Océano
- Para o deus mitolóxico Océano véxase Océano.
Un océano (do grego: Ωκεανός, Okeanós, 'océano') é unha grande extensión de auga salgada, que cobre case tres cuartas partes da superficie do planeta Terra, sendo o principal compoñente da hidrosfera. Aproximadamente o 70% da superficie da Terra (uns 361 millóns de quilómetros cadrados) está composta por océano, unha extensión continua de auga que se acostuma a dividir en varios océanos e en mares máis pequenos. Máis da metade desta área supera os 3000 metros de profundidade. A salinidade media é arredor de 35 partes por mil, oscilando basicamente entre 31 e 38 partes por mil.

División en océanosEditar
Ese continuum de océano mundial acostúmase dividir en océanos e mares en función dos continentes e arquipélagos circundantes. Deste xeito distínguense cinco océanos:
# | Océano | Localización | - Área - (km²) (%) |
- Volume - (km³) (%) |
Profundidade media (m) |
Costa (km) |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Océano Pacífico | É o maior de todos. Está entre Asia e América, o continente arquipélago Oceanía sitúase nel.[1][Nota] | 168 723 000 (46,6 %) |
669 880 000 (50,1 %) |
3970 | 135 663 |
2 | Océano Atlántico | Situado ó oeste de Europa e África, e ó leste de América. Está medrando polos efectos da dorsal atlántica.[2] | 85 133 000 (23,5 %) |
310 410 900 (23,3 %) |
3646 | 111 866 |
3 | Océano Índico | Situado baixo o subcontinente indio en Asia. Ó leste de África e Arabia e ó oeste de Tailandia e Indonesia.[3] | 70 560 000 (19,5 %) |
264 000 000 (19,8 %) |
3741 | 66 526 |
4 | Océano Glacial Antártico | Circunda o continente chamado Antártida ó redor do Polo Sur. Moitas veces acostúmase a non citalo por mor de que os seus límites non están moi claros.[4][5] e así dise que o océano Pacífico, o Índico e o Atlántico circundan a Antártida. | 21 960 000 (6,1 %) |
71 800 000 (5,4 %) |
3270 | 17 968 |
5 | Océano Glacial Ártico | É o que cobre as xeadas augas que circundan o polo Norte[6][7] e abrangue as augas do norte de Norteamérica e Eurasia[8] | 15 558 000 (4,3 %) |
18 750 000 (1,4 %) |
1205 | 45 389 |
Total – océano mundial | 361 900 000 (100 %) |
1335 000 000 (100 %) |
3688 | 377 412[9] |
Fontes: Encyclopedia of Earth,[1][2][3][4][8] Organización Hidrográfica Internacional,[5] Regional Oceanography: an Introduction (Tomczak, 2005),[6] Encyclopædia Britannica,[7] e a Unión Internacional de Telecomunicacións.[9]
A auga do marEditar
Contén substancias sólidas en disolución, sendo as máis abundantes o sodio e o cloro que, na súa forma sólida, combínanse en cloruro de sodio ou sal común e, xunto co magnesio, o calcio e o potasio, constitúen preto do 90% dos elementos disoltos na auga do mar. Ademais hai outros elementos, maiso en cantidades ínfimas.
Salinidade da augaEditar
Aproximadamente unha media do 3,5 % do volume da auga, corresponde a substancias en disolución. Se hai moita evaporación, desaparece unha maior cantidade de auga, ficando as substancias disoltas, co que aumenta a salinidade.
Esta é escasa nas rexións polares, en especial no verán cando o xeo se dilúe na auga. En mares como o Báltico, tamén hai pouca salinidade.
A meirande parte da auga na Terra, o 94 %, atópase nos océanos, da que se evapora unha maior cantidade de auga pura que da que retorna en forma de precipitacións. O volume de auga dos océanos permanece inalterable xa que estes reciben auga a través dos ríos.
ComposiciónEditar
Hai que salientar que nunha grande extensión, o océano presenta todos e cada un dos elementos químicos naturais existentes, ben sexa por escorrentía desde os continentes ou polas reservas existentes nel.
Disoltos na auga, aínda que nunha cantidade ínfima, ao ter ese volume tan colosal os océanos, os elementos disoltos constitúen unhas reservas de materias primas case inesgotables, aínda que a súa extracción, coa excepción do cloruro sódico, o sal común, ofrezan actualmente pouca rendibilidade.
En gramos por litro, as cantidades disoltas son as seguintes:
1º Cloro 19 g/l |
2º Sodio 10,5 g/l |
3º Magnesio 1,35 g/l |
4º Xofre 0,885 g/l |
5º Calcio 0,400 g/l |
6º Potasio 0,380 g/l |
7º Bromo 0,065 g/l |
.... |
39º Prata 0,0000003 g/l |
57º Ouro 0,000000004 g/l |
A cor do océanoEditar
Un malentendido moi cotián é que os océanos son de cor azul debido sobre todo ao azul do ceo. Sendo verdade que a superficie do océano reflicte a cor azul do ceo, contribuíndo a ter esa cor na tona da auga, non é porén a causa principal. A causa principal é a absorción que fan as moléculas de auga dos fotóns vermellos da luz incidente. Este é de feito o único exemplo coñecido de cor na natureza que resulta da dinámica vibracional máis que da electrónica.
As correntes mariñasEditar
- Para máis información, vexa Corrente oceánica
As correntes oceánicas, movementos máis ou menos continuos da auga dun océano, están causadas polas forzas da rotación terrestre, o vento, o gradiente de temperatura e de salinidade e mais as mareas. O contorno das costas, así como outras correntes, tamén inflúen na dirección das correntes e na súa forza.
As correntes oceánicas poden ter percorridos de miles de quilómetros. Inflúen determinantemente no clima dos continentes, sobre todo nas rexións que bordean os océanos. En particular a corrente do Golfo ou Gulf Stream, que nace no mar Caribe, proporciónalle á zona noroccidental de Europa uns invernos moito máis benignos do que lle correspondería pola súa latitude. Un exemplo oposto é o arrefriamento das illas Hawaii pola corrente de California.
As correntes próximas á superficie dos océanos débense en xeral aos ventos, e viran no hemisferio norte no senso do reloxio e no hemisferio sur en senso contrario. Nas correntes debidas ao vento, o efecto da espiral de Ekman provoca que as correntes avancen angularmente con respecto aos ventos que as producen.
As correntes de profundidade están causadas polo gradiente de temperatura e salinidade, co consecuente gradiente de densidade. A circulación termohalina, unha circulación convectiva (conveccion debida á diferenza de densidades) afecta dun xeito global o conxunto das masas de auga oceánicas. É moi importante pola súa significativa participación no fluxo neto de calor desde as rexións tropicais cara ás polares, sen a que non se comprendería o clima terrestre. Ao fluír nas profundidades, tamén se chaman "ríos submarinos".
As correntes oceánicas mídense en sverdrups, unidade que ten por símbolo Sv. Un Sv correspóndese cunha velocidade de fluxo de 106 metros cúbicos por segundo.
A importancia dos océanosEditar
Os océanos teñen unha grande importancia en diversos factores a escala terrestre. A súa magnitude fai que pequenas influencias que poida facer a auga polas súas propiedades sexan decisivas a nivel global. Así, a absorción de dióxido de carbono polos mares e océanos é un regulador do efecto invernadoiro.[10]
A Organización das Nacións Unidas (ONU) declarou o 8 de xuño como o Día Mundial dos Océanos, para destacar o seu importante papel na vida diaria da humanidade: son os pulmóns do planeta, unha importante fonte de alimentos e medicamentos e unha parte fundamental da biosfera [11] [12]
Antigos océanosEditar
A deriva continental provocou a evolución dos océanos (e dos continentes) terrestres, en tanto que xuntou e separou os antigos océanos, conformando a súa estrutura actual.
Os cinco océanos | ||||
Atlántico |
Ártico |
Índico |
Pacífico |
Antártico |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Pacific Ocean". Encyclopedia of Earth. Consultado o 2015-03-07.
- ↑ 2,0 2,1 "Atlantic Ocean". Encyclopedia of Earth. Consultado o 2015-03-07.
- ↑ 3,0 3,1 "Indian Ocean". Encyclopedia of Earth. Consultado o 2015-03-07.
- ↑ 4,0 4,1 "Southern Ocean". Encyclopedia of Earth. Consultado o 2015-03-10.
- ↑ 5,0 5,1 "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition" (PDF). International Hydrographic Organization. 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2011. Consultado o 7 February 2010.
- ↑ 6,0 6,1 Tomczak, Matthias; Godfrey, J. Stuart (2003). Regional Oceanography: an Introduction (2 ed.). Delhi: Daya Publishing House. ISBN 81-7035-306-8. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2007. Consultado o 15 de novembro de 2015.
- ↑ 7,0 7,1 "'Arctic Ocean' - Encyclopædia Britannica". Consultado o 2012-07-02.
As an approximation, the Arctic Ocean may be regarded as an estuary of the Atlantic Ocean.
- ↑ 8,0 8,1 "Arctic Ocean". Encyclopedia of Earth. Consultado o 2015-03-07.
- ↑ 9,0 9,1 "Recommendation ITU-R RS.1624: Sharing between the Earth exploration-satellite (passive) and airborne altimeters in the aeronautical radionavigation service in the band 4 200-4 400 MHz (Question ITU-R 229/7)" (PDF). ITU Radiotelecommunication Sector (ITU-R). Consultado o 2015-04-05.
The oceans occupy about 3.35×108 km2 of area. There are 377412 km of oceanic coastlines in the world.
- ↑ "Our seas are capturing more carbon than expected". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-09-22.
- ↑ "World Oceans Day" (en inglés). Consultado o 2022-11-22.
- ↑ "Día Mundial de los Océanos. 8 de junio" (en castelán). Consultado o 2022-11-22.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Océano |
Ligazóns externasEditar
- Oceans Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. no DMOZ (en inglés)
- National Oceanic and Atmospheric AdministrationArquivado 24 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Previsións marítimas en calquera punto (ligazón útil para a seguridade no mar) (en inglés)
- Council on Foreign Relations, Interactive Guide to Oceans Governance (en inglés)
- Smithsonian Ocean Portal (en inglés)