Cripton

elemento químico de número atómico 36

O cripton[2] é un elemento químico da táboa periódica con símbolo Kr e o seu número atómico é 36.

Cripton
Ar
 
 
36
Kr
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Kr
Xe
BromoCriptonRubidio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Cripton
Información xeral
Nome, símbolo, número Cripton, Kr, 36
Serie química Gases nobres
Grupo, período, bloque 18, 4, p
Densidade 3,708 kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Incoloro
N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 83,798(2)[1] u
Raio medio pm
Raio atómico (calc) 88 pm
Raio covalente 110 pm
Raio de van der Waals 202 pm
Configuración electrónica [Ar]3d10 4s2 4p6
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación 0
Óxido
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario Gas
Punto de fusión 115,79 K
Punto de ebulición 119,93 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 9,029 kJ/mol
Entalpía de fusión 1,638 kJ/mol
Presión de vapor
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 1120 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 3,00
Calor específica J/(K·kg)
Condutividade eléctrica S/m
Condutividade térmica 0,00949 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 1350,8 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 2350,4 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3565 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 5070 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
78Kr0,35%estable con 42 neutróns
80Kr2,25%estable con 44 neutróns
81KrSint.229000 aε0,28181Br
82Kr11,6%estable con 46 neutróns
83Kr11,5%estable con 47 neutróns
84Kr57%estable con 48 neutróns
85KrSint.10,756 aβ-0,68785Rb
86Kr17,3%estable con 50 neutróns
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Características principais

editar

O cripton é un gas nobre incoloro, inodoro e insípido de moi pequena reactividade caracterizado por un espectro de liñas verde e vermello-laranxa moi brillantes. É un dos produtos da fisión nuclear do uranio. O cripton sólido é branco, de estrutura cristalina cúbica centrada nas caras ó igual que o resto de gases nobres.

Para propósitos prácticos pode considerarse un gas inerte aínda que se coñecen compostos formados có flúor; ademais pode formar clatratos coa auga ao quedar os seus átomos atrapados na rede de moléculas de auga. Tamén se sintetizaron clatratos con hidroquinona e fenol. É o primeiro dos gases nobres na orde do período para o que se define un valor de electronegatividade.

Aplicacións

editar

A definición da lonxitude do metro estivo entre 1960 e 1983 baseada na radiación emitida polo átomo excitado de cripton; en concreto, o metro estaba definido coma 1 650 763,73 veces a lonxitude de onda da emisión vermella-laranxa dun átomo de Kr-86.

Usase en solitario ou mesturado con neon e argon en lámpadas fluorescentes, en sistemas de iluminación de aeroportos xa que o alcance da luz vermella emitida é maior que a ordinaria incluso en condicións climatolóxicas adversas de néboa, e nas lámpadas incandescentes de filamento de tungsteno de proxectores de cine. O láser de cripton usase en medicina para cirurxía da retina do ollo.[Cómpre referencia]

Historia

editar

O cripton (do grego κρυπτόν, oculto) foi descuberto en 1898 por William Ramsay e Morris Travers nun residuo da evaporación do aire líquido. En 1960, a Oficina Internacional de Pesos e Medidas definiu o metro en función da lonxitude de onda da radiación emitida polo isótopo Kr-86 en substitución da barra patrón. En 1983 a emisión do cripton substituíuse pola distancia percorrida pola luz en 1/299 792 458 segundos.

Abundancia e obtención

editar

Gas raro na atmosfera terrestre, da orde de 1 parte por millón, atópase entre os gases volcánicos e augas termais e en diversos minerais en cantidades moi pequenas. Pode extraerse do aire por destilación fraccionada.

Na atmosfera do planeta Marte atopouse un contido de 0,3 ppm de cripton.

Isótopos

editar

O cripton natural está constituído por seis isótopos estables e ten caracterizados dezasete isótopos radioactivos.

O isótopo Kr-81 é produto de reaccións atmosféricas cós outros isótopos naturais, é radioactivo e ten un período de semidesintegración de 250,000 anos. Ao igual que o xenon, o cripton é extremadamente volátil e escapa con facilidade das augas superficiais, polo que se emprega para datar antigas (50.000 a 800.000 anos) augas subterráneas.

O isótopo Kr-85 é un gas inerte radioactivo cun período de semidesintegración de 10,76 anos que se produce na fisión do uranio e do plutonio. As fontes deste isótopo son as probas nucleares, os reactores nucleares e o reprocesado das barras de combustible dos reactores. Detectouse un forte gradiente deste isótopo entre os hemisferios norte e sur, sendo as concentracións detectadas no polo Norte un 30% máis altas que no polo Sur.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar