Hidrocarburo
En química orgánica, un hidrocarburo é un composto orgánico formado na súa totalidade por átomos de carbono e hidróxeno.
A meirande parte dos hidrocarburos atópanse naturalmente no petróleo, onde a materia orgánica descomposta proporciona abundancia de carbono e hidróxeno, os cales, ao unírense, poden formar cadeas aparentemente ilimitadas[1][2].
Clasificación
editarSegundo a estrutura das ligazóns entre átomos de carbono, clasifícanse en:
- Hidrocarburos acíclicos, alifáticos, unalifáticos, ou de cadea aberta. Estes á súa vez dividense en:
- Hidrocarburos saturados (alcanos o parafinas), que non teñen enlaces dobres, triplos, nin aromáticos, só múltiples enlaces individuais.
- Hidrocarburos non saturados, que teñen un ou máis enlaces dobres (alquenos u olefinas) ou triplos (alquinos ou acetilénicos) entre os seus átomos de carbono.
- Hidrocarburos cíclicos, hidrocarburos de cadea pechada que á súa vez subdividense en:
- Cicloalcanicos, que teñen cadeas pechadas de 3, 4, 5, 6, 7 e 8 moléculas de carbono saturados ou non saturados.
- Hidrocarburos aromáticos, non saturados, que posúen polo menos un anel aromático ademais doutros tipos de enlaces.
Intoxicacións por Hidrocarburos
editarAs intoxicacións por hidrocarburos tenden a causar cadros respiratorios relativamente severos. A gasolina, o queroseno e os aceites para puír mobles, que conteñen hidrocarburos, son os axentes máis comunmente usados nas intoxicacións. O tratamento a miúdo require intubación e ventilación mecánica. Induci-lo vómito nestes casos está contraindicado porque pode causar máis dano esofáxico.
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarO Galilibros ten un manual sobre: Hidrocarburo |
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |