Illas Briñas
illas na ría de Arousa
Coordenadas: 42°36′51″N 8°48′10″O / 42.61422, -8.80284
As Illas Briñas son un subarquipélago galego na provincia de Pontevedra que forma parte do arquipélago de Cortegada, e con ela integradas no Parque nacional das Illas Atlánticas. Sitúanse a poñente das Illas Malveiras, ao oeste da Illa de Cortegada. Son dous illotes que suman no seu conxunto 5,5 hectáreas: A Briña e O Con Branco. A maior é A Briña (4 ha), que é baixa, alargada e alternando area con zonas pedregosas. Está cuberta de vexetación herbácea e carece, como o espido Con Branco, de construcións.
Illas Briñas | |
---|---|
![]() Ó fondo e á esquerda, as illas Malveiras; á dereita, a illa de Cortegada; entre elas, as illas Briñas. O Carril | |
Situación | |
País | ![]() |
Provincia | ![]() |
Mar | Océano Atlántico |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |