Hora

unidade de tempo que compende 60 minutos

A hora (símbolo h)[1] é o lapso de tempo que comprende 60 minutos, ou 3600 segundos. É, á súa vez, a vintecatroava parte dun día. Por regra xeral o instrumento que mide as horas é un reloxo.

Hora é tamén unha medida de ángulos, utilizada en Astronomía que equivale a 15 º. Ten a súa orixe en que a Terra nunha hora de tempo xira 15º.

Os seus divisores son: 1 hora = 60 minutos

1 minuto = 60 segundos

Unha relación útil é 1 º = 4 minutos

A ascensión recta é un ángulo que se mide en horas, minutos e segundos.

Así AR= 3 h 25 m 13 s = 3,4202777.. h = 51,304166..º = 51º 18' 15"

Antigas definicións

editar
  • Na antigüidade considerábase á doceava parte do tempo que transcorre desde a saída do Sol ata o solpor. Como consecuencia, durante o verán as horas son máis longas que durante o inverno. Os romanos e os gregos usaban esta definición. Máis tarde, a noite (o tempo transcorrido desde o solpor ata o nacer-do-sol) foi tamén dividida en doce horas. Este tipo de horas medíase mediante un Reloxo de sol ou mediante unha Clepsidra. Cando un reloxo mecánico utiliza estas horas, a súa velocidade debe ser cambiada cada mañá e tarde, por exemplo cambiando o largo do seu péndulo. A hora segundo esta definición está regulada segundo o Sistema Horario Temporario.
  • Unha vintecatroava parte do día solar aparente (entre un mediodía e o seguinte, ou entre un solpor e o próximo). Como consecuencia, as horas varían un pouco, posto que a duración do día solar aparente varía ao longo do ano. Cando un reloxo utiliza estas horas, debe ser axustado unhas poucas veces durante o mes. Segundo se tome como orixe o paso do Sol polo Ocaso ou o Orto denominaráse Sistema Horario Itálico ou Sistema Horario Babilónico respectivamente.
  • Unha vintecatroava parte do día solar medio. Cando un reloxo exacto utiliza estas horas, non necesita ser axustado nunca. De todas formas, posto a que a velocidade da rotación terrestre diminúe, esta definición foi abandonada.
  1. Dosil López, Benxamín; Riveiro Costa, Xesús (2004). Dicionario de ortografía da lingua galega. Galinova. p. 220. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar