Rotación da Terra

(Redirección desde «Rotación terrestre»)

A rotación da Terra é o movemento xiratorio que a Terra realiza arredor do seu eixo, no sentido anti-horario para un referencial observando o planeta do espazo sideral sobre o polo Norte. O seu período, é dicir, o tempo que lle leva xirar 360 graos ou unha volta completa, é de 23 horas, 56 minutos, 4 segundos e 9 centésimos (23:56'04"09).

Dirección de rotación (acelerado unhas 23 000 veces).
Dirección de rotación (acelerado unhas 23 000 veces).
Representación animada dun péndulo de Foucault que mostra a rotación no hemisferio sur.

Introdución editar

O período de rotación da Terra con respecto ao Sol, é dicir, un día solar, é do redor de 86 400 segundos de tempo solar (86 400,0025 segundos SIU).[1] O día solar da Terra é agora un pouco máis longo do que era durante o século XIX debido á aceleración de marea, os días duran entre 0 e 2 ms SIU máis.[2][3][4][5]

O período de rotación da Terra en relación ás estrelas fixas, chamado día estelar polo Servizo Internacional de Rotación da Terra e Sistemas de Referencia (IERS polas súas siglas en inglés), é de 86 164,098903691 segundos do tempo solar medio (UT1), ou de 23h 56m 4,098903691s.[6] O período de rotación da Terra en relación co equinoccio vernal, mal chamado o día sideral, é de 86 164,09053083288 segundos do tempo solar medio (UT1) (23h 56m 4,09053083288s). Xa que logo, o día sideral é máis curto que o día estelar en torno a 8,4 ms. A lonxitude do día solar medio en segundos SIU está dispoñible no IERS para os períodos 1623-2005[7] e 1962-2005.[8]

Á parte dos meteoros na atmosfera e dos satélites en órbita baixa, o movemento aparente dos corpos celestes vistos desde a Terra realízase cara ao oeste, a unha velocidade de 15°/h = 15'/min. Para as masas próximas ao ecuador celeste, isto é equivalente a un diámetro aparente do Sol ou da Lúa cada dous minutos (desde a superficie da Terra, os tamaños aparentes do Sol e da Lúa son aproximadamente iguais).[9][10]

Período de rotación editar

 
Movemento de rotación.

O movemento da Terra é complexo e simplifícase utilizando un método común na mecánica en tres movementos independentes: nutación, precesión e rotación propia (deixando a á parte a traslación). A rotación propia é un movemento que efectúa a Terra virando sobre si mesma ao longo dun eixo ideal denominado eixo terrestre. Unha volta completa, tomando como referencia as estrelas, dura 23 horas, 56 minutos e 4 segundos e denomínase día sideral.

A rotación da Terra sofre variacións debido a diversos efectos, como o das mareas, que fan máis lento dito movemento, os terremotos e a causas aínda non ben determinadas. Así, no 2020 determinouse un aumento na velocidade angular de rotación terrestre. O día 19 de xullo de 2020 foi o máis curto do que se ten noticia, 1,4602 milisegundos máis curto que a media.[11]

Con todo, a primeira referencia tomada polo ser humano foi o Sol, cuxo movemento aparente, orixinado na rotación da Terra, determina o día e a noite, dando a impresión que o ceo vira ao redor do planeta. No uso coloquial da linguaxe utilízase a palabra día para designar este fenómeno, que en astronomía refírese como día solar e correspóndese co tempo solar.

Como se observa no gráfico, o eixo terrestre forma un ángulo de 23,5 graos respecto da normal da eclíptica, fenómeno denominado oblicuidade da eclíptica. Esta inclinación produce os longos meses de luz e escuridade nos polos xeográficos, ademais de ser a causa das estacións do ano debido ao cambio no ángulo de incidencia da radiación solar.

 
(1) Mediodía nun determinado punto da Terra.
(2) A Terra xirou 360 graos: día sideral.
(3) O mesmo punto inicial marca mediodía de novo: día solar.
OBS: o observador está no espazo sideral e enxergamos o polo Norte da Terra (en azul).

Día solar editar

O día solar é a medida do tempo baseada na observación do Sol. Na Terra o día solar medio é de 24h. Podemos entendelo como o tempo que o Sol tarda en adoptar a mesma posición no ceo (mesmo meridiano) despois de iniciada a medición. Un exemplo práctico sería imaxinar que a duración do día solar medio é o tempo que leva para o Sol, estando no seu punto máis alto (mediodía) atinxir no día seguinte ese mesmo punto. En verdade, o período do día solar varía conforme as estacións do ano, mais para efectos deste concepto considérase o valor de 24 horas.

