Química

ciencia que estuda tanto a composición, estrutura e propiedades da materia
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

A química (do latín medieval chimia, a partir do árabe al-kimia 'pedra filosofal'[1]) é a ciencia que estuda as substancias da natureza, os elementos que a constitúen, as súas características, as súas propiedades combinatorias, os procesos de obtención, as súas aplicacións e a súa identificación.

Describe a maneira pola cal os elementos se xuntan e reaccionan entre si, así como, a enerxía desprendida ou absorbida durante estas transformacións.

A química é o estudo das transformacións da materia, en contraposición á física que está máis relacionada co estudo dos seus estados. Por exemplo, se empurramos unha caixa, ela pode mudar de lugar: é unha transformación física. Tipicamente, cando a materia sofre unha transformación física como a división dun anaco de queixo, o produto resultante posúe as mesmas propiedades físicas: a densidade, as resistencias etc. fican inmutables.

A química tenta responder ás preguntas sobre a natureza da materia. O ser humano tenta mostrar de maneira intuitiva a diferenza entre transformacións químicas e transformacións físicas; é sensíbel aos fenómenos como a luz, a calor (temperatura), a distancia, o tempo, a forza. Cando unha combinación destes fenómenos actúa sobre a materia, esta materia modifícase dun xeito ou doutro.

A química está dividida en varias disciplinas. Esta división pode ser feita de diversas maneiras; por exemplo, a IUPAC divídea en :

Máis tradicionalmente, a química pode, tamén, ser dividida en diversas modalidades:

É a ciencia da estrutura, das propiedades, da composición e das reaccións químicas dos compostos orgánicos que, en principio, son os compostos cuxo elemento principal é o carbono. O límite entre a química orgánica e a química inorgánica, que segue, non é sempre nítido; por exemplo, o óxido de carbono (CO) e o anhídrido carbónico (CO2) non forman parte da química orgánica.

É a rama da química que trata das propiedades e das reaccións dos compostos inorgánicos. Inclúe a xeoquímica.

É o estudo dos fundamentos físicos dos sistemas químicos e dos procesos físicos. En particular, a descrición enerxética das diversas transformacións, por exemplo, forma parte desta rama da química. Nela atópanse disciplinas importantes como a termodinámica química e a termoquímica, a cinética química, a mecánica estatística, a espectroscopia e a electroquímica.

É o estudo dos compostos químicos, das reaccións químicas e das interaccións químicas que acontecen nos organismos vivos.

É o estudo de mostras de material para coñecer a súa composición química e a súa estrutura.

É o estudo dos fenómenos materiais e enerxéticos que aparecen no nivel do núcleo dos átomos.

Algúns elementos como o carbono e o silicio teñen a propiedade de poder formar cadeas repetindo numerosos veces a mesma estrutura. Estas macromoléculas teñen propiedades químicas e físicas exploradas pola industria.

Índice

Áreas de estudo relacionadas coa química e algunhas das súas subdivisiónsEditar

 
Un dos procedementos frecuentes na electroquímica é a electrólise.

Temas especiaisEditar

Historia da químicaEditar

Literatura químicaEditar

Alén dos libros didácticos ou específicos sobre temas de Química no mundo, publícanse diariamente moreas de artigos técnicos e científicos. Hai millares de xornais e revistas periódicas de Química. A principal fonte de referencia para unha investigación bibliográfica sobre os asuntos tratados na área química é o Chemical Abstracts, publicado pola American Chemical Society, o cal contén resumos dos principais artigos publicados mundialmente.

Vexa tamén:

Asuntos xeraisEditar

 
Alquimista na entrada da catedral St Etienne de Metz.

Funcións e grupos químicosEditar

DivisiónEditar

ConceptosEditar

NotasEditar

  1. Portal das Palabras. "Química". Consultado o 19/9/2015. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar