Campo magnético terrestre
Un compás apunta de xeito aproximado na dirección Norte - Sur por tratarse dunha agulla magnetizada inmersa no campo magnético terrestre: a Terra compórtase coma un imán xigantesco e ten polos magnéticos, os cales non coinciden cos polos xeográficos.
O Polo Norte Magnético atópase relativamente preto do Polo Sur Xeográfico, movéndose moi lentamente. Por contra, o Polo Sur Magnético apunta preto do Polo Norte Xeográfico, e nos anos 2010 estase a mover a uns 50-60 km/ano, tendo atravesado a liña de cambio de data en 2017, a uns 390 km do polo norte xeográfico.[1] En consecuencia, un compás non apunta exactamente cara ó Norte xeográfico; a diferenza, medida en graos, denomínase declinación magnética. A declinación magnética é variable, dependendo non só do ano de medición, senón do punto da Terra onde se faga a medición. Así, nos anos 1990, ten sido duns 11º en Galicia, sendo practicamente nula no 2018, ó pasar preto do norte xeográfico a xeodésica que ligaba Galicia co polo magnético. O polo sur magnético desprazouse pola zona norte canadense en dirección cara ó norte de Alasca, para continuar camiño cara a Siberia (ver figura).
Orixe do campo magnético terrestre
editarOrixinaríase nas correntes da rexión ígnea[1] da Terra, como consecuencia do movemento de partículas cargadas electricamente. Considerando o tamaño da Terra, a velocidade das partículas cargadas debe ser inferior a un milímetro por segundo para producir o campo magnético observable.
Outra orixe probable son as correntes de convección que se xeran pola calor do núcleo.[Cómpre referencia] Quizabes o campo magnético terrestre sexa o produto da combinación das correntes de convección cos efectos da rotación terrestre.
Variacións do campo magnético terrestre
editarO campo magnético da Terra varía no curso das eras xeolóxicas, é o que se denomina variación secular. Segundo se comprobou por análises dos estratos ó considerar que os átomos de ferro contidos tenden a aliñarse co campo magnético terrestre. A dirección do campo magnético queda rexistrada na orientación dos dominios magnéticos das rocas e o lixeiro magnetismo resultante se pode medir.
Medindo o magnetismo de rocas situadas en estratos formados en períodos xeolóxicos distintos elaboráronse mapas do campo magnético terrestre en diversas eras. Estes mapas mostran que houbo épocas en que o campo magnético terrestre reduciuse a cero para logo inverterse.
Durante os últimos cinco millóns de anos efectuáronse máis de vinte inversións, a máis recente fai 700.000 anos. Outras inversións ocorreron fai 870.000 e 950.000 anos. O estudo dos sedimentos do fondo do océano indica que o campo estivo practicamente inactivo durante 10 ou 20 mil anos, fai pouco máis dun millón de anos. Esta é a época en que xurdiron os seres humanos.
Non se pode predicir cando ocorrerá a seguinte inversión porque a secuencia non é regular. Certas medicións recentes mostran unha redución do 5% na intensidade do campo magnético nos últimos 100 anos. Se se mantén este ritmo o campo volverá a inverterse dentro duns 2 000 anos. No 2020 tense consciencia dun debilitamento do campo entre Suramérica e Suráfrica, na chamada 'Anomalía do Atlántico Sur'[4] o que fai pensar nun modelo máis complexo que o do sinxelo núcleo bipolar.
Interaccións
editarO campo magnético terrestre interacciona non só cos imáns na superficie da Terra, senón tamén no cosmos co plasma solar, desviándoo e creando as auroras polares, boreais e austrais.[5]
Magnetismo planetario
editarO magnetismo é un fenómeno estendido a tódolos átomos con desequilibrio magnético. A agrupación de ditos átomos produce os fenómenos magnéticos perceptibles, e os corpos estelares, os planetas entre eles, son propicios a ter as condicións para que se desenvolva un campo magnético dunha certa intensidade.
No interior dos planetas, a acumulación de materiais ferromagnéticos (como ferro) e o seu movemento diferencial relativo respecto a outras capas do corpo inducen un campo magnético de intensidade dependente das condicións de formación do planeta. No mesmo sempre se distinguen os dous polos, equivalentes ós dun imán normal.
No caso da Terra, a zona en que se move está influenciada polo campo magnético solar, pero o propio campo magnético terrestre crea como unha burbulla, a magnetosfera terrestre, dentro do anterior. Dita burbulla ten unha capa límite entre a súa influencia e a solar (magnetopausa) que é aproximadamente esférica cara ó Sol, e alongada cara ó sistema solar externo, achegándose á superficie terrestre nos polos magnéticos terrestres. A interacción en constante evolución entre ambos campos magnéticos e as partículas magnéticas provenientes do Sol produce fenómenos como as auroras (boreais o austrais) e a interferencia nas comunicacións radioeléctricas.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 esa. "Tug-of-war drives magnetic north sprint". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2019-05-15.
- ↑ Glatzmaiers, Gary A.; Roberts, Paul H. (1995-09). "A three-dimensional self-consistent computer simulation of a geomagnetic field reversal". Nature (en inglés) 377 (6546): 203–209. ISSN 1476-4687. doi:10.1038/377203a0.
- ↑ "Earth's Inconstant Magnetic Field - Science Mission Directorate". science.nasa.gov. Consultado o 2020-05-21.
- ↑ "Swarm estudia el debilitamiento del campo magnético terrestre". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-05-21.
- ↑ "Las preguntas que Solar Orbiter debe responder". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-15.