Organización Hidrográfica Internacional
A Organización Hidrográfica Internacional (en inglés International Hydrographic Organization, en francés Organisation hydrographique internationale) é unha organización intergobernamental consultiva e técnica de hidrografía, establecida por un acordo asinado en Mónaco o 3 de maio de 1967 que entrou en vigor en 1970.
Organización Hidrográfica Internacional | ||||
---|---|---|---|---|
Nome curto | IHO ![]() | |||
Tipo | organización intergobernamental ![]() | |||
Personalidades | ||||
Director/a | Abri Kampfer (en) ![]() Luigi Sinapi (en) ![]() ![]() | |||
Entidades | ||||
En sociedade con | Organización de Aviación Civil Internacional ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 1921 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Sede | Mónaco ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | iho.int ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A OHI concreta unha cooperación iniciada a comezos do século XX entre os Estados que dispoñían de capacidade para realizar levantamentos hidrográficos e de publicar as súas propias cartas mariñas. No 2006, a Organización Hidrográfica Internacional con sede central en Mónaco, estaba composta por 77 membros.
Obxectivos
editarÉ o organismo coordinador dos Servizos Hidrográficos, oficialmente acreditados polos seus respectivos gobernos e os seus obxectivos son:
- Coordinar as actividades das Oficinas Hidrográficas Estatais.
- Lograr estandarización nas publicacións cartográficas e náuticas en xeral.
- Adoptar métodos fiables e eficientes para o procedemento de levantamentos hidrográficos.
- Promover o desenvolvemento das ciencias no eido da hidrografía e das técnicas usadas na oceanografía física.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Organización Hidrográfica Internacional |