Día sideral editar

O día sideral é a medida do tempo baseada na observación das estrelas que non o Sol. As estrelas, por estaren moi distantes da Terra, están aparentemente sempre na mesma posición en relación á Terra. Polo tanto, para medir o día sideral utilizamos as estrelas como referencia. O concepto de día sideral é o período de tempo que leva para unha determinada estrela volver á mesma posición que estaba no inicio da medición, considerando un punto de observación fixo no planeta. Ese tempo é de 23 horas 56 minutos 4 segundos e 9 centésimos.

Variacións na rotación da Terra editar

Mareas editar

A rotación da erra vese lentificada pola acción de rozamento das mareas (en particular, pola acción da Lúa), facendo que cada certo tempo se necesite regular o cómputo de tempo que controla o transcurso do día.

Correntes oceánicas editar

A velocidade de rotación da Terra vese alterada por outros factores, como a variación das correntes mariñas, coa redistribución de auga nos océanos.[12]

Como afectan os terremotos á rotación da Terra editar

No final do ano de 2004 houbo un grande terremoto na Asia e constatouse que o fenómeno, debido á a súa magnitude, tivo efectos sobre a rotación da Terra. Científicos da NASA, a axencia espacial americana, divulgaron que tal terremoto aumentou lixeiramente a rotación da Terra de forma que a duración do día diminuíu en 2,68 microsegundos (1 microsegundo é igual a 1/1000000 segundo, ou sexa, un millón de veces menor que 1 segundo).

Cando varía a distribución de masa nun corpo varía unha cantidade física, o momento de inercia, que relaciona velocidade de xiro coa forza aplicada. Sen variar a forza exterior, só variando a distribución de masa, varía a velocidade angular. Cando hai deslocamento de masa nas placas tectónicas (no caso dos terremotos) nun corpo en rotación, se a masa se aproximase ao eixo de rotación haberá un aumento da velocidade de rotación. Se a masa se afastase do eixo ocorrerá unha diminución da velocidade de rotación.

Os terremotos orixínanse na súa gran maioría nas zonas de contacto das placas tectónicas. Hai varios tipos de movementos entre placas que poden orixinar terremotos. Cando ocorre a formación dunha elevación na superficie terrestre en decorrencia de terremotos, hai unha pequena desaceleración no movemento de rotación da Terra. O oposto, formación dunha depresión, ocasiona unha pequena aceleración no movemento de rotación da Terra. Exemplos de elevacións serían as montañas e de depresións, os abismos oceánicos. Os efectos na rotación da Terra son imperceptíbeis mais poden ser medidos.

Notas editar

  1. McCarthy, Dennis D.; Hackman, Christine; Nelson, Robert A. (2008-10-07). "THE PHYSICAL BASIS OF THE LEAP SECOND". The Astronomical Journal (en inglés) 136 (5): 1906–1908. ISSN 0004-6256. doi:10.1088/0004-6256/136/5/1906. 
  2. "LEAP SECONDS". Time Service Dept., U.S. Naval Observatory, Washington, DC. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2015. 
  3. "Rapid Service/Prediction of Earth Orientation". IERS Bulletin A. XXVIII (11). 12 de marzo de 2015. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2014. 
  4. "EARTH ORIENTATION PARAMETERS". INTERNATIONAL EARTH ROTATION AND REFERENCE SYSTEMS SERVICE. EOP (IERS) 05 C04. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  5. McCarthy, Dennis D.; Hackman, Christine; Nelson, Robert A. (2008-11-01). "THE PHYSICAL BASIS OF THE LEAP SECOND". The Astronomical Journal 136 (5): 1906–1908. ISSN 0004-6256. doi:10.1088/0004-6256/136/5/1906. 
  6. Aoki, a fonte última destas cifras, usa o término "segundos de UT1" en lugar de "segundos de tempo solar medio"
  7. "EXCESS OF THE DURATION OF THE DAY TO 86400S AND ANGULAR VELOCITY OF THE EARTH'S ROTATION SINCE 1623". hpiers.obspm.fr. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2022. Consultado o 2021-03-23. 
  8. "Excess to 86400s of the duration day, 1995-1997". web.archive.org. 2007-08-13. Archived from the original on 13 de agosto de 2007. Consultado o 2021-03-23. 
  9. Zeilik, Michael (1998). Introductory astronomy & astrophysics (4th ed ed.). Belmont Drive, CA: Brooks/Cole, Cengage Learning. ISBN 978-0-03-006228-5. OCLC 38157539. 
  10. "Planetary Fact Sheets". nssdc.gsfc.nasa.gov. Consultado o 2021-03-23. 
  11. "The Earth has been spinning faster lately". phys.org (en inglés). Consultado o 2021-01-21. 
  12. "Keeping track of spacecraft as Earth’s water alters its spin". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-03-22. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar