O polo Norte, tamén chamado polo norte xeográfico e polo norte terrestre, é o lugar onde se localiza o extremo norte da Terra; é o lugar onde o eixe de rotación do planeta corta á superficie. Chámase polo norte verdadeiro para distinguilo do polo norte magnético. O lugar oposto é o polo sur.

Modelo:Xeografía físicaPolo Norte
Imaxe
TipoPolo xeográfico Editar o valor en Wikidata
Epónimonorte Editar o valor en Wikidata
Parte dePolos da Terra Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativasen valor Editar o valor en Wikidata
Mapa
 90°N 0°L / 90, 0
Proxección acimutal mostrando o Océano Glacial Ártico e o Polo Norte.

O Polo norte é, por definición, o punto máis setentrional da Terra, atopándose antípodamente ao Polo Sur. Define a latitude xeodésica 90° norte, así como a dirección do norte verdadeiro. No Polo norte todas as direccións apuntan cara ao sur; todas as liñas de lonxitude conflúen alí, polo que a súa lonxitude pódese definir como calquera valor en graos. Non se asignou ningún fuso horario ao Polo norte, polo que se pode utilizar calquera hora como hora local. Ao longo dos círculos de latitude estreitos, no sentido contrario ás agullas do reloxo é o leste e no sentido das agullas do reloxo é o oeste. O Polo norte está no centro do hemisferio norte. A terra máis próxima adoita dicirse que é a illa Kaffeklubben, fronte á costa norte de Groenlandia, a uns 700 km de distancia, aínda que algúns bancos de grava quizais semipermanentes atópanse algo máis cerca.. O lugar habitado permanentemente máis próximo é Alert na illa Ellesmere, Canadá, que está situada a 817 km do Polo.

Mentres que o Polo sur se atopa nunha masa continental de terra, o Polo norte está situado no medio do océano Ártico no medio de augas cubertas case permanentemente por xeo mariño que cambia constantemente. A profundidade do mar no Polo norte foi medida en 4.087 m polo submarino USS Nautilus en 1958.[1][2] e en 4261 m polo batiscafo ruso Mir durante a expedición Arktika 2007.[3] Isto fai pouco práctica a construción dunha estación permanente no Polo norte (a diferenza do Polo sur). Con todo, a Unión Soviética, e máis tarde Rusia, construíron unha serie de estacións á deriva tripuladas con carácter xeralmente anual desde 1937, algunhas das cales pasaron por encima ou moi preto do Polo. Desde 2002, un grupo de rusos tamén establecen anualmente, cerca do Polo, a base privada Barneo que funciona durante unhas semanas a principios de primavera.[4]

Os intentos de alcanzar o Polo norte comezaron a finais do século XIX, e a marca Farthest North (Norte máis afastado) foi superada en numerosas ocasións. A primeira expedición indiscutible ao Polo norte foi a do dirixible Norge, que sobrevoou a zona en 1926 con 16 homes a bordo, entre eles o xefe da expedición Roald Amundsen. Tres expedicións anteriores -dirixidas por Frederick Cook (1908, por terra), Robert Peary, xunto co seu criado Matthew Henson[5][6] e catro esquimós, o 6 de abril de 1909 (por terra) e Richard E. Byrd (1926, por aire)- tamén foron aceptadas no seu día como que alcanzaran o Polo norte. Con todo, en cada caso a análise posterior dos datos da expedición puxo en dúbida a exactitude das súas afirmacións.

As primeiras persoa verificadas que chegarón ao Polo norte por terra foi un grupo soviético de 24 homes en 1948, que formaba parte da expedición Sever-2 ao Ártico de Aleksandr Kuznetsov, que voou até o Polo antes de facer o último traxecto a pé. A primeira expedición terrestre completa ao Polo norte foi a de Ralph Plaisted, Walt Pederson, Gerry Pitzl e Jean-Luc Bombardier en 1968, utilizando motos de neve e con apoio aére.[7]

O compás non apunta co seu polo norte ao polo norte xeográfico, senón cara ao polo sur magnético, situado nas proximades do P.N. xeográfico. A dirección na que apunta varía co tempo, debido á variación de posición do polo magnético en relación ó polo asociado, chamada declinación magnética, que nos anos 2010 ten aumentado ata 50-60 km/ano, cruzando en 2017 dito polo a liña de cambio de data cara a Siberia, a uns 390 km do Polo norte xeográfico.[8]

Todos os corpos celestes teñen un polo norte e outro sur.

Os eixes de rotación destes corpos non adoitan ser coincidentes co eixe de translación. Así, os da Terra, forman un ángulo de 23,5º, e os de Urano, 97º.

Definición precisa

editar
 
Panorama do Polo Norte.

O eixo de rotación da Terra - e, por tanto, a posición do Polo norte - adoitaba considerarse comunmente que era fixo (en relación coa superficie da Terra) ata que, no século XVIII, o matemático Leonhard Euler predixo que o eixo podería "cambalearse" lixeiramente. Cara a principios do século XX, os astrónomos observaron unha pequena "variación de latitude" aparente, determinada para un punto fixo da Terra a partir da observación das estrelas. Parte desta variación podería atribuírse a un vagabundeo do Polo a través da superficie da Terra, nun rango duns poucos metros. O desprazamento ten varios compoñentes periódicos e un compoñente irregular. A compoñente cun período duns 435 días identifícase co vagabundeo de oito meses predito por Euler e agora denomínase bamboleo de Chandler en honra ao seu descubridor. O punto exacto de intersección do eixo da Terra e da superficie terrestre, nun momento dado, denomínase "polo instantáneo", pero debido ao "bamboleo" isto non se pode usar como definición dun Polo norte (ou Polo sur) fixo cando se require precisión a escala métrica.

É desexable vincular o sistema de coordenadas terrestres (latitude, lonxitude e elevacións ou orografía) a accidentes xeográficos fixos. Con todo, dada a tectónica de placas e a isostasia, non existe un sistema no que todos os accidentes xeográficos sexan fixos. Con todo, o Servizo Internacional de Rotación da Terra e Sistemas de Referencia e a Unión Astronómica Internacional definiron un marco denominado Sistema Internacional de Referencia Terrestre.

Día e noite

editar

O sol no Polo Norte está continuamente por riba do horizonte durante o verán e por baixo do horizonte durante o inverno. O amencer é xusto antes do equinoccio de marzo (arredor do 19 de marzo) e a partir dese momento o sol tarda tres meses en chegar ao seu punto máis alto, preto de 23 ½° de elevación no solsticio de verán (arredor do 21 de xuño). Despois comeza a baixar, chegando o solpor xusto despois do equinoccio de setembro (arredor do 24 de setembro). Cando o sol é visible no ceo polar parece que se movese nun círculo horizontal por riba do horizonte. Este círculo elévase gradualmente preto do horizonte xusto despois do equinoccio vernal á súa máxima elevación (en graos) sobre o horizonte no solsticio de verán e logo afúndese cara ao horizonte antes de caer por baixo del no equinoccio de outono.

Na maioría dos lugares da Terra, a hora local determínase pola lonxitude, de xeito que a hora do día está máis ou menos sincronizada coa posición do sol no ceo. Por exemplo, ao mediodía o sol está máis ou menos na súa maior altura. Esta liña de razoamento non o ten o Polo Norte, onde o sol sae e se pon unha única vez ao ano, e todas as liñas de lonxitude, e polo tanto todas as zonas horarias, converxen. Ao non haber presenza humana permanente no Polo Norte non hai zona horaria particular asignada, polo que as expedicións polares poden empregar calquera hora que lles sexa conveniente, como a hora do meridiano de Greenwich, ou a zona horaria do país do que partiron.

Expedicións

editar

Anteriores o ano 1900

editar
 
Mapa do Polo norte de Gerardus Mercator de 1595
 
Mapa do Polo norte de C.G. Zorgdragers de 1720

Xa no século XVI, moitas personalidades crían correctamente que o Polo norte atopabase nun mar, que no século XIX denominouse Polinia ou mar polar aberto.[9] Por iso, confiábase en atopar un paso a través dos témpanos de xeo en épocas favorables do ano. Varias expedicións partiron para atopar o camiño, xeralmente con barcos baleeiros, xa utilizados habitualmente nas frías latitudes setentrionais.

En 1895 o explorador noruegués Fridtjof Nansen achegouse ata 3 graos e 46 minutos do Polo Norte xeográfico, pero non o acadou.[10][11]. En 1908 o Dr. Frederick Cook dixo que chegara ao polo, mais demostrouse que a súa afirmación era un engano.

Unha das primeiras expedicións que partiron coa intención explícita de alcanzar o Polo norte foi a do oficial da mariña británica William Edward Parry, que en 1827 chegou á latitude 82°45′ Norte. En 1871, a Polaris expedition, un intento estadounidense de alcanzar o Polo dirixido por Charles Francis Hall, terminou en desastre. Outra tentativa da Royal Navy británica de chegar ao polo, parte da British Arctic Expedition, do comandante Albert H. Markham alcanzou en maio de 1876 a entón marca de 83°20'26» Norte antes de dar marcha atrás. Unha expedición de 1879-1881 comandada polo oficial da Armada dos Estados Unidos George W. De Long terminou tráxicamente cando o seu barco, o USS Jeannette, foi esmagado polo xeo. Máis da metade da tripulación, incluído De Long, perdeuse.

 
O barco de Nansen Fram no xeo ártico

En abril de 1895, os exploradores noruegueses Fridtjof Nansen e Hjalmar Johansen partiron cara ao Polo esquiando desde o barco de Nansen Fram. A parella alcanzou a latitude 86°14′ Norte antes de abandonar o intento e virar cara ao sur, chegando finalmente o arquipélago da Terra de Francisco Xosé.

En 1897, o enxeñeiro sueco Salomon August Andrée e dous compañeiros tentaron alcanzar o Polo norte no globo de hidróxeno Örnen («Aguia»), pero descenderon 300 km ao norte de Kvitøya, a parte máis nororiental do arquipélago Svalbard. Dirixíronse a Kvitøya, pero morreron alí tres meses despois de estrelarse. En 1930, a expedición Bratvaag norueguesa atopou os restos desta expedición.

O explorador italiano Luigi Amedeo, Duque dos Abruzos e o capitán Umberto Cagni da Mariña Real Italiana (Regia Marina) navegaron no baleeiro reconvertido Stella Polare («Estrela Polar») desde Noruega en 1899. O 11 de marzo de 1900, Cagni dirixiu un grupo sobre o xeo e alcanzou a latitude 86° 34' o 25 de abril, establecendo unha nova marca ao bater o resultado de Nansen de 1895 por 35 ou 40 km. Cagni conseguiu regresar a duras penas ao campamento, permanecendo alí até o 23 de xuño. O 16 de agosto, o Stella Polare partiu da illa do Principe Rudolfo rumbo ao sur e a expedición regresou a Noruega.

1900–1940

editar
 
Foto do grupo de zorras de Peary no lugar que eles afirmaban ser o Polo norte, 1909. De esquerda a dereita: Ooqueah, Ootah, Henson, Egingwah e Seeglo.[12]

O explorador estadounidense Frederick Cook afirmou alcanzar o Polo norte o 21 de abril de 1908 con dous homes inuit, Ahwelah e Etukishook, pero non puido presentar probas convincentes e a súa afirmación non goza de gran aceptación.[13][14]

A conquista do Polo norte atribuíuse durante moitos anos ao enxeñeiro da armada estadounidense Robert Peary, quen afirmou chegar ao Polo norte o 6 de abril de 1909, acompañado por Matthew Henson e catro homes inuit, Ootah, Seeglo, Egingwah e Ooqueah. Con todo, a afirmación de Peary segue sendo moi discutida e controvertida, a maioría dos historiadores modernos teñen serias dúbidas. Os que acompañaron a Peary na última etapa da viaxe non tiñan formación en navegación, polo que non puideron confirmar de forma independente o seu traballo de navegación, que algúns afirman que foi especialmente chafalleiro a medida que se achegaba ao Polo.[Cómpre referencia] As distancias e velocidades que Peary afirmou alcanzar unha vez que o último grupo de apoio deu a volta parecen incribles a moita xente, case o triplo do que lograra até ese momento. O relato de Peary sobre unha viaxe en liña recta cara ao polo e de volta -o que axudaría á súa afirmación de tal velocidade- contradí o relato do seu compañeiro Henson sobre desvíos tortuosos para evitar "cristas de presión" (bordos ásperos dos témpanos de xeo, a miúdo duns poucos metros de altura) e "chubas" (augas abertas entre eses témpanos).

