Carta náutica
Unha carta náutica é unha representación a escala de augas navegábeis e rexións terrestres adxuntas. Son instrumentos esenciais para a navegación náutica.
Características
editarNormalmente indica as profundidades da auga e as alturas do terreo, natureza do fondo, detalles da costa incluíndo portos, perigos para a navegación, localización de luces e outras axudas diversas. Tradicionalmente as cartas de navegación estaban imprimidas en papel pero de maneira recente desenvolvéronse aplicacións informáticas que permiten o almacenamento e tratamento de cartas náuticas con ordenadores.
Á hora de interpretala, cómpre ter en conta que representar unha esfera nunha superficie plana ten como consecuencia que haxa certa deformación da realidade, xa que a esfera non pode desenvolverse de forma exacta no plano.
Escala
editarCando se fala de escala, estase a falar da relación entre o representado e a realidade. Así, por exemplo, unha escala de 1/10.000 quere dicir que calquera distancia é 10.000 veces maior que a representación que hai na carta; se a escala é 1/2 a área representada é a metade que a real.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carta náutica |
Ligazóns externas
editar- Colección de cartas náuticas dixitalizadas Biblioteca Digital Hispánica, Biblioteca Nacional de España.