Translación da Terra
Denomínase translación ao movemento da Terra ao redor do Sol, a cal describe á súa ao redor unha órbita elíptica na que o Sol está nun dos focos.
Se se toma como referencia a posición dunha estrela, a Terra cumpre unha volta nun ano sideral (ou sidéreo) cuxa duración é de 365 días, 6 horas, 9 minutos e 10 segundos. O ano sideral é de pouca importancia práctica. Para as actividades terrestres ten maior importancia a medición do tempo segundo as estacións, divisións do ano que se definen de xeito astronómico pero que teñen sentido non só en relación ós cambios na posición do Sol no ceo, senón tamén na temperie.
Tomando como referencia o lapso transcorrido entre un inicio da primavera e outro, cando o Sol atópase no punto vernal, o ano trópico dura 365 días 4 horas 48 minutos e 46 segundos. Este é o ano utilizado para realizar os calendarios.
A órbita ten un perímetro de preto de 930 millóns de quilómetros, cunha distancia media ao Sol de preto de 150 000 000 km, distancia que se coñece como Unidade Astronómica (U.A.). Disto dedúcese que a Terra desprázase no espazo a unha velocidade de 106 000 km cada hora ou 29,5 km cada segundo.
O feito de que a órbita sexa elíptica fai que a Terra nalgún momento estea no lugar da órbita máis afastado do Sol, denominado afelio, feito que se produce en xullo. Nese punto a distancia do centro da Terra ao centro do Sol é de 152 097 701 km. De xeito análogo, o punto da órbita máis próximo ao Sol denomínase perihelio e ocorre en xaneiro, cunha distancia de 147 098 074 km entre centros. A situación da Terra no afelio e no perihelio correspóndese de xeito aproximado cos solsticios de verán e inverno (xa que non coinciden os puntos de máximo afastamento e máximo achegamento cos puntos de máixma inclinación do eixe da Terra coa liña Terra-Sol).
No ano 2017 o punto da órbita da Terra máis próximo ó Sol produciuse o día 4 de xaneiro, ás 11:59 hora peninsular (10:59 Tempo Universal Coordinado), momento no que a Terra se achegou máis ó Sol[1]
Citas
editar- ↑ Pilar Quijada (3/1/2016). "Mañana la Tierra alcanzará su velocidad máxima". ABC. Consultado o 4/1/2016.