salinidade, ós substratos areosos ou á exposición aos refachos que dominan en cada área.[9]
Nas Cíes a vexetación é máis variada e a composición da flora muda desde as dunas ata os cumes. Namentres que nos altos prevalecen as especies de toxos, nas zonas de menos altitude atópanse bosques de acacias, eucaliptos e piñeiros. A flora asociada ás dunas ou ás furnas e rochedos da costa domina no seu litoral.[9]
As Ons, pola contra, teñen unha orografía máis suave e a vexetación varía en parches. Atópanse bosques de acacias, eucaliptos e piñeiros e mais algúns salgueiros en pequenos recunchos. Nos seus cantís dominan as formacións de armerias, como A. pubigera.[9]
En Sálvora a vexetación é baixa e, ao estar asociada ás formacións graníticas, está dominada polas especies herbáceas como os toxos e os fieitos. Nos cantís e nos illotes deste arquipélago domina a vexetación baixa e adaptada aos refachos de vento. Nalgúns espazos dos illotes existe flora dunar.[9]
En Cortegada dominan os bosques densos de carballos, loureiros e salgueiros con especies rubideiras neles. Nalgúns casos hai piñeiros e eucaliptais. Nos illotes, porén, volven a dominar as especies herbáceas e danse algúns cerquiños.[9]
-
Piñeiral nas Ons
-
Helichrysum italicum spp serotinum nas Cíes
-
Cytisus insularis nas Ons
-
Flora dunar nas Cíes
As especies en perigo de extinción e catalogadas como especies ameazadas son[27][4]:
Especie | Nome común |
---|---|
Cytisus insularis | Xesta de Ons |
Erodium maritimum | Herba da agulla |
Linaria arenaria | Paxariños |
Linaria aguillonensis | Paxariños amarelos |
Omphalodes littoralis subsp. gallaecica | |
Rumex rupestris | Labaza de ribeira |
Fauna
editarSalvando os invertebrados, a fauna terrestre das illas supera as 150 especies, a maior parte delas, aves.[9]
Invertebrados
editar[[Archivo:Podalirio_ibérica.jpg|miniatura|200px|A bolboreta papiliónida Iphiclides podalirius.]] Os grupos de invertebrados mellor estudados das illas son coleópteros e os lepidópteros.[9]
Os endemismos de coleópteros das illas están fundamentalmente nos cantís e toxeiras das Cíes e áreas achegadas. Algunhas especies que cabe citar son Stenosis oteroi, Tetramelus parvus e a especie descrita na illa Ernobius vinolasi. Algúns endemismos, como Ergates faber ou Lucanus cervus, habitan os piñeirais e viven nas madeiras, furándoas. Porén, as vacalouras só están presentes en Cortegada, probablemente polo feito de que alí hai carballeiras.[9]
Os lepidópteros atópanse en diferente grao en todas as illas,[9] e entre eles cabe destacar a bolboreta arlequín (Zerynthia rumina), en perigo de extinción, ou endemismos como o macaón (Papilio machaon) ou Brithys crini.
Outros invertebrados de interese presentes nas illas son os ortópteros, como o grilo Callicrania seoanei e a cascuda Ectobius brunei, e os gasterópodos terrestres como a lesma Geomalacus maculosus.[9]
As especies catalogadas do parque son[4][28]:
Especie | Nome común |
---|---|
Geomalacus maculosus | Lesma |
Euphydryas aurinia | Bolboreta |
Cerambyx cerdo | Escaravello |
Lucanus cervus | Escornabois |
Anfibios e réptiles
editarAs illas acollen poucas especies de anfibios e réptiles, pero as especies presentes son de interese por tratarse de endemismos ou por teren as súas poboacións reducidas.[9]
As píntegas comúns (Salamandra salamandra) limítanse case ás Ons e son totalmente vivíparas (algo que non se dá nos individuos desta especie no continente). O tritón común (Lissotriton boscai) está presente só nas Ons e Cortegada. As ras Discoglossus galganoi estiveron en todas as illas do parque mais agora están en declive e preto de chegar á extinción.[9]
Pola contra, os réptiles son máis abundantes. O lagarto ocelado (Timon lepidus) e a lagarta ibérica (Podarcis hispanica) son comúns en todo o parque. Como excepción, esta última non está en Cortegada mais si a lagarta galega (Podarcis bocagei), probablemente pola maior proximidade á costa continental.[9]
Os escánceres Anguis fragilis e Chalcides striatus son comúns en todo o parque e o Chalcides bedriagai nas Cíes. Esta última especie está en serio risco de extinción.[9]
As cóbregas están presentes no parque inda que abundan pouco. Viven nel a lisa meridional (Coronella girondica), a viperina (Natrix maura) e a de escada (Rhinechis scalaris). Esta última é a maior en tamaño e só está nas Ons.[9]
Algunhas das especies catalogadas como de interese de protección do parque son[4][29]:
Especie | Nome común |
---|---|
Discoglossus galganoi | sapo raxado |
Lissotriton boscai | tritón común |
Chalcides bedriagai | esgonzo ibérico |
Podarcis bocagei | lagarta galega |
Aves
editar[[Archivo:Cormoranes_Moñudos_en_las_Islas_Cíes_2.jpg|miniatura|dereita|300px|Cormorán mariño cristado nas Cíes.]] A importancia avifaunística está claramente determinada polas importantes poboacións de aves mariñas que usan todos os arquipélagos, ben como zonas de cría, ben como pousadoiros ou áreas de alimentación durante o inverno ou os pasos migratorios.
O número de especies de aves protexidas ou catalogadas pola lexislación supera as 100 especies. É por iso que as illas Ons e Cíes foron declaradas como ZEPA.[4]
As illas oceánicas albergan as maiores colonias de cría da gaivota patiamarela (Larus michahellis), con máis de 31.000 parellas, o que representa máis do 10% da poboación total e o núcleo máis importante do mundo. Así mesmo, os efectivos do corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) poden roldar as 2.000 parellas, cantidade que supón un 70% da poboación ibérica e sitúa estas illas entre os principais núcleos da especie en Europa. De menor magnitude, pero de grande interese por tratarse de aves de distribución moi localizada en España, son as poboacións de gaivota escura (Larus fuscus) (60-70 parellas) e de paíño pequeno (Hydrobates pelagicus) (mínimo de 19 parellas).
Entre as aves mariñas que non aniñan destaca o furabuchos balear (Puffinus mauretanicus), endemismo en perigo crítico de extinción, que utiliza as augas do parque nacional como área regular de parada migratoria en cantidades importantes (ata máis de 1.000 exemplares en ocasións), así como o arao dos cons (Uria aalge). Esta especie considérase extinguida localmente xa que non aniña desde o 1988, pero forma concentracións durante a invernada e a migración. O corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) utiliza principalmente as illas como lugares para durmir, e nelas repousa unha gran parte dos exemplares que se alimentan de día nas rías (1.500-2.000 exemplares).[Cómpre referencia]
A avifauna non mariña de cantil ten importancia de conservación por ser un espazo no que se atopan protexidas dentro das Rías Baixas. Inda así, os efectivos de todas as especies son escasos e varias delas atópanse xa en situación crítica. Entre elas destacan o falcón peregrino (Falco peregrinus) (3-5 parellas), a pomba das rochas (Columba livia), o andoriñón real (Apus melba) (25-30 parellas), a choia biquivermella (Pyrrhocorax pyrrhocorax), a gralla pequena (Corvus monedula) e o corvo grande (Corvus corax).[Cómpre referencia]
Mamíferos
editarEn comparanza cos ecosistemas continentais próximos, as illas non destacan pola súa diversidade de mamíferos.[4] Son comúns os coellos, os ratos, o rato de campo (Apodemus sylvaticus) e a rata negra (Rattus rattus). Tamén están presentes os furaños comúns (Crocidura russula), o ourizo cacho (Erinaceus europaeus) —só en Cortegada[9]— e as toupas (Talpa occidentalis).
Existen polo menos cinco especies de morcegos no parque. Un caso salientable é o do morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferromequinum), xa que está en grave risco de desaparición.
A lontra, aínda que tamén estivo en risco, atópase nas Ons e en Sálvora.[9]
Cómpre citar a presenza e interese de conservación das seguintes especies[4][30]:
Especie | Nome común |
---|---|
Rhinolophus ferrumequinum | Morcego de ferradura grande |
Eptesicus serotinus | Morcego das hortas |
Lutra lutra | Lontra |
Patrimonio
editarO Parque Nacional das Illas Atlánticas conta con patrimonio de diferentes períodos históricos e culturalmente ligado á costa.
Patrimonio arqueolóxico
editarminiatura|300px|Xacemento dunha salgadeira romana (século I-IV) na praia de Canexol, nas Ons[31] Existen restos arqueolóxicos en case todo o territorio do Parque, en particular nas Cíes e nas Ons.[9][4]
Os restos do Paleolítico e do Neolítico non permiten identificar asentamentos estables nas illas. Porén, nas Cíes atopáronse bifaces e poutadas empregadas para a pesca ou marisqueo, e nas Ons raspadores feitos de gneis e tallados en granitos destes períodos. Así mesmo, preto do Montefaro das Cíes destaca un posible lugar de culto druídico e unha ara de sacrificios. Nas Ons existen petróglifos no Chan da Pólvora e na Laxe.[9][4]
As illas si estiveron poboadas na Idade de Ferro, pois existen castros e restos de poboados deste período. Nas Cíes destaca o castro das Hortas que acolleu ata cinco vivendas e onde se atoparon restos de cerámica, aras ou ferramentas de pesca. Nas Ons atópase outro castro no Alto da Altura, o chamado Castelo dos Mouros. Ao pé deste castro existe unha cova, a Cova dos Mouros, e que puido ser a entrada ao castro. No norte das Ons está tamén o Castro da Cova da Loba. Ademais, en Cortegada existen restos de cerámica deste período.[9][4]
Durante o período romano tamén houbo unha ocupación das illas da que quedan restos. Nas Cíes atopáronse ánforas, colares e mesmo un anel cunha inscrición que indica unha orixe militar. Nas Ons, descubriuse a factoría de salgadura na praia de Canexol,[31] así como petróglifos na Laxe, datados desde o século IV a C. ao II d.C. En Cortegada acháronse varias ánforas e pecios desta época.[9][4]
Patrimonio arquitectónico
editarA illa de Ons, a habitada de xeito máis constante durante a historia, destaca pola súas casas mariñeiras e hórreos, así como polas fontes e lavadoiros, aínda en uso. Nas Cíes podemos atopar patrimonio como os muíños de sifón da enseada da Concela. E en Sálvora e A Cortegada quedan aínda restos das súas aldeas, hoxe abandonadas.[9][4]
Tanto nas Cíes como nas Ons destacan as fortificacións do século XIX. Nas primeiras consérvanse restos dos almacéns de artillería, do cuartel de carabineiros e do cárcere[9][4] preto da praia de Nosa Señora da Monteagudo. Nas segundas, arredor do faro podemos ver a fortificación de Pereiró e a do Curro, tamén chamada castelo da Roda.
En Sálvora destaca o pazo dos Marqueses, construído en 1779 por causa da fábrica de salazón do Almacén. Ademais, pódense ver cruces conmemorativas de naufraxios, como o que recorda aos náufragos do buque Santa Isabel, ou monumentos como a Serea do Mar, que homenaxea as mulleres que arriscaron as súas vidas no salvamento dos náufragos dese mesmo buque.[9][4]
En Cortegada pódense citar os restos do hospital de 1652, que se abandonou no século XVIII, e as ruínas dun cuartel.[9][4]
-
Hórreo no Canexol, nas Ons
-
O Almacén de Sálvora
Faros
editarNas Cíes existen catro faros. Un atópase na illa Sur e os outros tres na illa Norte. O primeiro faro, o das Cíes, construíuse en 1852 no Montefaro. Os outros tres, os do Peito, do Príncipe e de Bicos, construíronse xa no século XX para sinalizar a entrada á ría de Vigo.[9][4]
As Ons contan co Faro de Ons, que se construíu en 1865 no monte do Cucorno. Este faro reconstruíuse sobre o primeiro en 1926, engadíndolle vivendas, almacén e un taller.[9][4]
En Sálvora construíuse un faro en 1852, na punta Besugueiros. En 1921 ergueuse outro en lugar do anterior, que segue en activo.[9][4]
Os faros das Ons e Sálvora contan con persoal que os mantén en funcionamento; os das Cíes funcionan de xeito automatizado.[9]
-
Montefaro nas illas Cíes
-
Faro da Porta nas Cíes
-
Faro de Ons
Patrimonio relixioso
editarNas Cíes atópase unha capela e un altar así como un mosteiro, todos de orixe recente. O mosteiro é o de Santo Estevo, situado na illa do Faro. A capela está dedicada á virxe do Carme e data de 1963. Na illa do Sur existe tamén un pequeno altar de 1930, que foi empregado por unha sociedade de caza.[9][4]
Nas Ons pódese sinalar a capela de San Xaquín e a súa casa reitoral, no Canexol; así como unha igrexa recente, asentada no barrio do Curro tamén co seu cruceiro e cemiterio.[9][4]
Na illa de Sálvora consérvase a capela de Santa Catarina, no seu momento unha taberna. Na illa de Cortegada quedan restos dunha ermida, a da virxe de Cortegada, e dun mosteiro. A ermida, arestora en ruínas, data do século XIV e mudou de lugar na illa unha vez. Ademais, existen tamén varios cruceiros, como o da punta Corveiro ou o da capela na Malveira Grande.[9][4]
-
Cruz cristiá nas Cíes
-
Capela de San Xaquín en Canexol, nas Ons
-
Igrexa de Xaquinciño e o seu cruceiro. No Curro das Ons
-
Cruceiro en Cortegada
Problemática ambiental
editarO parque nacional afronta diversos problemas que afectan a protección dos seus valores naturais e culturais. O declive de especies autóctonas, a introdución doutras exóticas ou invasoras, tanto nos fondos mariños coma na superficie terrestre, o risco de incendios, o impacto da actividade industrial ou comercial nas rías ou a presión do turismo,[32][33] son cuestión que esixen atención inmediata.
Especies invasoras
editarCóntanse diversas especies exóticas introducidas nas illas, algunhas das cales actúan como invasoras, desprazando especies autóctonas.
As especies de flora introducidas viñeron á par có asentamento da poboación nas illas e á explotación gandeira e agrícola. Especialmente relevante foi o impacto da flora introducida como ornamentación arredor das vivendas e faros desde o século XIX. Na ditadura de Primo de Rivera (1923-1931), de xeito piloto, e no franquismo (1936-1975), tanto por parte do goberno como de particulares, as illas convertéronse en lugares de ensaio e introdución de especies forestais exóticas, o que agravou este problema. En concreto, nas Cíes leváronse a cabo campañas de plantación de especies de Pinus e Eucalyptus (fundamentalmente Pinus pinaster e Eucalyptus globulus, e ás veces Pinus radiata), mentres que nas Ons seguiu predominando a agricultura e como moito a introdución dalgúns piñeiros. Nalgúns lugares plantáronse Acacia melanoxylon, Robinia pseudoacacia, Fraxinus americana ou Cupressus macrocarpa.[33] Tamén produciu impactos outra flora introducida, como Arctotheca calendula ou Zantedeschia aethiopica, que afectan os ecosistemas dunares.[34]
Algunhas das principais especies de flora invasora son[33]:
- as acacias Acacia longifolia, A. mearnsii ou A. melanoxylon[35],
- o abeneiro Alnus cordata,
- os cipreses Cupressus lusitanica e C. macrocarpa,
- os eucaliptos[35] Eucalyptus botryoides, E. camaldulensis, E. diversicolor, E. globulus,E. grandis, E. maculata, E. pulchella, E. robusta, E. saligna ou E. tereticoris,
- o acivro (Ilex aquifolium),
- os piñeiros Pinus pinaster, P. pinea ou P. radiata,
- o carballo americano (Quercus rubra)
- e a falsa acacia (Robinia pseudoacacia)
No Parque existen programas de erradicación de especies de flora invasora, como as margaridas africanas, as acacias negras, as falsas acacias, os eucaliptos e as calas.[9] Con este tipo de iniciativas conseguiuse erradicar a herba do coitelo (Carpobrotus edulis)[9]
En canto á fauna terrestre, cómpre citar os gatos domésticos asilvestrados (Felis silvestris catus), a rata negra (Rattus rattus) e o visón americano (Neovision vison). Os gatos e os visóns americanos son depredadores de aves mariñas e pequenos vertebrados.[33][9] En Sálvora introducíronse tamén cabalos, nas Ons ovellas e cabras, e en Cortegada xabarís e algunhas cabras asilvestradas.[9]
No medio mariño das Illas Cíes pódense citar tamén especies invasoras de algas, como Sargassum muticum[36], algas de wakame (Undaria pinnatifida), a alga vermella (Asparagopsis armata) e a Codium fragile[6]. Tamén é invasor o briozoo Watersipora subtorquata[Cómpre referencia].
Industria, tráfico marítimo e pesca
editarminiatura|300px|A praia de Rodas e o porto da illa de Monteagudo. O tránsito marítimo de persoas na ría de Vigo comezou a aumentar entre o 1930 e 1950 grazas á intercomunicación entre portos como o de Cangas e Vigo. Na década de 1970 publicitáronse as primeiras viaxes turísticas ás Cíes. Con iso, as visitas ás illas aumentaron progresivamente ata que en 1999 foron reguladas de xeito estrito. A chegada de visitantes favoreceu a entrada de especies exóticas nas illas, cuxas sementes ou propágulos eran transportadas de xeito involuntario na vestimenta ou nos obxectos que aqueles portaban consigo. Exemplos disto son o Sporobolus indicus ou o gorgullo das palmeiras (Rhynchophorus ferrugineus).[33]
O elevado tránsito marítimo pode ter implicacións no asentamento de aves dentro do parque.[32] De feito, nas illas atlánticas vénse producindo unha gran mortaldade de aves acuáticas dende antes de crearse o parque, especialmente a partir 2005[37]. Ademais, o baldeirado dos hidrocarburos dos barcos supoñen unha fonte de contaminación mariña.[32]
Impacto turístico
editarO turismo de verán implica un aumento de ruído na illa, máis pegadas no terreo e a liberación de produtos orgánicos ás augas. O impacto do anterior afecta á reprodución de aves e provoca cambios nos ecosistemas mariños máis achegados.[32]
Turismo
editarminiatura|Centro de Visitantes Cambón, no casco vello de Vigo. miniatura|300px|Centro de visitantes no Curro, na illa de Ons.
As viaxes turísticas ao Parque Nacional pódense realizar empregando o transporte marítimo desde varios portos galegos das rías baixas, como Bueu, Cangas, Marín, Portonovo, Sanxenxo ou Vigo.[38] O acceso ás illas Cíes e Ons faise de xeito restrinxido en canto ao número de pasaxeiros por día, polo que cómpre solicitar autorizacións.[39] As visitas ás Cíes e ás Ons realízanse fundamentalmente durante a semana santa, as fins de semana de maio e xuño e durante o verán. En Sálvora o transporte ofrécese durante todo o ano agás en temporada baixa. En Cortegada as navieiras só fan viaxes baixo demanda.[38]
Os servizos de atencións aos visitantes existentes son[38][9]:
- Centro de Visitantes do Parque Nacional - Edificio Cambón, no casco vello de Vigo
- Centro de Visitantes de Ons, na antiga escola no Curro
- Centro de información nas Cíes, no antigo almacén de artillería na illa do Faro
- Casetas de información nas Cíes, Ons e Cortegada
Ademais, hai outros puntos de información en Bueu, Ribeira e Vilagarcía de Arousa.[40]
Existen cámpings nas illas Cíes e en Ons. O primeiro pode acoller até 800 persoas. O principal das Ons atópase no Chan da Pólvora, está dispoñible para ampliar, e ten preto en Pereiró outro para campamentos de rapazada.[38] Entre os miradoiros, cómpre destacar os da Porta e Monteagudo, o da Pedra da Campá e o do Alto do Príncipe nas Cíes; nas Ons, salientamos o miradoiro de Fedorentos. Outros lugares interesantes nesta illa son o Buraco do Inferno e a Punta Centolo.[9]
En febreiro de 2007 o xornal británico The Guardian elixiu a praia de Rodas, na illa de Monteagudo, como "a máis bonita do mundo".[41]
Lexislación
editarA protección das illas atlánticas comezou cun decreto de 1980 que lle deu protección ás illas Cíes ao crear o "Parque Natural das Illas Cíes".[42] En 1999 decretouse o plano de ordenación de recursos naturais das illas Cíes e dos arquipélagos de Ons e Sálvora. Foi coa lei estatal 15/2002, trala proposta de novembro de 2000 do Parlamento galego, cando se declarou o actual territorio do parque como nacional e baixo a denominación de "Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia".[5] Os decretos 88/2002, que establece o réxime da illa de Cortegada, e o decreto 23/2006, continuaron avanzando nos plans de ordenación de recursos naturais do parque. O decreto 177/2018, do 27 de decembro, aprobou o último plan reitor deste parque marítimo-terrestre.[1][43] Dende xullo de 2008 a xestión e planificación do parque compételle en exclusiva ao Goberno autonómico galego.[44]
Ademais, o Parque Natural das Illas Atlánticas inclúe ou coincide parcialmente con outros espazos galegos protexidos, todos eles dentro da Rede Natura 2000. Inclúe totalmente[1]:
- a Zona de especial protección para as aves (ZEPA) “Illas Cíes”
- a ZEPA “Illa de Ons”,
- e a Zona Especial de Conservación (ZEC) Illas Cíes.
Ademais, está incluído na súa totalidade, salvo Cortegada, dentro da ZEPA Espazo mariño das Rías Baixas de Galicia[45][46], e coincide parcialmente parte[1]:
- co ZEC Complexo húmido de Corrubedo, co que comparte o arquipélago de Sálvora
- e co ZEC "Complexo Ons - O Grove", co que comparte o arquipélago de Ons.
Ademais, estas illas galegas están dentro da Convención para a protección ambiental mariña do Atlántico Nordeste (OSPAR) co nome de "Illas Atlánticas de Galicia”, e as illas Ons e Cíes están dentro dos inventarios españois de aves da SEO/BirdLife (IBA). [1]
Así mesmo, o arquipélago de Sálvora é un Ben de Interese Cultural (BIC), protexido desde 2018.[1]
Tamén desde 2018, as "Illas Cíes - Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia" son unha candidatura inicial a Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[47]
Galería de imaxes
editar-
As Cíes desde Cabo Silleiro
-
Costa ao exterior da ría das Cíes
-
Illa de San Martiño das Cíes
-
Faro da Porta na illa do Faro das Cíes
-
O porto e a praia da Dorna, ao pé do Curro nas Ons
-
Cruceiro preto do Buraco do Inferno, nas Ons
-
Illa de Onza
-
Illa de Cortegada vista desde o Carril
-
Aldea de Sálvora
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia. DOG -, eds. "Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia". Consultado o 1/1/2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Ministerio para la Transición Ecológica, Goberno de España. (eds.). "Islas Atlánticas de Galicia: Ficha técnica". Consultado o 1/1/2020.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Xunta de Galicia (eds.). "Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 01/09/2020. Consultado o 1/1/2020.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 4,13 4,14 4,15 4,16 4,17 4,18 4,19 4,20 4,21 4,22 4,23 4,24 4,25 4,26 4,27 4,28 4,29 4,30 4,31 4,32 4,33 4,34 4,35 4,36 4,37 4,38 4,39 4,40 4,41 4,42 4,43 Xunta de Galicia (eds.). "DECRETO 177/2018, do 27 de decembro, polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.". DOG (núm. 34): 9778–10003.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Goberno de España, eds. (2/07/2002). "Ley 15/2002, de 1 de julio, por la que se declara el Parque Nacional marítimo-terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia.". BOE: 23906–23910.
- ↑ 6,0 6,1 Piñeiro, Cristina (Agosto 2014). "Islas Cíes: Paisaje submarino". Quercus (342).
- ↑ Ministerio para la Transición Ecológica, Goberno de España (eds.). "Red de Parques Nacionales: Visitantes". Arquivado dende o orixinal o 01/01/2020. Consultado o 1/1/2020.
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 Rodríguez Fernández, Roberto (director e coordinador) et al. (2014). Instituto Geológico y Minero de España, eds. Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia: Guía Geológica (en castelán). p. 214. ISBN 978-84-8014-851-1. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2021.
- ↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 9,14 9,15 9,16 9,17 9,18 9,19 9,20 9,21 9,22 9,23 9,24 9,25 9,26 9,27 9,28 9,29 9,30 9,31 9,32 9,33 9,34 9,35 9,36 9,37 9,38 9,39 9,40 9,41 9,42 9,43 9,44 9,45 9,46 9,47 9,48 9,49 9,50 9,51 9,52 9,53 9,54 9,55 Ana Vilas paz (Medio marino); Beatriz Gamallo Liste (Vegetación); Jesús Framil Barreiro (Fauna); José Antonio Fernández Bouzas (Gestión); Katya Sanz Ochoa (UP y Visita al PN; El entorno del PN); Marta Lois Silva (Aproximación al PN, Medio Físico); Mónica Toubes Porto (Historia y etnografía); Vicente Piorno González (Gestión) (2015). Guía de visita: Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia (PDF) (en castelán). ISBN 978-84-8014-867-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
- ↑ 10,0 10,1 J.V. Lado; T. Longueira (24/05/2017). "Las Sisargas y las Lobeiras siguen al margen del parque Illas Atlánticas". La Voz de Galicia.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 A. Otero Ricart (20/03/2013). "Las islas de la discordia". La Opinión A Coruña.
- ↑ 12,0 12,1 Redacción (Pontevedra) (19/04/2006). "Tambo pierde opciones de integrarse en el parque nacional Illas Atlánticas". Faro de Vigo.
- ↑ B. Márquez (27/12/2007). "Tambo será un área protegida aunque quede fuera del parque Illas Atlánticas". Faro de Vigo.
- ↑ Europa Press (12/09/2007). "Medio Ambiente negocia la compra de Tambo y las Sisargas para ampliar el parque Illas Atlánticas". Faro de Vigo.
- ↑ "La Armada abandona Tambo y deja en el aire el futuro de la isla". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-10-02. Consultado o 2025-03-23.
- ↑ Eduardo Eiroa (07/06/2009). "Dos islas en busca de protección". La Voz de Galicia.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Costa da Morte, Código ZEC ES1110005. Rede galega de espazos protexidos.". Consultado o 1/1/2020.
- ↑ Conselleraría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia (eds.). "Carnota - Monte Pindo, Código do ZEC ES1110008". Consultado o 1/1/2020.
- ↑ 19,0 19,1 Instituto Geológico y Minero Español (eds.). "Visor infoIGME". Arquivado dende o orixinal o 31/12/2019. Consultado o 1/1/2020.
- ↑ As pías son ocos ovalados pouco profundos que se forman na superficie dos bolos por alteracións dos bloques; e os tafoni son ocos que se orixinan no interior en niños ou panais no interior ou zona inferior dos bloques por acción do sal e outros procesos de disolución.
- ↑ Furna, ou entrante alongado da liña que costa que se formou por erosión da costa.
- ↑ Especies do Artigo 4 da Directiva 2009/147/EC e citadas no Anexo II da Directiva 92/43/EEC, e que son especies protexidas na Directiva Hábitats da Rede Natura 2000.
- ↑ NATURA 2000 - Standard Data Form (2019). European Environment Agency - Unión Europea, ed. "ES0000001 - Illas Cíes". natura2000.eea.europa.eu/. Consultado o 1/1/2020.
- ↑ NATURA 2000 - Standard Data Form (2019). European Environment Agency - Unión Europea, ed. "ES1140004 - Complexo Ons - O Grove". natura2000.eea.europa.eu/. Consultado o 1/1/2020.
- ↑ NATURA 2000 - Standard Data Form (2019). European Environment Agency - Unión Europea, ed. "ES1110006- Complexo húmido de Corrubedo". natura2000.eea.europa.eu/. Consultado o 1/1/2020.
- ↑ Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Biodiversidade: información sobre a flora e fauna de Galicia.". Consultado o 1/1/2020.
- ↑ Especies prioritarias ou ameazadas dentro da Directiva Hábitat ou protexidas dentro do Convenio de Berna.
- ↑ Especies prioritarias ou ameazadas dentro da Directiva Hábitat ou protexidas dentro do Convenio de Berna.
- ↑ Especies prioritarias ou ameazadas dentro da Directiva Hábitat ou protexidas dentro do Convenio de Berna.
- ↑ Especies prioritarias ou ameazadas dentro da Directiva Hábitat ou protexidas dentro do Convenio de Berna.
- ↑ 31,0 31,1 Ballesteros-Arias, Paula (05/2008). Asociación Cultural-Gastronómica “PineirÓns”, eds. "O xacementos romano do Cantil de Canexol (Illa de Ons, Bueu). O esquecemento do recurso mariño". Aunios (O Grove (Pontevedra)) (13): 45–54.
- ↑ 32,0 32,1 32,2 32,3 Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia (Xoves, 28 de outubro de 1999). Diario Oficial de Galicia - DOG, eds. "DECRETO 274/1999, do 21 de outubro, polo que se aproba o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais das Illas Atlánticas." (Núm. 209): 12.711.
- ↑ 33,0 33,1 33,2 33,3 33,4 José A. Fernández-Bouzas; Débora Díaz Gato1; Manuel González Baz; Javier Ferreiro da Costa; Hugo López Castro1; Carlos Oreiro Rey; Luis Gómez-Orellana; Castor Muñoz Sobrino; Pablo Ramil-Rego (Edición: Ramil-Rego, P., Vales, C.) (2019). "Medios Insulares: antropización yexpansión de especies exóticasinvasoras. Situación en el ParqueNacional Marítimo-Terrestre das IllasAtlánticas de Galicia". En IBADER-CEIDA. Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación (PDF). Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Lugo.
- ↑ Gabriel Casas Mairena; Maruxa Álvarez. Ministerior para la Transición Ecológica, Goberno de España, eds. "Riesgos de las especies de flora invasora en los hábitats dunares del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia". Consultado o 5/1/2020.
- ↑ 35,0 35,1 Velo-Antón G.; Cordero Rivera A. (Xullo 2015). "Salamandra común: poblaciones insulares en Galicia". Quercus (353).
- ↑ Xunta de Galicia (eds.). "Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia: Conservación". Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2019.
- ↑ Sociedade Galega de Ornitoloxía (12/12/2019). "Cada vez menos gaivotas en Galicia" (PDF).
- ↑ 38,0 38,1 38,2 38,3 Turismo de Galicia. Xunta de Galicia, eds. "Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas". Consultado o 6/1/2020.
- ↑ Xunta de Gaicia (eds.). "Cíes - Illas Atlánticas". Consultado o 6/1/2020.
- ↑ Goberno de España (eds.). "Islas Atlánticas de Galicia: Servicios externos 1 autores = Ministerio para la Transición Ecológica". Consultado o 6/1/2020.
- ↑ Gavin McOwan (16/2/2007). "Top 10 beaches of the world". The Guardian.
- ↑ Goberno de España, eds. (15/11/1980). "Real Decreto 2497/1980, de 17 de octubre, sobre declaración del Parque Natural de las Islas Cíes (Pontevedra).". BOE (275): 25577–25578.
- ↑ Xunta e Galicia, eds. (27/12/2018). "O Parque Nacional das Illas Atlánticas conta xa cun Plan reitor que garantirá unha maior protección e conservación". Cultura de galicia (Santiago de Compostela).
- ↑ Xunta de Galicia, eds. (Martes, 23 de decembro de 2008). "DECRETO 280/2008, do 11 de decembro, polo que se modifica o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.". DOG (Núm. 248): 22.912.
- ↑ Ministerio para la Transición Ecológica, Goberno de España (eds.). "ZEPA - ES0000499 Espacio marino de las Rías Baixas de Galicia". Consultado o 15/12/2019.
- ↑ Goberno de España, eds. (21 de xaneiro de 2016). "Resolución de 20 de noviembre de 2015, de la Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar, por la que se integran en la Red de Áreas Marinas Protegidas de España las zonas de especial protección para las aves marinas de la Red Natura 2000.". BOE (núm. 18): 5642–5644.
- ↑ World Heritage Convention. UNESCO World Heritage Centre - UNESCO, eds. "Cíes Islands–Atlantic Islands of Galicia National Park (Date of Submission: 05/02/2018)".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional das Illas Atlánticas |
Bibliografía
editar- Flora y vegetación de las Islas Cíes Jesús I. Fernández Alonso e outros, Ministerio de Medio Ambiente, 2011.
Outros artigos
editar- Centro de Visitantes Cambón
- Galería de imaxes do Parque Nacional das Illas Atlánticas
- Illas de Galiza
Ligazóns externas
editar- ParqueNacionalIllasAtlanticas.com
- Ministerio para la Transición Ecológica: Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia (en castelán)
- Instituto Geológico y Minero Español: Parque Nacional Marítimo-Terrestre de las Islas Atlánticas de Galicia Arquivado 29 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (en castelán)
- Páxina con fotografías de Javier Albertos.