O explorador británico Wally Herbert, inicialmente partidario de Peary, investigou os rexistros de Peary en 1989 e descubriu que había discrepancias significativas nos rexistros de navegación do explorador. Chegou á conclusión de que Peary non chegara ao Polo norte.[15] Con todo, Peary volveu recibir apoio en 2005, cando o explorador británico Tom Avery e catro compañeiros recrearon o traxecto de ida de Peary con réplicas de zorras de madeira e equipos de cans esquimós canadenses, alcanzando o Polo norte en 36 días e 22 horas - case cinco horas máis rápido que Peary. Con todo, a marcha máis rápida de Avery en 5 días foi de 90 millas nauticas (170 km), significativamente inferior as 135 millas nauticas (250 km) reivindicados por Peary. Avery escribe na súa páxina web que "a admiración e o respecto que sinto por Robert Peary, Matthew Henson e os catro homes inuit que se aventuraron cara ao Norte en 1909, creceu enormemente desde que partimos do cabo Columbia. Vendo agora por min mesmo como viaxaron a través da banquisa, estou máis convencido que nunca de que Peary descubriu realmente o Polo norte."[16]

 
Aínda que os historiadores modernos cuéstionano, a prensa contemporánea atribuíu a Peary e o seu equipo o descubrimento do Polo norte.

O primeiro voo sobre o Polo norte foi realizado o 9 de maio de 1926 polo oficial da mariña estadounidense Richard E. Byrd e o piloto Floyd Bennett nun avión Fokker trimotor. Aínda que foi verificada no seu momento por un comité da National Geographic Society, esta afirmación quedou desvirtuada desde entón[17] pola revelación en 1996 de que os datos do sextante solar do diario de Byrd, ocultos durante moito tempo (que o NGS nunca comprobou), contradin sistematicamente os datos paralelos do seu informe de xuño de 1926 en máis de 100 mi (160 km).[18] Os supostos datos do sextante solar en ruta do informe secreto eran inadvertidamente tan imposiblemente sobreprecisos que eliminou todas estas supostas observacións solares brutas da versión do informe finalmente enviada ás sociedades xeográficas cinco meses despois (mentres que a versión orixinal permaneceu oculta durante 70 anos), unha versión publicada por primeira vez no 2000 pola Universidade de Cambridge tras unha escrupulosa revisión.[19]

O primeiro logro consistente, verificado e cientificamente convincente do Polo foi o 12 de maio de 1926, polo explorador noruegués Roald Amundsen e o seu patrocinador estadounidense Lincoln Ellsworth desde o dirixible Norge.[20] O Norge, aínda que de propiedade norueguesa, foi deseñado e pilotado polo italiano Umberto Nobile. O voo partiu de Svalbard, en Noruega, e cruzou o acéano Ártico até Alasca. Nobile, con varios científicos e tripulantes do Norge, sobrevoou o Polo por segunda vez o 24 de maio de 1928, no dirixible Italia. O Italia estrelouse ao seu regreso do Polo, coa perda da metade da tripulación.

Outro voo transpolar realizarono os rusos nun avión Tupolev ANT-25 cunha tripulación formada por Valery Chkalov, Georgy Baydukov e Alexander Belyakov, que sobrevoaron o Polo norte o 19 de xuño de 1937, durante o seu voo directo da Unión Soviética a EE.UU. sen escalas.

Estación de xeo

editar

En maio de 1937, científicos soviéticos estableceron a primeira Estación de xeo no Polo norte, Polo norte-1, a 20 quilómetros do Polo norte, tras a primeira aterraxe de catro avións pesados e un lixeiro no xeo do Polo norte. Os membros da expedición -o oceanógrafo Pyotr Shirshov, o meteorólogo Yevgeny Fyodorov, o operador de radio Ernst Krenkel, e o líder Ivan Papanin[21] — realizaron investigacións científicas na estación durante os nove meses seguintes. Para o 19 de febreiro de 1938, cando o grupo foi recollido polos rompexeos Taimyr e Murman, a súa estación afastarase 2850 km cara a costa oriental de Groenlandia.[22][23]

1940–2000

editar

A primeira conquista confirmada do Polo Norte sobre a superficie do xeo foi a de Ralph Plaisted, Walt Pederson, Gerry Pitzl e Jean-Luc Bombardier, que viaxaron polo xeo en moto de neve e chegaron o 19 de abril de 1968. A forza aérea dos Estados Unidos confirmou de xeito independente a súa posición.

 
Imaxe da extensión do casquete polar tomada pola NASA en 2005.

O 2 de agosto de 2007 dous batiscafos rusos Mir realizaron unha inmersión no océano Glacial Ártico, no Polo Norte, e instalaron no fondo unha bandeira rusa, así como unha cápsula con mensaxes para xeracións futuras.

En 2007 o programa de televisión Top Gear da BBC fixo un episodio no que os presentadores realizaron unha viaxe nun coche preparado especialmente ao Polo Norte dende o Canadá, aínda que non se tratou do Polo Norte xeográfico, senón da posición do ano 1996 do Polo Norte magnético (78°35′7″N 104°11′9″O / 78.58528, -104.18583).[24]

Empregando vehículos terrestres, o Polo Norte xeográfico alcanzouse por primeira vez o 26 de abril de 2009 pola expedición rusa MLAE-2009 (МЛАЭ-2009), que estaba composta por dous automóbiles anfibios Yemelia-1 (Емеля-1) e Yemelia-2 con remolques. A expedición foi comandada polo construtor dos vehículos Vasili Yelagin.[25][26]

O 10 de abril de 2013, o arxentino Juan Benegas chegou a pé ao Polo Norte xeográfico, a partir da base rusa Barneo, distante uns 170 km do obxectivo. Foi acompañado por cinco rusos, dos que dous foron evacuados dous días despois de comezada a marcha ao non poderen soportar a baixísimas temperaturas, ademais dun italiano e un belga.[27][28]

Galería de imaxes das exploracións

editar
  1. Андерсон, Уильям Роберт (1965). ""Наутилус" у Северного полюса". Воениздат. Arquivado dende o orixinal o 2 de maio de 2013. Consultado o 19 de xaneiro do 2025. 
  2. Mouton, M.W. (1968). The International Regime of the Polar Regions. Acadimie de Droit International de La Ha. pp. 202 (34). ISBN 978-9028614420. Consultado o 17 de xaneiro do 2025. 
  3. Russian sub plants flag at North Pole Arquivado 2008-12-22 en Wayback Machine., Reuters, 2 de agosto de 2007
  4. Morrell, Galya (14 de febreiro de 2021). "The Inside Story of Barneo, the Floating Ice Camp Near the North Pole » Explorersweb". Explorersweb. Consultado o 18 de xaneiro do 2025. 
  5. Mattew Henson (1866 – 1955) foi un explorador estadounidense que pode que fora o primeiro home en chegar ao Polo Norte, con Peary, en 1909. Porén algúns estiman que o grupo de Parcy se perdeu no polo e chegaron a uns 30 km do seu obxectivo. Por outra parte, debido a que Henson era negro e o seu status de empregado de Peary, nunca alcanzou a fama deste en Norteamérica, onde o racismo aínda era común naquela época. En 1921 publicou un libro sobre a súa expedición ártica (A Negro Explorer at the North Pole). Só o 6 de abril de 1988, no 79º aniversario, os restos de Henson foron levados ao Cemiterio Nacional de Arlington, e depositados preto do monumento a Peary.
  6. The Frederick A. Cook Society: "The Tragedy of America's Exploited Black Pioneer Polar Explorer Matthew Henson" Arquivado 31 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  7. Magazine, Smithsonian. "Who Discovered the North Pole?". Smithsonian Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 5 de xaneiro de 2023. Consultado o 19 de xaneiro do 2025. 
  8. esa. "Tug-of-war drives magnetic north sprint". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-15. 
  9. Wright, John K. (xullo de 1953). "The Open Polar Sea". Geographical Review 43 (3). pp. 338–365. Bibcode:1953GeoRv..43..338W. JSTOR 211752. doi:10.2307/211752. Consultado o 20 de xaneiro do 2025. 
  10. Nansen, Fridtjof (1897): Farthest North, Volumes I and II. London: Archibald Constable & Co. ISBN 978-1-60239-237-3, Vol. I, páxs. 14–38. Tamén dispoñíbel en Project Gutenberg
  11. Fleming, Fergus (2002): Ninety Degrees North. London: Granta Publications. ISBN 1-86207-535-2, páxs. 239–240.
  12. "At the North Pole, 6–7 April 1909: Newfoundland and Labrador Heritage Web". Heritage.nf.ca. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2013. Consultado o 20 de xaneiro do 2025. 
  13. Bryce, Robert (1997). Cook and Peary: the Polar Controversy Resolved. Stackpole. 
  14. Henderson, B. (2005). True North. W W Norton & Company. ISBN 0-393-32738-8. 
  15. "Sir Wally Herbert". The Independent. 16 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 24 December 2008. 
  16. páxina web de Tom Avery Arquivado 22 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.. Consultado en maio de 2007
  17. The North Pole Flight of Richard E. Byrd: An Overview of the Controversy Arquivado 13 de outubro de 2007 en Wayback Machine., Centro de Investigación Polar Byrd da Universidade Estatal de Ohio. Véxase tamén DIO Arquivado 14 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. Vol. 10 [2000] (resolvido tanto na Universidade de Cambridge como pola xunta de DEU), que revela erros de aritmética de escola primaria nas defensas de Byrd de W.Molett (pp. 55 e 98) e o consultor J. Portney (pp. 73-75), ningún dos cales tenta explicar a censura cirúrxica de Byrd do seu informe orixinal de xuño, ou a súa ocultación e a de National Geographic de devandito informe durante décadas. Do mesmo xeito, o intento quimérico de Avery de replicar a viaxe de Peary de 1909 a través do xeo de 2005, pode desviar a atención, pero non pode explicar os datos en branco de Peary, as alteracións de datos, nin por que el, ao ler o seu diario ao Congreso o 7 de xaneiro de 1911, comprensiblemente borrado Arquivado 24 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (só) o seu único intento de explicar (basta e inadecuadamente) a súa dirección: «fixar o rumbo pola lúa, as nosas sombras, etc». Véxase o The Washington Post do 20 de abril de 1989. Compárese o diario do 2 de abril de 1909 coa p. 302 das Audiencias Peary: copia literal completa en 1916 Congressional Record Vol. 53, Anexo pp. 293–327.
  18. Did Byrd Reach Pole? His Diary Hints 'No' Arquivado 13 de novembro de 2013 en Wayback Machine.. The New York Times. (9 May 1996). Retrieved 2012-07-04.
  19. D. Rawlins Polar Record (Scott Polar Research Institute) vol. 36 pp. 25–50. Prefacio de SPRI: o artigo «considérase de tal importancia para a comunidade que se publicou aquí a pesar de que este mesmo mes publicouse unha versión ampliada en “”DEU“”». Ambas as versións (p. 38 e 59, respectivamente) sinalan que, aínda que o desfile de Byrd en Nova York e a súa entrega da medalla de ouro da National Geographic Society tiveron lugar o 23 de xuño de 1926, o exame da NGS do seu informe orixinal, oculto máis tarde, tivo lugar desde principios do 23 de xuño até finais do 28 de xuño (seis días, citados erroneamente como «cinco días consecutivos» no informe), unha cronoloxía tan reveladora que a edición de setembro de National Geographic pp. 384–385 desposuído das datas (soamente) do propio informe da NGS, que foi publicado sen censura (grazas á Secretaría de Mariña) en The New York Times o 30 de xuño, p. 5.
  20. Tierney, John. (7 de setembro de 2009) Who Was First at the North Pole? Arquivado 2 de novembro de 2014 en Wayback Machine.. Tierneylab.blogs.nytimes.com. Retrieved 2012-07-04.
  21. "North Pole Drifting Stations (1930s–1980s)". Woods Hole Oceanographic Institution. 17 de agosto de 2011. Arquivado dende o orixinal o 2 May 2013. Consultado o 21 de xaneiro do 2025. 
  22. Lockerby, Patrick (15 de xullo de 2010). "Arctic Heroes #2 – North Pole 1". Arquivado dende o orixinal o 31 October 2017. Consultado o 21 de xaneiro do 2025. 
  23. Armstrong, Terence (2011). The Russians in the Arctic. Nabu Press. ISBN 978-1-245-58209-4. Consultado o 21 de xaneiro do 2025. 
  24. Top Gear Team in Hot Water Over Pole Race
  25. Российские путешественники достигли Северного полюса на автомобилях
  26. МЛАЭ-2009 На автомобилях - к Северному Полюсу!
  27. El argentino que conquistó con sus pies el Polo Norte Arquivado 26 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine..
  28. Hazaña de un argentino: llevó la bandera hasta el Polo Norte

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Frederick, Albert; Cook, Robert E. e Peary, George W. Melville (2003): Finding the North Pole. The Lyons press. ISBN 1-59228-072-2
  • Pal, Christopher (2002): The Oddest Place on Earth: Rediscovering the North Pole. Writer's Showcase. ISBN 0-595-21454-1

Outros artigos

editar