O vómito é a expulsión violenta e espasmódica do contido do estómago a través da boca. Aínda que posibelmente se desenvolveu evolutivamente como un mecanismo para expulsar do corpo velenos inxeridos[Cómpre referencia], pode aparecer como síntoma de moitas enfermidades non relacionadas con estes, nin sequera co estómago (gastrite) como patoloxía cerebral ou ocular.

Vómito

Instancia deproceso biolóxico e tipo de síntoma Editar o valor en Wikidata
Subclase desinal clínica, síntoma dixestivo, expulsión e problema de saúde Editar o valor en Wikidata
Causado porquimioterapia, gastroparesia (pt) Traducir, xaqueca, Rotavirus, apendicite e úlcera péptica Editar o valor en Wikidata
Especialidade médicagastroenteroloxía Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
RedesBNE: XX534064
MeSHD014839 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC3442 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2D10 Editar o valor en Wikidata
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Wikidata ] C:Commons ]

A sensación que se ten xusto antes de vomitar (pródromo) chámase náusea, e pode preceder ao vómito ou aparecer illada.

Os medicamentos chamados antieméticos poden ser necesarios para a supresión da náusea e o vómito. Os eméticos (Psychotria ipecacuanha ou emetina) xa non se usan dende a xeneralización do lavado gástrico, pois ao provocar o vómito os ácidos do estómago ou o tóxico inxeridos danan o esófago.