Realidade (do latín realitas e este de res, «cousas») significa no uso común «todo o que existe». Dun modo máis preciso, o termo inclúe todo o que é, sexa ou non perceptíbel, accesíbel ou comprensíbel pola ciencia e a filosofía ou calquera outro sistema de análise.

Busto de Aristóteles, un dos pais da filosofía occidental.

No sentido estrito da filosofía europea, na tradición de Ludwig Wittgenstein, existen diferentes graos na natureza e a concepción da realidade. Estes niveis inclúen, do máis subxectivo ao máis rigoroso:

  • Realidade Fenomenolóxica
  • Verdade
  • Feito
  • Axioma

Conceptos relacionados editar

Realidade dos fenómenos editar

Nun nivel moito máis amplo e subxectivo, as experiencias privadas, a curiosidade, a investigación e a selectividade envolvidas na interpretación persoal da realidade externalizada polos eventos pode ser vista por un e só un individuo e polo tanto chámase fenomenolóxica. Como esa forma de realidade pode ser común aos outros, pode ás vecer ser tan único para alguén que nunca será experimentado por mais outro. Moitas das experiencias consideradas espirituais ocorren neste nivel da realidade.

A fenomenoloxía é un método filosófico desenvolvido nos primeiros anos do século XX por Edmund Husserl e un grupo dos seus seguidores nas universidades de Göttingen e Múnic, en Alemaña. Posteriormente, os temas fenomenolóxicos foron retomados por filósofos en Francia, nos Estados Unidos e noutros lugares, moitas veces en contextos moi diferentes do traballo de Husserl.

A palabra fenomenoloxía vén do grego phainomenon, que significa "o que aparece", e lógos, que significa "estudo". Na concepción de Husserl, a fenomenoloxía preocúpase esencialmente das estruturas da conciencia e dos fenómenos que aparecen en actos da conciencia, obxectos de reflexión sistemática e análise. Tal reflexión pasou a ocorrer a partir dun punto de vista en "primeira persoa" altamente modificado, estudando os fenómenos non como aparecem para a "miña" conciencia, mais a calquera conciencia. Husserl cría que a fenomenoloxía podería, así, proporcionar unha base firme para o coñecemento de todos os seres humanos, incluíndo o coñecemento científico, e podería estabelecer a filosofía como unha "ciencia rigorosa".[1]

A concepción de Husserl sobre a fenomenoloxía ten sido criticada e desenvolvida non son por el mesmo, mais tamén polo seu alumno e axudante Martin Heidegger, por existencialistas, como Maurice Merleau-Ponty, Jean-Paul Sartre, e por outros filósofos, como Paul Ricoeur, Emmanuel Levinas, e Dietrich von Hildebrand.[2]

Axioma editar

Os axiomas son realidades autoevidentes, cunha existencia que se acepta como dada e a partir da que se xeran máis conceptos. Os feitos dun mundo natural serían verdadeiros só nunha construción sistémica dese mundo. Polo tanto, nun sistema diferente, os feitos doutro mundo poden non se manter válidos. O feito de que "o sol sae polo leste" pode non ser válido nun sistema solar diferente onde o planeta pode estar inclinado nun ángulo diferente, ou xirar no sentido oposto, de xeito que a estrela poida subir no horizonte do planeta a partir do oeste, en vez do leste. De aí que os feitos dunha entidade sistémica puideren non ser universais fóra dos reinos dese sistema. Pola contra, existen conceptos excepcionalmente raros que poden ser universais no ethos; a idea teórica dos grupos matemáticos, de que a unión dun conxunto dunha entidade con outro conxunto de catro entidades que exclúe a entidade do primeiro grupo crearía un conxunto que contén cinco entidades,

A = {a}; B = {b, c, d, e}; A U B = {a, b, c, d, e}

sería válida en calquera proceso sistémico ou en calquera universo. Na verdade, é un concepto máis rigoroso e amplo que un feito. Pódese argumentar que as declaracións deste tipo son verdades triviais, unha vez que as definicións dos conceptos de "grupo", "entidade", "unión", "un", "catro" e "cinco" son todos definidos un en relación ao outro, e que eses conceptos non teñen ningunha realidade inherente fóra desa estrutura de autorreferencia.

As formulacións matemáticas e as proposicións da lóxica matemática están baseadas en axiomas, e, polo tanto, eses campos son referidos moitas veces como disciplinas puras. A validez da proposición teórica dos grupos sería verdadeira en calquera proceso sistémico ou universo. A súa validez é evidente na existencia ontolóxica e traballa no nivel axiomático da realidade.

Historia da filosofía editar

Filosofía tradicional editar

Na filosofía clásica e tradicional a realidade considerouse relacionada estreitamente cos conceptos de esencia e existencia. Deste xeito, o Ens Realissimum concibiuse dun modo transcendente, fóra do mundo da experiencia, como o ser "cunha esencia que implica a súa propia existencia", de tal forma que sería o único ser propiamente real, necesario e infinitamente perfecto do que, como orixe e principio xorde todo o demais. Este é o fundamento do argumento ontolóxico: postúlase un ser necesario que, visto dende o punto de vista relixioso, serve de fundamento racional para o concepto de Deus.

Consecuencia disto é a consideración de todos os demais entes como continxentes, poque o seu fundamento se atopa fóra de si.

Idade Moderna editar

Ao tomar como punto de partida da reflexión filosófica a conciencia, o coñecemento como tal queda condicionado ao contido da experiencia, é dicir, ao mundo, entendido este como experiencia posible. O transcendente só sería accesible como razoamento derivado a partir da idea innata de deus, coa que os racionalistas recuperan a dimensión de realidade transcendente ao mundo da experiencia; pois, doutro modo, quedarían condenados ao solipsismo.

Os empiristas manteñen un escepticismo filosófico sobre o coñecemento que transcenda a experiencia. Non é posible ese coñecemento senón coma linguaxe que facilita a comunicación mediante ideas que agrupan experiencias semellantes segundo determinadas leis de asociación.

Kant intentou unha síntese entre racionalismo e empirismo que polo menos xustificase a razón da ciencia como coñecemento verdadeiro que nesa época está mostrando froitos indubidables no coñecemento da natureza. Para Kant, o contido da realidade está derivado da conxunción duns conceptos puros (categorías do entendemento) xunto cuns esquemas e principios do pensamento empírico. Así, a realidade é:

  • Un concepto puro subxectivo ou categoría do entendemento que considera a realidade como o conxunto de realidades da experiencia posible, o mundo, segundo os seguintes postulados:
    • O que concorda coas condicións formais da experiencia é posible.
    • O que está en interdependencia coas condicións materiais da experiencia é real.
    • O determinado polas condicións universais da experiencia é necesario.
  • Unha idea regulativa da razón como principio, o universo, na busca dunha xustificación última de Todo como realidade transcendente: Deus.

En definitiva, para Kant e como pensamento dominante da idade moderna:

  • A realidade, como mundo, queda restrinxida ás realidades concretas da experiencia posible.
  • A realidade do Todo como principio e orixe transcendente pode ser pensada mais non coñecida.

Filosofía contemporánea editar

A noción de experiencia, con todo, non resulta sempre totalmente clara e ademais resulta difícil distinguir cando se trata dunha realidade dada e cando se trata dunha realidade posta como categoría de realidade. Isto ofrece unha dobre forma de fundamento:

Porén, estas distincións non son suficientes como para poder establecer as especies de realidades que poden considerarse tales: realidade subxectiva, realidade obxectiva, realidade experimentable, realidade ideal etc.

Na filosofía contemporánea o tema da realidade é considerado dende diversos puntos de vista.

A percepción da realidade editar

A un nivel máis práctico o psicólogo estadounidense John Maxtell introduciu unha nova perspectiva. Segundo o seu punto de vista o concepto de realidade entendida como existencia non ten sentido sen un punto de referencia, é dicir: soporte (universo) referenciado a unha mente que o conceptúa, sempre subxectiva. É a nosa mente a que proxecta sobre as cousas os conceptos que temos delas, dando sentido ao universo, creando a cada instante a existencia ou realidade na que vivimos.[3]

Notas editar

  1. Joseph Kockelmans (2001). Edmund Husserl's phenomenology (2 ed.). Purdue University Press. pp. 311–314. ISBN 1-55753-050-5. 
  2. Steven Galt Crowell (2001). Husserl, Heidegger, and the space of meaning: paths toward transcendental phenomenology. Northwestern University Press. p. 160. ISBN 0-8101-1805-X. 
  3. John Maxtell: Yo, tu lado emocional .p. 145

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar